Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Rematou a obra de pavimentación do aparcadoiro do cemiterio municipal de Condide.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Foi pavimentada coa maquinaria e materiais da Deputación e personal municipal o aparcadoiro do cemiterio, tanto na zona de entrada ó recinto, coma o espazo, fronte ó camposanto, que está situado na marxe esquerda da pista de subida ó Mirador do Galiñeiro.

A verdade é que estas actuacións eran moi necesarias pois o pavimento destes espazos estaba moi deteriorado.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.