O luns día 31 de marzo, pleno ordinario.

Será ás 20:30 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello, coa seguinte Orde do Día:

1-Actas anteriores.
2-Proposta do equipo de goberno sobre Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para instalación de herba artificial no campo de fútbol “Ramón Diéguez”.
3-Moción do BNG sobre reducción do actual espazo da parada de taxis.
4-Posta en coñecemento da facturación do 1º semestre de 2007 relativa ó envío de 1249 SMS ó mesmo número dende o teléfono mobil da alcaldía. Debate.
5-Resolucións da alcaldía. Dar conta.
6-Informes da presidencia.
7-Rogos e poreguntas.

Coma sempre faise un chamamento ós veciños para que asistan ó pleno.

Do 1 de abril ó 2 de xuño estará aberto o prazo para pagar o Imposto de Vehículos de Pontecesures.

O ORAL da Deputación Provincial de Pontevedra ven de publicar un anuncio sobre o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) 2008.

O Padrón de dito imposto será exposto no Concello de Pontecesures ó público do 1 ó 19 de abril, e dende o 20 de abril ó 21 de maio poderanse presentar as reclamacións que se estimen oportunas ante o propio ORAL.

(máis…)

Rematan as obras de saneamento na rúa Fontaíña de Porto e na pista Cortinallas en Infesta.

NOTA DA CONCELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E RELACI?NS INSTITUCIONAIS DO CONCELLO DE PONTECESURES.

Practicamente están rematadas dúas importantes obras de saneamento incluídas nos Programas da Deputación.
A obra de “Saneamento na rúa Fontaíña”, está totalmente rematada, tanto a obra pricipal como as melloras ofertadas, cun custo de 6.579,17 ?, dos que a Deputación aporta 4.934,38 ?. Con esta obra a rúa Fontaíña de Porto queda dotada deste servizo na súa totalidade.
A falla de ramatar algúns pozos, tamén está concluída a obra de “Saneamento na Pista de Cortinallas” en Infesta, que comunica a estrada autonómica Pontecesures-Baloira co CPI Pontecesures. Con esta obra, que ten un impòrte de 12.526,08 ? dos que 9.394,56 son achegados pola Deputación Provincial, elimínase unha importante deficiencia en materia de salubridade, que estaba a ser denunciada por moitos veciños do concello.
Este grupo de goberno continuará apostando polos saneamentos e así, proximamente será adxudicada a obra de “Saneamento no interior de Carreiras”, que ten un orzamento de 10.647,91 ?, dos que 7.985,93 son subvencionados pola Deputación. Tamén foi solicitada a inclusión no Plan Provincial de Cooperación da obra de saneamento da rúa Eugenio Escuredo que discorre en paralelo ó río Ulla.

Pontecesures, 15 de marzo de 2008
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro Delegado.

Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.

Serán dúas procesións simultáneas que terán lugar o día de Venres Santo ás 11 horas.
Unha, coa imaxe de Cristo, sairá do Cruceiro de Carreiras co seguinte percorrido: Subida a Carreiras, interior de Infesta, Pino Manso, rúa do Castro, Camiño de San Xulián e A Plazuela.
A outra, coa imaxe da Virxe Dolorosa, sairá da praza dos Valeiros de Porto co seguinte percorrido: rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois e A Plazuela.
Despois do encontro das dúas procesións na Prazuela, ás 12 horas o Pai Isorna (franciscano) pronunciará o “Sermón das sete palabras”.

O Xoves Santo á Misa Solemne será ás 19 horas e a Hora Santa ás 22 horas. Os oficios de Venres Santo serán ás 19 horas, e a Solemne Vixilia Pascual do Sábado Santo será as 21:30 horas dese día.

A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.

No día de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol “Ramón Diéguez”.
? advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 ? en 2008, e 69.000 ? en 2009) e o segundo (46.000 ? en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).

Sesión da Comisión de Contas, Patrimonio e Contratación para tratar da instalación de herba artificial no campo de fútbol.

Será o luns día 10, ás 17 horas, cando celebrará sesión esta comisión informativa do Concello de Pontecesures para estudar o convenio que se pretende asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra, para a instalación de herba artificial no campo de fútbol “Ramón Diéguez”.
A Comisión está integrada pola alcaldesa, e os concelleiros, José Antonio Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).
O pleno sobre este tema, celebrarase na semana próxima.