Festival de corais en Padrón no Día das Letras Galegas.

O sábado día 17 de maio ás 21 horas terá lugra este festival no Auditorio de Padrón.
Participarán as seguintes corais:

-Coral Polifónica do Liceo Marítimo Rianxeiro.
-Coral Polifónica San Martiño-O Grove.
-Coral Polifónica Padronesa.

Organiza o acto a Coral Polifónica Padronesa e colaboran, o Xacobeo, a Delegación Provincial de Cultura de A Coruña, a Deputación de A Coruña, a Concellería de Cultura do Concello de Padrón, La Caixa, a Fundación Rosalía de Castro, a Fundación Camilo José Cela e Radio Valga.

A Deputación Provincial contratará a un peón para traballar no Concello de Pontecesures.

No BOP nº 86 do 06/05/08 figuran as bases para a contratacións de peóns por parte do organismo provincial (Plan de Limpeza de Espazos Naturais) para destinar ós concellos da provincia. A Pontecesures (como a Valga) asígnaselle un peón de limpeza.
O contrato é por 5 meses (do 1 de xuño ó 31 de outubro de 2008), con xornada por 37,5 horas semanais, 9 días hábiles de vacacións e unha retribución de 1.259,99 ? brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Os interesados deben presentar a solicitude na Deputación nun prazo que remata o luns día 12 de maio e hai que pagar unha taxa de 10 ?.
A selección será realizada pola Deputación tras realizar unha entrevista o día 27 de maio ás 9:30 horas da mañá no Pazo Provincial que se valorará entre 0 e 10 puntos en base a uns criterios que aparecen reflectidos no BOP.
Para máis información os interesados/as deben dirixirse ó técnico de emprego de Pontecesures na Casa do Concello onde hai o medelo de solicitude.

Mª Esther Serramito Fernández e Felicidad Bea Romay contratadas pola Deputación.

Como peóns de limpeza, e para realizar traballos en Pontecesures, foron contratadas estas dúas mulleres logo de realizar a Deputación Provincial de Pontevedra unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía. Este órgano da consellería de Traballo envíou unha relación de 10 traballadores/as ó organismo provincial e este realizou a selección despois de celebrar unha entrevista o pasado día 22 de abril no pazo provincial.
A prestación comeza o día 1 de maio e o contrato temporal ten unha duración de 5 meses.

Aclaración sobre a II Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures

Estes días estiven lendo diversos comentarios sobre a segunda feira do automóbil antigo de Pontecesures e gustaríame facer algunhas aclaracións sobre diferentes temas que pasaron na organización da feira. En primeiro lugar,para opinar sobre o tema de quen axudou ou deixou de axudarnos,de quen pagou os gastos,dos invitados,dos empregados que aportou o concello, etc ,etc?hai que coñecer os feitos e vexo que moitas das persoas que falan sobre isto non coñecen nada do que na realidade pasou.Cando Mirándolle os dentes tomou a decisión de organizar esta feira,puxo sobre a mesa do equipo de goberno unha relación de necesidades da organización que constaba duns vinte puntos diferentes e deixaba ben claro quen ia a ter o mando na organización do evento e pedía apoios puntuais do concello en determinados momentos, enténdase chamar a determinadas institucións,( Deputación, Consellerías, Fundación Caixanova ,etc) , e persoal do concello para traballar no movemento dos vehículos.

O mesmo tempo eu persoalmente pedinlle o equipo de goberno que nos deixaran traballar e non fixeran política disto ,que esta feira era de Pontecesures,non era do PP, non era de Sabariz , non era de Maribel e por suposto non era do BNG. Isto foi imposible de acadar,dende o primeiro momento todos foron problemas internos,que se un quere unha cousa, outro quere outra, un quere no cartel concello de Pontecesures solo, outro quere que poña concellería de cultura, que o cartel ten que ser así ou asado, que non queren que o faga con determinado deseñador gráfico (un gran profesional que perdeu moito tempo con nos e ten o negocio neste pobo) porque e Parente de tal, etc ,etc?

O señor Sabariz sabe que nos o pouco de empezar con este tema ante os continuos problemas convocamos unha reunión no concello (xa estavamos cansados de que nos convocaran nas tabernas para falar dunha cousa seria como era isto) para falar sobre o tema pois estavamos dispostos a abandonar o proxecto, a dita reunión pedimos que fosen convocados os once concelleiros do noso pobo. Cando chegamos á mesma estaban Sabariz e Rey e ó resto ninguén os chamara. Á media hora chegou a alcaldesa que non tiña nin idea de nada de isto, alí volvemos a deixar claro quen organizaba o tema e houbo un momento no cal decidimos abandoar o proxecto ante as trabas que surxían, ante o cal o señor Sabariz púxose un pouco alterado, petou sobre a mesa e dixo que había que ir adiante co proxecto e que el íase implicar no mesmo e axudarnos, que ía facer montes e moreas e o final non fixo absolutamente nada pola feira, e cando confiei en el para o da roda de prensa no Olivo, xa sabedes como acabou todo. Puxeron a roda de prensa da lamprea o mesmo dia ca nosa , a da feira estaba prevista para as sete da tarde e eles puxeron a súa no concello as seis, así conseguiron ter catorce periodistas na da lamprea e reventar a nosa no Olivo, a cal estaba feita cun montaxe moi importante e habendo pedido favores a moitas persoas. O salón de plenos daba pena, as cinco e media estaban fregando o piso e as seis estiveron Maribel ,Sabariz e Rey, catorce periodistas, e de público eu mesmo, Potel e a súa señora. As seis e vinte acabaron e a maioría dos medios marcharon porque dixeron que non esperaban ás sete, esta fora una xestión que eu confiara a Luis Sabariz, de aí surxíu o noso enfado posterior con el o cal para min xa e pasado e esta esquecido.

Durante os corenta días que pasei en contacto co concello nunca fun capaz de ter unha solo reunión con todo o equipo de goberno, sentinme como alguén que embarca nun barco á deriva sen capitán , cunha vía de auga , e ca tripulación amotinada. A Alfonso non o vin diante , se viña Maribel non viña Randulfe, se viña Randulfe non viña Sabariz, etc, etc.

Eu en particular o único que vin traballar polo tema foi a Suso Rey que puxo gañas e tempo con nos, o resto nada. De todos os puntos das necesidades da organización, a maioría deles, o concello foi sistematicamente incumprindos. Eu particularmente perdín moito tempo do meu traballo e da miña familia por este tema e non mirei que simpatizara máis polo PP, por Maribel, ou por Angueira ou que facendo isto fora conseguirlle mais votos a un que a outro, simplemente cría neste proxecto estivese quen estivese.

Pasei mais traballo explicándolle as cousas e loitando con eles, que en facer a feira. Nada do que se fixo na feira foi a capricho de ninguén , todo foi estudado e meditado,gustase ou non gustase a alcaldesa ou a Randulfe, dende o texto das placas, onde as entregaban, quen as entregaba,a quén se lle daban placas, etc , etc? en todo se querían meter e manipulalo.

Hai comentarios que falan de que o concello pagou este tema, a realidade e que nós, conseguimos cun proxecto por escrito( feito por nós) que entregamos na Deputación que estes aportasen 15 mil euros para a feira do automóbil ( non para a lamprea) e co mesmo proxecto a fundación Caixanova aportara 3 mil euros para o mesmo fin( para festas gastronómicas non da nada). En total para isto, 18 mil euros. Xa non nomeo outras empresas que aportaron en conxunto, Feira-Lamprea, polo tanto o concello a feira do automóbil non lle custou nada, e mais,ístos 18 mil euros que eran unicamente para a feira do automóbil non foron gastados todos na mesma. A dia de hoxe, a nos ninguén nos chamou nin nos dou un solo número referente á feira, tampouco llos vou a pedir, alá cada un ca súa conciencia, houbo una conta aberta para a feira da cal nos non tiñamos nin idea dela, nin nada nos dixeron. Cando pedimos persoal do concello case se ríen de nos, mandáronnos unha tarde a tres persoas, o resto foi persoal pagado por nós e do noso peto, furgonetas nosas e dos nosos amigos, co noso gasoil, co noso diñeiro e non co do concello como di algún por aí. Para eles a feira acabou o domingo, para nos acabou o martes ás sete da tarde cando levamos o PO-02 a Combarro e quedaron as carpas valeiras, aí acabou a nosa feira.

A famosa pulpada do luns foi pagada con cartos nosos, estaba previsto que fose una festa de unión na cal ían a ser invitados todos os concelleiros e empresas que colaboraron con nos,xente que traballou nisto, pero despois do trato que nos dou o equipo de goberno, ¿Cómo vamos invitar a alcaldesa que pasou olimpicamente de nós?, ¿ Como vamos invitar a Sabariz si nos fallou?, ¿ A Randulfe que non fixo absolutamente nada?, o único que ia ser invitado era Suso Rey pero ese luns estaba no hospital.

Esa pulpada non era do BNG, nela estaba xente de Santiago, Lalín, Vilagarcía, A Pobra, A Coruña,Padrón, Silleda e por suposto os propietarios do PO-02, tamén xente do pobo que estivo traballando no tema con nós.

Outra cousa, a carpa non estaba valeira , continuaba tendo vehículos dentro que foron devoltos os seus donos o martes. Potel e eu vixiamos durante a noite todo iso, pois dende o domingo á noite, xa non tíñamos vixiante.

Todo isto quero aclaralo para todos os que fixeron comentarios sobre este tema, inda que non comparta a maneira de facelos, pois é moi fácil falar sobre algo escudándose no anonimato , con nomes tan bonitos como Cara de Cona, Charly , Tiroliro, Breogán, etc , etc..

Polo tanto, a min ninguén destas persoas que non firman o que din me merece ningún respecto nin me poden querer dar leccións de educación ou saber estar.E para o ano que ven haberá III feira do automóbil antigo de Pontecesures, e para todos os que criticades, están as portas abertas de Mirándolle os dentes para vir a traballar e aportar ideas, e facer de todo isto un evento a nivel nacional para encher o noso pobo de milleiros de visitantes.

A feira é do pobo, non é de ningún político e vai haber feira este o PP, este Maribel, Sabariz, angueira ou este perico de los palotes.

E se quedou alguén con algunha dubida sobre o tema da feira eu non teño ningún inconvinte en explicarlle persoalmente o que sexa sobre isto.

Asdo: Antonio Ferro Trasande
Vicepresidente Mirándolle os dentes

Nota do BNG de Pontecesures sobre a Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil.

O BNG quer manifestar acerca da XIII Festa da lamprea e da II Feira do automóvil de ocasión o seguinte.

1º. As nosas felicitacións aos organizadores da II feira do automóvil de ocasión (Asociación ??Mirándolle o Dentes?) polo traballo ben realizado e polo gran éxito conquerido, promocionando o nome de Pontecesures por toda Galiza e o estado español. ?xito que levou a unha grande asistencia de visitantes ao noso pobo.

2º Ao parecer do BNG a festa da lamprea convertíuse na cuchipanda do Partido Popular (pagada por todos os vecinos) encabezado pola alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro liberado Rafael Randulfe. Dase a circuntancia que dous da equipa de governo (concelleiros non adscritos Sabariz e Alfonso Diz) non asisten a este importante evento, ni aos actos protocolarios nin á propia degustación. As súas razón terán.

Os feitos son os seguintes:

-multitude de invitacións (máis que nunca). A alcadesa, a maiores do seu marido, ??levou? a xenros, fillos, irmáns, cuñados a comer gratis á carpa xunto coas autoridades invitadas. Non se quedou atrás o Sr . Randulfe, pois levou a ex-ediles do Partido Popular, a menbros da súa lista electoral e a simpatizantes do seu partido, incluso se deu a paradoxa de que un membro da súa lista estaba a vender tickets da lamprea, cando esa persona non é traballadora do concello.

-desconsideración grave cos invitados e autoridades que non eran da súa ??cor política? tratándoos como relleno, e limitándose tanto Maribel Castro como Rafael Randulfe a ??ir detrás? do Presidente da Deputación.

O BNG estos feitos tíldaos de lamentabeis, recordándolle que máis que a festa da lamprea parecía a romería do Monte do Faro. Nas 8 edicións precedentes isto xamáis ocurreu.

Ao noso entender esta festa debería ser a festa de todos os veciños, sen cor político, promocionando un producto tan típico na nosa bisbarra como a lamprea.

Pontecesures, 12 de abril de 2008

A ORIXE DAS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N DE PONTECESURES

Aproveitando que hoxe domingo celébrase a ??II Feira do Automóbil Antigo? en Pontecesures, vou tentar relatar a xénese dun dos feitos máis sobranceiros que tiveron lugar na comarca do Ullán durante o século XX, e que estaria relacionado cun acontecemento comercial que non tería precedentes en toda España : As Feiras do Automóbil de Ocasión de Pontecesures. Aínda que xa houbera experiencias anteriores, no eido das exposicións do mundo da automoción, en Madrid, no anos 1907 e 1923, e tamén en Barcelona cos importantes salóns do automóbil, celebrados en 1913, 1919, 1922, 1924 e 1925, sería pois a Feira celebrada en Pontecesures, no ano 1925, a primeira na súa modalidade que tería lugar en España, xa que as celebradas nesas dúas grandes cidades, tratábanse dunha mostra de vehículos novos, que non tiñan coma fin principal a súa venda nos seus recintos feirais. Ademais, nestas exposicións, non habería unha mostra de vehículos usados.Polo tanto en Pontecesures, por primeira vez, combinarianse a venda de vehículos novos cos usados, ou sexa os de ocasión. Sería pois, unha feira en estado puro. No xeito podía compararse a venda dos automóbiles de ocasión con calquer tipo de feira de gando, e sería máis ou menos como logo a retrataría, cos seus debuxos humorísticos, o ilustre rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea de levar a cabo a feira do automóbil en Pontecesures, segundo me contou Raimundo García Domínguez ??Borobó?, hai que buscala na feira cabalar da Pascúa de Padrón de 1924, cando os futuros promotores da Feira do Automóbil, o empresario vigués asentado en Cesures Don Eugenio Escuredo Lastra e o médico cesureño Don Victor García García-Lozano visitaban tan importante feira gandeira. Na feira da Pascúa, daquel ano, viran que houbera un descenso do número de cabezas de gando, e que no medio dos animais había alguén que tentaba vender o seu automóbil de segunda man. Ante aquela imaxe, os dous decataronse que os tempos comezaban a mudar sen remedio, e que a forraxe para os animais estaba dando paso a gasolina para os motores. Alí, os dous empezaronse a preguntar que coma xa Padrón tiña unha feira de cabalos, en Pontecesures deberíase facerse unha feira de automóbiles.De camiño a Cesures, – según contaba ??Borobó?, que daquela tiña oito anos de idade, é que fora testemuña directa da xestación daquela idea, xa que fora aquela Pascúa, levado polo seu pai Victor García -, os dous amigos seguiron falando da posibilidade de levar a cabo tan boa ocorrencia. ? chegar a Cesures, comentaronlle ós seus amigos, que soían reunirse de tertulía no restaurante ??Casa Castaño?, a idea de facer unha feira do automóbil en Pontecesures. ? contarlles isto, e crendo nas verdadeiras posibilidades de éxito, pronto se encherían de ánimos e ilusión para poder realizar semellante proxecto. Sen embargo, para tomar esta decisión, pesaría moito o gran coñecemento que estas persoas posuían no mundo dos negocios, xa que na súa maioria, os futuros membros dos primeiros comités organizadores da Feira, posuían negocios de gran importancia, uns relacionados coa madeira, outros cos transportes fluviais, importación de coloniais, exportación, curtidos, cerámica, tecidos, etc.

Outro factor que incidiría na realización desta Feira, foi o contexto económico de gran crecemento que se viviu nos tempos da dictadura de Miguel Primo de Rivera, enmarcado dentro do contexto de auxe econónico a nivel mundial, sobretodo dos Estados Unidos, país que se encargou de exportar o seus productos, principalmente os automóbiles e camións, a gran parte dos rincóns do Planeta. O aumento do parque automobilistico español e galego, iniciado con relativa importancia dende principios dos anos 20, provocaría que habería xente que xa estaría ??aburrida? do seu vehículo e precisaba desfacerse del para mercar outro, a pesar de que era un artigo ó alcance dos mellores petos.Polo que outras persoas, que terían ??menos cartos?, tamén precisarían dun vehículo, pero a un prezo rebaixado ó ser usado. Este detalle podería ser unha necesidade que os futuros organizadores da Feira do Automóbil de Ocasión foron quen de ver.

En marzo de 1925, cos preparativos da Feira xa en marcha, Eugenio Escuredo Lastra na compaña do seu socio e amigo, na fábrica de ladrillos de Campaña, Salvador Sierra Trasande, deciden facer unha viaxe á Feira de Mostras da Primavera que tiña lugar en Leipzig.Esta cidade alemana celebraba a feira industrial máis importante do Mundo, onde facilmente podianse superar en 12.000 as firmas comercias alí expostas. O propósito desta visita era o de coñecer coma se organizaba un evento destas características, recollendo, deste xeito, experiencias que podían ser aplicables para a feira de Cesures. Como se pode comprobar, os organizadores apostaban forte por levar a bo fin a súa idea, aprendendo, para iso, da mellor feira do Mundo, e non conformandose con facer calquer cousa.

Despois das impresións recollidas en Leipzig, as ideas paracen xa máis claras e serias. Nos meses de abril e maio, ponse en marcha unha importante laboura organizativa.Comezan os contactos coas casas comerciais relacionadas coa automoción, aínda que tamén o farían con outras que nada tiñan que ver con este sector. Os xornais olívicos ??Faro de Vigo?, ?El Pueblo Gallego? e ??Galicia?, nos meses previos á Feira, comezan a darlle protagonismo, nas súas columnas, ós preparativos dos cesureños empeñados en realizar un feito de tanta transcendencia.

O cartel anunciador da Feira encargaouselle ó pintor cesureño Carlos Maside.Neste cartel aparecía o deus Mercurio empregando un automóbil a xeito de patíns.Tamén é digno de mención o óleo realizado pola pintora cesureña de orixe avulense, Oria Moreno. Esta pintura que representaba a un rapaz pintando nunha parede a publicidade da Feira, foi exposto no escaparate do comercio vigués ??Camisería Inglesa?, durante os días que durou a feira cesureña.

Para a organización da Feira, constitúese un Comité conformado polos seguintes membros :

* Presidente de Honra do Comité : José Rodríguez Villamil, Gobernador Civil de Pontevedra
* Vicepresidente de honra do Comité : Daniel de la Sota, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
* Presidente do Comité : José Novo Núñez
* Vocais : Victor García García-Lozano, Ramón Diéguez Carlés, Eugenio Escuredo Lastra, José Sierra Martínez, Salvador Sierra Trasande, Luciano García García-Lozano, Bernardo Cordero Martínez, Casto Plasencia, Daniel Roa, Francisco García Lozano, Jesús Cabeza Sierra, José Moltó, José Varela, Herminio López Pérez, Baldomero Carlés Romero, Luis Dieguez Carlés, Manuel Fajardo Silva e Ramón Piñeiro Eiriz.

Este Comité Organizador, puso anuncios na prensa co fin de atraer a todas aquelas persoas interesadas en vender os seus vehículos usados no futuro certame. En principio a Feira tiña unha única data para a súa celebración, que era o 28 de xuño de 1925, pero debido as peticións das casas expositoras, decidíuse prologalo evento ata o 29 de xuño, festividade de San Pedro.
Por fin, o domingo 28 de xuño de 1925, o Gobernador Civil de Pontevedra, inagura no peirao portuario de Pontecesures, a “FERIA DEL AUTOM?VIL DE OCASI?N”. O recinto feiral ocupaba unha superfície de 15.000 metros cadrados, e armouse un stand cuberto de 115 metros de longo, divido en compartimentos de 5 metros de fronte.

Sen entrar en moitos detalles sobre o desenvolvemento da feira, que deixaremos para outra ocasión, a xeito de resumo, podemos dicir que as casas comerciais presentes nesta primeira edición, chegaron as 49, das cales 15 representaban a casas fabricantes de automóbiles e camións, pertencendo o resto a empresas afíns ó sector ou adicadas ós variados sectores da industria e o comercio en xeral.

A Feira clausurase o 29 de xuño, sendo visitada por máis de 10.000 persoas, que puideron ollar, seguramente, algo que non viran na súa vida ata aquel entón.Unha grandiosa concentración de vehículos, que sumaban a cantidade de 598, dos cales, 348 eran de ocasión, 70 eran novos e 180 non estaban inscribidos na Feira. O valor aproximado do total dos artígos alí expostos era duns 5 millóns de pesetas daquel entón.O volume total das vendas de tódolos artigos cifrouse nas 418.000 pesetas.

? ano seguinte, voltase a repetir a experiencia, pero moito máis ó grande.Logo seguirianlle as feiras celebradas nos anos 1950 e 1954, pero eso é materia para outros artigos ou máis ben para un novo libro que se está a preparar, dende xa fai moitos anos, que ofreza un novo enfoque e novos datos sobre tan importante acontecemento.So queda agardar pola celebración da V Feira do Automóbil de Ocasión e Exposición Industrial, coma lembraba o noso ilustre e admirado veciño ??Borobó?, no ano 1997, ó ser nomeado Fillo Predilecto de Pontecesures : ??A tan avanzada vila da Feira do Automóbil, exemplo do esforzo dunha gran xeración de cesureños. Símbolo dun tempo que soio pode conmemorarse diñamente celebrando, daquí ao século XXI outra nova Feira do Automóbil, a quinta, da que xa se fala e que meus vellos ollos confían inda en ver?.

Publicado por un fulano de Redondo, no Diario de Arousa, o domingo 6 de abril