Una vez fresadas e practicamente limpas ámbalas dúas rúas, o equipo da Deputación Provincial asfaltará a rúa Carlos Maside o luns e a rúa Ullán o martes.
Desfachatez.
O Grupo Municipal do BNG quere felicitarse pola entrega por parte da Dirección Xeral para o Deporte das instalacións náuticas ao concello de Pontecesures. Esta obra de mellora do náutico cun orzamento inicial que supera con creces os 300.000 euros, supón a finalización dunha aspiración por parte do BNG cando estaba a gobernar. As xestións feitas na anterior lexislatura polo goberno do BNG fixeron posibel que hoxe en día os rapaces e rapazas de Pontecesures poidan practicar piragüismo nunhas condicións óptimas, unha vella aspiración que, sin embargo, non estivo exenta de dificultades.
Esta obra foi contemplada dentro do convenio marco Xunta-Deputación, onde unha vez acordadas as obras a realizar, cada institución emcárgase dunhas determinadas, xunto coa aportación do concello. Neste caso do club náutico a administración executora da obra foi a Xunta de Galicia (Direccion Xeral para o Deporte) e unha aportación municipal de 28.000 ?. A Deputación de Pontevedra non aportou ningún euro a esta obra tal como quere facer ver o PP de Pontecesures, e mais se por eles fora non teríamos hoxe o club nautico mellorado.
Hai que recordar aos veciños que para que esta obra fose hoxe unha realidade, tivo que pasar por varias sesións plenarias para sumarse ao convenio. Tanto o PSOE, PP e a independiente Maribel Castro (hoxe alcaldesa) votaron en contra de que se ampliase e reformase o club náutico, e non só o fixeron unha vez, senón todas e cada unha da veces que foi levado a pleno. O BNG era consciente da mellora que supoñía esta obra e de ahí a insistencia do alcalde (Angueira) de levalo a pleno as veces que fixera falta para non perder esta oportunidade. Só Maribel Castro votou a favor cando se lle asignou unha exclusiva de 1.200 euros (ata ese momento dixo sempre que non).
Resulta decepcionante e patético ver a este desgoberno (descordinados entre si) que intenten ??vender motos? dunha obra na que eles votaron en contra repetidamente. A pesar desta carencia de ética e de escrúpulos do goberno municipal, o importante é que os piragüístas poden feneficiarse dunhas instalacións que antes non tiñan gracias as xestións feitas no goberno anterior do BNG.
Nota de prensa do BNG de Pontecesures.
Programa de Balnearios da Deputación de Pontevedra
BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. QUENDA DE OUTONO.
Requisitos:
-Estar empadroado/a e ter o domicilio en Pontecesures.
-Non disfrutar de praza na quenda de primavera.
-Valerse por se mesmos/as e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
-Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos: Ser pensionista, ou ser coidador/a princiapal dunha persoa dependente, ou ter 50 anos cumpridos.
Custo: 31 ? (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalacións e servizos do balneario contemplados no Programa).
Prazo para presentar as solicitudes: Ata o 18 de xuño
Para máis información hai que dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures, os luns, martes e venres de 9:00 a 13:30 horas.
Respostas do equipo de goberno no pleno ás preguntas do BNG de Pontecesures.
-En canto ás porterías de fútbol que estaban no campo “Ramón Diéguez”, actualmente en obras, o Sr. Randulfe contestou que, efectivamente foron colocadas nunha parcela privada ó carón da Igrexa e da Plazuela para que os nenos/as xoguen co balón nesa finca que está aberta en lugar de facelo na praza. Engadiu que é mellor que estean aí, que levalas para chatarra e que aínda non foron ancladas ó chan porque o titular da finca non pudo facelo nestes días por enfermidade. A Sra. García Castro do BNG manifestou a preocupación polos riscos para os rapaces se as porterías non están ben fixadas no chan e o Sr. Sabariz manifestou que hai que facer esta tarefa canto antes, e que prefire que se aproveiten as porterías, traéndolle malos recordos o tema da chatarra pois na época do anterior alcalde, eran ben coñecidas as comidas e ceas ás que asistiron o ex alcalde e varios traballadores do concello a conta da recadación de trastos vellos.
-O Sr. Rey Beiró informou que o custo da Festa da Lamprea ascendeu a uns 22.500 ?, e desta cantidade abónanse de fondos propios 12.500 ?. Tamén manifestou que o custo da Feira do Automóbil ascendeu a uns 30.000 ? e que corresponde abonar de fondos propios uns 2.500 ?. Así cuns 15.000 ? sufráganse dous eventos de importancia, mentres que o ano anterior cunha festa de moito menor relevancia o custo para o Concello foi duns 20.000 ?
-Tamén informou o Sr. Rey que se venderon 542 tickets de racións de lamprea e 230 tickets de pinchos.
-Que a rúa Carlos Maside vaise pavimentar nas vindeiras semanas por parte da Deputación, segundo informou o Sr. Randulfe, que detallou as actuacións realizadas na importante obra de saneamento. Tanto o concelleiro popular, como a alcaldesa, como o non adscrito Sabariz, solicitaron desculpas pola demora xa que os veciños teñen toda a razón para queixarse.
-Que a prohibición de aparcar no adro da Igrexa é fundamental para perservar este espazo monumental de grasas, aceites, rotura de pedras, etc… Xa se debeu de facer hai moito tempo e non hai cidade ou vila algunha, na que se permita aparcar coches a carón do templo relixioso. Ademáis era un perigo para os nenos/as que xogan no propio adro andar entre os coches. Xustificouse tamén a dirección única na rúa Miguéns Parrado para evitar atascos e maniobras de risco na baixada do parque para a Igrexa. Estas explicacións déronas a alcaldesa e o non adscrito Sabariz.
-A alcaldesa manifestou que o cambio de dirección na rúa Infesta obedece a que se debe seguir o sentido da marcha dos peregrinos do Camiño Portugués, lamentando as molestias que se poidan causar á algún veciño.
-A alcaldesa dixo que o número de denuncias a vehículos por non levar o disco nas rúas centrais, e o importe das mesmas sería comunicado nunha seguinte sesión pues neste pleno carecía de datos.
-O Sr. Randulfe manifestou que xurdiron uns problemas que impediron presentar ata agora os orzamentos, pero que pronto virán para a súa aprobación plenaria.
Yéssica Lafuente García, contratada pola Deputación para realizar traballos en Pontecesures.
Logo da entrevista realizada no Pazo Provincial o pasado 27 de maio, Yéssica Lafuente García que vive en Porto, foi contratada pola Deputación de Pontevedra para realizar traballos de peón de limpeza en Pontecesures. O contrato é por cinco meses, e así a prestación comeza o 1 de xuño e remata o 31 de outubro de 2008.
Hai catro aspirantes ó posto da Deputación como peón de limpeza para traballos en Pontecesures.
Rematado o prazo de presentación de instancias no organismo provincial para aspirar a este contrato por cinco meses, houbo as seguintes solicitudes:
Amparo Boullón Pérez
Marina Buceta Balado
Jéssica Lafuente García
Manuel Sobradelo Vicente
Agora haberá unha entrevista no Pazo Provincial e o tribunal seleccionador elixirá o único/a traballador/a que lle corresponde a Pontecesures.
