Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

A Deputación Provincial contratará a un peón para traballar no Concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No BOP nº 86 do 06/05/08 figuran as bases para a contratacións de peóns por parte do organismo provincial (Plan de Limpeza de Espazos Naturais) para destinar ós concellos da provincia. A Pontecesures (como a Valga) asígnaselle un peón de limpeza.
O contrato é por 5 meses (do 1 de xuño ó 31 de outubro de 2008), con xornada por 37,5 horas semanais, 9 días hábiles de vacacións e unha retribución de 1.259,99 â?¬ brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Os interesados deben presentar a solicitude na Deputación nun prazo que remata o luns día 12 de maio e hai que pagar unha taxa de 10 â?¬.
A selección será realizada pola Deputación tras realizar unha entrevista o día 27 de maio ás 9:30 horas da mañá no Pazo Provincial que se valorará entre 0 e 10 puntos en base a uns criterios que aparecen reflectidos no BOP.
Para máis información os interesados/as deben dirixirse ó técnico de emprego de Pontecesures na Casa do Concello onde hai o medelo de solicitude.

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. Cara de cona

    Destas contratacións da deputación non me fío un carallo…pois collen ós que quere o partido popular..Saba atento hai que hai trapalladas…

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.