Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A Comisión de Facenda deixa pendente o convenio do campo de fútbol ata aclarar o financiamento bianual.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No día de hoxe tivo lugar unha sesión do Comisión Informativa de Facenda, Patrimonio e Contratación para analizar o convenio a asinar coa Deputación Provincial de Pontevedra sobre a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol “Ramón Diéguez”.
Ã? advertirse unha contradicción entre o texto primitivo enviado polo organismo provincial (o financiamento da achega municipal dividiase en 23.000 â?¬ en 2008, e 69.000 â?¬ en 2009) e o segundo (46.000 â?¬ en cada una das dúas anualidades), acordouse, por unanimidade, deixar sobre a mesa o asunto e clarexar este tema coa Deputación Provincial para celebrar unha nova comisión de inmediato, co fin de dictaminar a proposta do equipo de goberno. Tamén se vai a solicitar unha maior concreción das obrigas do concello.
A contradicción foi salientada polo concelleiro nacionalista Xosé A. Baliñas, e Luis Sabariz foi o que solicitou que o asunto quedase pendente para aclarar este tema.
Os asistentes foron a alacaldesa, Xosé A. Baliñas (BNG), Arturo Ferro (BNG), Javier Quintá (PP) e Luis Sabariz (non adscrito).

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.