A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención ao Concello de Pontecesures para a redacción dun PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE (PMUS). Neste senso, o Concello de Pontecesures precisa dotarse dun plan de mobilidade sustentable a través do cal poder analizar como funcionan neste momento os fluxos de comunicación (peonil e rodada, en medios de transporte público ou particular, etc.) dentro do propio núcleo urbán e tamén na relación con outros núcleos de poboación e centros de atracción.
Como parte da obtencion de información para a elaboración do devandito Plan de Mobilidade Sustentable, é necesario recurrir a enquisas que reflictan a percepción da cidadanía da situación actual e dos hábitos de mobilidade, medios de transportes utilizados, etc..
Por todo isto, animamos a que a cidadanía de Pontecesures conteste a esta enquisa sinxela que axudará a coñecer e mellorar a mobilidade no noso concello. No seguinte link accédese ao modelo de enquisa:
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención ao Concello de Pontecesures para a redacción dun PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE (PMUS). Neste senso, o Concello de Pontecesures precisa dotarse dun plan de mobilidade sustentable a través do cal poder analizar como funcionan neste momento os fluxos de comunicación (peonil e rodada, en medios de transporte público ou particular, etc.) dentro do propio núcleo urbán e tamén na relación con outros núcleos de poboación e centros de atracción.
Como parte da obtencion de
información para a elaboración do devandito Plan de Mobilidade Sustentable, é
necesario recurrir a enquisas que reflictan a percepción da cidadanía da
situación actual e dos hábitos de mobilidade, medios de transportes utilizados,
etc..
Por todo isto, animamos a que a cidadanía de Pontecesures conteste a esta enquisa sinxela que axudará a coñecer e mellorar a mobilidade no noso concello. No seguinte link accédese ao modelo de enquisa:
O equipo de goberno do Concello de
Pontecesures ven de adxudicar a obra “Reforma
e ampliación dos vestiarios do campo de fútbol municipal de Pontecesures” á
empresa GROMA OBRAS S.L. por un importe de
41.583,24€ dos que 23.452,95 son subvencionados pola Xunta de Galicia a
través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural “AGADER”, 16.703,97€ son
subvencionados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019 e
1.426,30€ son aportados polo Concello de Pontecesures.
Tal como se recolle no propio
proxecto, os actuais vestiarios teñen unha capacidade moi reducida para a
cantidade de deportistas que fan uso do campo de fútbol, tanto afeccionados
como profesionais. Esta falta de capacidade maniféstase de maneira especial
cando se celebran torneos con varios equipos, e máis aínda cando se trata de
equipos ou torneos mixtos, xa que non resulta posible facilitar espazos de
vestiarios para equipos masculinos e femininos. Trátase, ademais, duns
vestiarios cunha construción e acabados moi básicos, o que unido a antigüidade
das instalacións, fan que resulten actualmente moi deficientes. Presentan,
ademais, problemas para dar servizo a persoas con capacidade reducida, tanto
para a accesibilidade aos propios vestiarios e servizos, como de uso das
propias instalacións.
Nunha única actuación, a de “Reforma e
Ampliación dos Vestiarios do Campo de Fútbol Municipal”, preténdese emendar,
dentro dos medios dispoñibles, todas as eivas detectadas, aumentando a
capacidade dos vestiarios, posibilitando así dispoñer de vestiarios masculinos
e femininos nos momentos nos que sexa preciso, e mellorando as condicións de
salubridade e accesibilidade das instalacións actuais.
O salón de plenos do Pazo provincial acolleu onte o acto de sinatura do proxecto de aforro e eficiencia enerxética no que a presidenta provincial, Carmela Silva, rubricou os convenios cos alcaldes, alcaldesas e representantes dos 43 concellos que se benefician do programa: Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontecesures, O Porriño, Portas, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga e Vilanova de Arousa.
O proxecto
permitirá substituír 7.519 puntos de luz por luminarias LED nestes 43
concellos (unicamente se podían presentar os que teñen menos de 20.000
habitantes) e que conta cun orzamento de 4 millóns de euros, dos que 3
millóns “achégaos a Unión Europea. É fundamental que sigamos formando
parte dela, porque iso permítenos dispoñer de moitos recursos cos que
pór en marcha proxectos de futuro”. A Deputación obtivo estes recursos a
través dunha convocatoria do IDAE, o Instituto para a Diversificación e
Aforro da Enerxía.
A presidenta agradeceu aos 43 concellos “a
súa aposta e o seu compromiso por facer dos seus concellos unhas vilas
sostibles”, sinalando que “sodes a inmensa maioría de cantos podían
participar”. Silva lembrou que “a sustentabilidade ten que ser unha
prioridade das nosas liñas de traballo” e, por iso, “desde a Deputación,
e sei que vós tamén, estamos convencidas e convencidos de que a axenda
medioambiental ten que marcar a política do século XXI”. Isto, valorou,
“é unha cuestión de responsabilidade con esta xeración e, sobre todo,
coas que veñen. As máis novas e os máis novos estannos a demandar ás
políticas e políticos que reaccionemos”.
Ademais do
agradecemento, Silva pediulles aos concellos “que vos sigades sumando
aos novos proxectos en material medioambiental” e informoulles de que
“remitiremos todas as liñas que queremos desenvolver para que acheguedes
as vosas ideas e poidamos entre todas e todos conformar un modelo de
provincia sostible”. Para iso, “en canto a nova corporación estea
constituída, convocaremos unha reunión na que falaremos destes e máis
proxectos”.
Carmela Silva salientou que “as políticas
sustentables que impulsaremos contribuirán ao desenvolvemento económico
da provincia e a cumprir o Programa Operativo de Crecemento Sostible
2014-2020 da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios (Ministerio de
Facenda e Función Pública”, ademais de buscar o cumprimento dos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU. “A sinatura de hoxe é só o
inicio dunha aposta polo medio ambiente que permitirá á Deputación e a
todos os concellos ser unha gran referencia”, asegurou a presidenta
provincial, que avogou por “destacar nunha cuestión que incide no
desenvolvemento económico a moitos niveis”. Incidiu Carmela Silva en que
“ninguén quere ir a un territorio que non sexa sostible: é bo para a
implantación de empresas e dun modelo turístico de calidade”. A
presidenta provincial demandou que, “estando estas políticas ligadas á
transición ecolóxica, debemos solicitar que os concellos obteñan
recursos do Estado para poñelas en marcha”.
Entre os programas medioambientais que a Deputación porá en marcha de xeito inmediato, resaltan as achegas destinadas á substitución de caldeiras de combustible non renovable por caldeiras de biomasa (416.214 € para Caldas de Reis, A Guarda, Mondariz, Portas e Salvaterra de Miño) ou a renovación da iluminación pública exterior en BICs (130.000 € para Baiona, Caldas de Reis, A Guarda, Meis, Poio, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa). A Deputación tamén se presentará á nova convocatoria do IDAE para impulsar a economía baixa en carbono (para todos os concellos, sen límite de habitantes), os fondos europeos LIFE para un proxecto piloto centrado en prestar solucións sustentables e innovadoras no tratamento de augas residuais de pequenos núcleos, ou o “Life CircWeee-Weee” para a recollida selectiva e a reciclaxe de residuos de pilas e acumuladores. “Son tres proxectos que xa están en redacción para presentarnos canto antes e ser quen de seguir avanzando na nosa axenda medioambiental con recursos”, sinalou Carmela Silva, á vez que incidiu en que “o paquete de medidas que desenvolveremos será moi importante e permitirá a todos os concellos transformarse ecoloxicamente”.