Festideira da A.C. Xarandeira o 14 de setembro.

Xa temos cartaz!

Chega unha nova edición do Festideira, este vindeiro 14 de setembro na Plazuela en Pontecesures, e este ano celebrámolo xunto ao noso 25 aniversario da asociación!!

Pola tarde teremos a actuación de @mosteiro_de_pexegueiro e, por suposto, da @acxarandeira

Á noite, contaremos cas actuacións de:

@mediarea_musica

@leiteconjalletas

@curi_boiro

Estades todos convidados a vir, especialmente todos aqueles Xarandeirxs que nalgún momento compartiron o noso camiño nestes 25 anos.

Agradecementos pola súa colaboración ao @concellopontecesures e @deputacionpontevedra

Por suposto, á nosa @asx_gz polo seu traballo ao deseñar este cartaz

A.C. XARANDEIRA

PROGRAMA +BENESTAR 2024 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Prazas de estadías en balnearios da provincia de Pontevedra. Prazo de solicitude ata o 5 de setembro.

O PP de Pontecesures explica que a obra “Mellora da mobilidade en San Xulián” foi conquerida polo goberno anterior de Vidal Seage.

Ante o inminente inicio da obra denominada “Mellora da mobilidade en San Xulián”, convén sinalar algúns datos. Como a inmensa maioría das cousas que se levan, mal ou medio – feitas no que vai de ano de desgoberno en Pontecesures, o proxecto de Mellora de mobilidade en San Xulián ten a orixe no anterior mandato baixo a alcaldía do Partido Popular e incluía unha actuación de renovación do pavimento de formigón existente nun tramo da rúa do Coengo, así como o ancheamento dunha parte do mesmo camiño, con recuamento de muros de peche, e tamén a renovación das instalacións de saneamento e abastecemento de auga. O día 1 de febreiro de 2023, logo de manter numerosas reunións coa veciñanza nos meses previos, solicítase subvención por importe de 158.723,54 € dentro do programa da Deputación de Pontevedra; subvención que nos conceden o 21 de marzo do mesmo ano, a dous meses da celebración das eleccións municipais. Con máis de un ano de inexcusable demora, o proxecto parece que vai espertar do letargo no que quedou sumido pola carente iniciativa do actual goberno municipal. Agardamos que as obras proxectadas no seu día melloren esa zona e faciliten a mobilidade tanto peonil como de acceso a servizos esenciais e redunde todo elo nunha mellora na calidade de vida para a poboación. Así mesmo, instamos ao actual equipo de goberno a que execute coa debida dilixencia e pulcritude para que non aconteza o que xa ven sendo habitual e a que cumpra o prazo de entrega da obra antes do vindeiro remate de ano.

POPULARES DE PONTECESURES

A Deputación de Pontevedra concede 35.038,58 € a Pontecesures para Servizos Sociais.

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas liñas de axuda para os Servizos Sociais do Concello de Pontecesures: 35.038,58€ do Plan de Confinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais 2024 (que inclúen o SAF e gastos de persoal) e 9.300 euros das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2024 (6.000 para gasto corrente e 3.300 euros para investimento).

Concello de Pontecesures

La Diputación de Pontevedra anuncia que Pontecesures ingresará 67.500 € más por IBI tras la caducidad de la bonificación a Audasa por la AP-9.

La concesionaria de la autopista AP-9, Audasa pagará algo más de dos millones de euros por el Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI) a 12 concellos de la provincia de Pontevedra debido a que en este 2024 ya caducó la bonificación del 95% de la que se beneficiaba.

El ORAL de la Deputación de Pontevedra, que es el órgano descentralizado que colabora con los ayuntamientos en materia tributaria, cobrará ahora el 100% del impuesto a Audasa por la explotación de la autopista. 

De este modo los concellos de Barro, Caldas de Reis, Meis, Moaña, Mos, Poio, Pontecesures, Porriño, Portas, Tui, Valga y Vilaboa pasarán de los 118.736 euros recaudados el año pasado a los 2.013.310 euros que percibirán entre todos este año 2024, al haber caducado la bonificación. 

El presidente de la Deputación de Pontevedra, Luis López ha asegurado que “a Deputación, dentro da súa mínima marxe de manobra, traballou para que a AP9, en lugar de tanto custo, deixase maiores ingresos para a cidadanía de Pontevedra”, concretamente en los municipios que atraviesa la autopista.

“Grazas aos traballos da Deputación” ha dicho Luis López “unha ducia de concellos de todas as cores da provincia pasarán a ingresar 1,8 millóns de euros máis en concepto de IBI”.

De este modo, Barro pasa de percibir 9.000 a recibir 187.600 euros; Caldas, de 16.700 a 335.000 euros; Meis, de 193 a 3.800 euros; Moaña, de 19.000 a 20.000 euros; Mos, de 8.400 a 170.000 euros; Poio, de 1.700 a 34.000 euros; Pontecesures, de 3.500 a 71.000 euros; O Porriño, de 11.100 a 224.000 euros; Portas, de 7.700 a 154.500 euros; Tui, de 7.700 a 154.500 euros; o Valga, de 21.700 a 435.000 euros.

Luis López ha expresado su satisfacción porque por primera vez  “podemos falar da AP-9 en termos de ingresos” a los concellos y no exclusivamente en calidad de gasto para los vecinos de la provincia.

El presidente de la Deputación de Pontevedra ha contrapuesto esta noticia positiva frente a la reciente decisión de la Comisión Europea de abrir un expediente de infracción al Gobierno español por haber ampliado la duración de la concesión a Audasa de la autopista AP-9 sin aplicar correctamente los procedimientos de licitación e infringiendo las normas de la Unión Europea. Una cuestión de la que el Ejecutivo central “non informou en absoluto”, ha criticado Luis López.

Por el contrario, el mandatario provincial ha aplaudido el acuerdo de Portugal para liberar los peajes vigentes desde 2010 y recuperar la gratuidad en la A-28 que conecta la frontera gallega en Caminha y Oporto por Viana do Castelo. Una medida que “ten especial incidencia na provincia de Pontevedra, onde hai subidas indiscriminadas ano tras ano”, ha manifestado Luis López.

Pontevedra Viva

Maru Astray, neta do exalcalde Piñeiro Ares, triunfa na banda deseñada.

A mostra «#Punctum» resitúa á muller na cerna da banda deseñada galega

«#Punctum» poderá visitarse ata o 16 de xuño. Na foto, as autoras Bea Lema, Julia Lago, Pepa Prieto, Xulia Pisón e Maru Astray, na inauguración no Auditorio de Galicia. Uxía Larrosa non puido asistir.

«#Punctum» poderá visitarse ata o 16 de xuño. Na foto, as autoras Bea Lema, Julia Lago, Pepa Prieto, Xulia Pisón e Maru Astray, na inauguración no Auditorio de Galicia. Uxía Larrosa non puido asistir.

A exposición reúne en Santiago no Auditorio de Galicia obras de seis autoras

Publicacións, portadas, carteis, axendas, cerámica e incluso unha bicicleta conforman #Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega, exposición que acolle o Auditorio de Galicia (Santiago). Detrás desta iniciativa hai un dobre obxectivo. Por unha parte, «é preciso que a banda deseñada e o fanzine sexan recoñecidos como espazos de arte contemporánea», subliña o comisario, Iñigo Rodríguez Román. Por outro lado, achega unha perspectiva feminina, «porque, aínda que se avanzou, segue sendo un sector moi masculinizado», engade Neves Rodríguez, responsable de Mulleres en cadriños, o programa do que forma parte a mostra e que tamén inclúe obradoiros e faladoiros. Para iso a ollada póusase sobre o traballo de seis creadoras galegas: as compostelás Maru Astray e Pepa Prieto Puy e as coruñesas Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa e Xulia Pisón.

O proxecto programado por Compostela Cultura está conformado por máis dun cento de pezas. O percorrido empeza cunha ollada aos fanzines, recollendo catro dos principais da historia en Galicia, como son XofreBdeBandaBarsowia e Frente Comixario. Neste ámbito, tamén se inclúen materiais de catro festivais galegos de fanzine: Fun Fun Fun (Santiago), No Tengo Mamá (Vigo) —que non se celebra desde o 2020—, Autobán (A Coruña) e Vaia Vaia (Lugo). Un apartado que inclúe a primeira zona da mostra destinada a que o público teña un papel activo en na que se lle dá a posibilidade de sentarse e ler algunhas das publicacións.

A partir de aí, e tras unha portada dunha banda deseñada de Julia Lago co título de Nós seis, a mostra xa se mergulla no traballo das autoras. «Son seis espazos, seis artistas, seis formas de entender a banda deseñada, seis plásticas, seis narrativas», detalla o comisario, Iñigo Rodríguez. Así destaca a versatilidade de Xulia Pisón (A Coruña, 1989), da que se poden atopar, por exemplo, un libro mudo que hai que ollar con gafas de 3D, así como traballos onde aborda a saúde mental.

Se hai tamén un denominador común nas obras das seis artistas é o feito autorreferencial. Isto apréciase con claridade no traballo de Bea Lema (A Coruña, 1994), no que recolle a enfermidade mental da súa nai. «Ten un punto de investigación moi interesante porque é moi etnográfico», sinala o comisario. A mostra inclúe a súa obra O corpo de Cristo, un proxecto polo que recibiu o premio de cómic Castelao da Deputación da Coruña —que logo desenvolveu con moito éxito, galardoado internacionalmente—, e outros dos seus traballos co bordado e o téxtil. De Uxía Larrosa (A Coruña, 1993) figuran, entre outras propostas, o traballo co que gañou tamén o premio Castelao de banda deseñada no 2022 xunto a Luis Yang. Con el pódese apreciar como evoluciona un cómic desde os primeiros trazos ao resultado final. «É unha artista que traballa máis coa cor, máis conceptual. Tamén se achega un pouco á imaxe do surrealismo», anota Rodríguez.

De Pepa Prieto Puy (Santiago, 1989) pode verse o recén publicado Mis agendas semanales, resultado do seu traballo durante cinco anos nos que levou a súa vida a pequenas axendas. Nelas apréciase que «non ten medo a experimentar nin coa liña nin coa cor». Na súa obra traslada con claridade o seu estado de ánimo, sendo moi autorreferencial, tratando desde unha entrevista de traballo ata a súa relación de parella. Maru Astray (Santiago, 1994) —autora ademais da gráfica da mostra— conta cunha obra máis contracultural e máis urbana, como queda patente en diversidade de formatos, incluíndo desde autocolantes a unha bicicleta. O percorrido péchase con Julia Lago (A Coruña, 1994), que amosa a súa versatilidade con propostas que van desde a cerámica á ilustración. A exposición completarase coas obras que o público poderá facer nun pequeno espazo destinado á súa participación.

De xeito paralelo, están programados dous obradoiros para a rapazada e catro encontros e conversas con artistas na chamada zona c. «Queremos abrir a fiestra cara a propostas menos estandarizadas, as que están na periferia dos circuítos expositivos máis convencionais», resalta Míriam Louzao, concelleira de cultura.

La Voz de Galicia