Las obras de mejora de los servicios básicos en la Rúa dos Mariñeiros comienzan hoy.

El Concello de Pontecesures informa de que las obras de saneamiento y abastecimiento previstos para la Rúa dos Mariñeiros, en Porto, comienzan hoy y está previsto que estén terminados en tres meses.
El concelleiro de Relacións Institucionais, Luis Ángel Sabariz, explicó que la adjudicataria, Restauración do Hábitat Caamaño S.L, ya puso ayer el vallado preciso para delimitar la zona de actuación y así dar inicio hoy al levantamiento del actual pavimento que está ??completamente deteriorado?.

Asimismo indicó que se van a instalar una red de agua y de recogida de fecales y pluviales en un tramo de la calle de 152 metros lineales; y anunció que el Gobierno loca va a solicitar a la empresa que actúe con la mayor celeridad posible pues este vial ??ten bastante tránsito de vehículos e peóns? y así, ??que as molestias para a veciñanza sexa as menores posibles?. También recordó Sabariz que este proyecto tienen un presupuesto de 41.358, 67 euros y está incluido en el Plan Provincial de Cooperación 2009, financiado por el Ministerio de Administraciones Públicas, la Deputación de Pontevedra y el Concello.

DIARIO DE AROUSA, 02/02/10

Os socialistas cesureños suxiren actuacións respecto ao novo Plan-E-E

O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ven de crear o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local ??tamén chamado Plan E 2010?? que ascende a 5.000 millóns  de euros repartidos en función da poboación de cada concello.
Ao concello de Pontecesures correspóndenlle un total de 336.863 euros, dos que ata un 20% (67.508 euros), poden dedicarse a gasto social.
Este novo Fondo financiará inversións de execución inmediata por parte das corporacións locais, prioritariamente proxectos de desenvolvemento sostible nas súas vertentes ambiental e de apoio á innovación económica e social. Nas tres áreas no concello de Pontecesures hai moito que facer. Os socialistas de Pontecesures queremos suxerirlle ao goberno local algunhas actuacións.
Por exemplo, apostamos pola creación dun viveiro de empresas, unha estrutura pensada para facilitar a posta en marcha de iniciativas empresariais nos seus primeiros anos de vida, mediante unha xestión sen ánimo de lucro, e que facilita a formación e o asesoramento. Así este Fondo podería, por exemplo, auspiciar unha empresa que reunira ás participantes en cursos de atención a persoas dependentes.
Relacionado co anterior, poderíanse crear programas para a atención a persoas en situación de dependencia, así como cursos de autoestima para mulleres coidadoras de persoas con enfermidades mentais, demencia senil, Alzheimer, etc.
Neste punto queremos facer fincapé na urxente necesidade que ten Pontecesures dun espazo de servizos múltiples, que podería ser a sede do viveiro de empresas, aula para curso e programas ou sede de calquera asociación da vila que precisara dun local. Quizás as vellas vivendas dos mestres foran un lugar axeitado para este cometido, en lugar dun albergue para peregrinos, que pouco emprego procurará para Pontecesures e moi pouca utilidade terá para os nosos veciños.
Os socialistas de Pontecesures tamén cremos que é urxente a modernización da administración municipal mediante o establecemento de procesos de xestión documental, e dixitalización que permitan unha actuación máis eficiente de cara á cidadanía e a realización de trámites a través da páxina web do concello.
Na procura do aforro e a eficiencia enerxética en Pontecesures, consideramos que se debía estender o emprego de placas solares a outros equipamentos municipais distintos o contemplado no obradoiro de emprego ??Pontecesures II?: campo de fútbol, club náutico, Casa do Concello?
Para o aproveitamento dos recursos hídricos fanse necesarias moitas obras de saneamento e depuración de augas residuais en diversas zonas do concello como no Monte de Porto, na zona das vivendas sociais, Redondo e outros puntos afastados da rede central. Somos conscientes da importancia de accións como éstas, sobre todo cando tantos veciños viven por e para o río e da importancia económica, social, turística e ata gastronómica que o Ulla ten para o noso pobo.
Cómpre levar a cabo iniciativas como a creación dun parque biosaudable ou a supresión das numerosas barreiras arquitectónicas que quedan no pobo. Na mesma liña consideramos importante mellorar a seguridade viaria nalgunhas rúas mediante a colocación de badenes redutores de velocidade ou incluso a elevación de pasos de peóns.
No plano da sostibilidade ambiental, sería viable a creación dunha patrulla forestal que velara pola limpeza e conservación das masas forestais, ríos e regatos. Neste plano de actuación incluimos tamén a realización de programas de compostaxe cos veciños de Pontecesures, unha técnica que permite reducir os custes da recollida do lixo e mellorar a recollida selectiva.
Estas son algunhas das propostas que os socialistas de Pontecesures cremos que se poderían facer co Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, sempre coa fin última de beneficiar o conxunto da vila e fomentar o emprego. Son apostas firmes e, nalgún caso, arriscadas, pero que sobre todo pretenden demostrar que aínda hai iniciativas que se poden facer, e non esperar a que outras entidades, como a Deputación, veñan a sacarnos da eterna inercia que invade a este goberno municipal.

Pésame na comarca pola morte de Agustino.

Rafael Louzán, presidente da Deputación: “O seu pasamento é un duro golpe para todos os que o ceñecíamos e tamén para a cultura de Pontevedra, o Xacobeo e para toda Galicia. Foi un persoeiro salientable e destacado”.

José Juan Durán, vicepresidente da Deputación: “Era unha persoa entrañable, cunha enorme ilusión por todo o que facía que nos sabía transmitir. Foi o responsable de poñer en marcha a Ruta Xacobea. ? unha perda enorme para todos”.

Xosé Deira, vicepresidente da Fundación: “A Ruta Xacobea perde ao seu gran creador, ao seu principal impulsor, a unha persoa que traballou arreo por esta obra. Era a alma que nos comprometía a todos, un verdadeiro innovador”.

Cores Tourís, delegado de la Xunta: “Era unha persoa moi importante, un gran traballador. A súa perda vai ser moi difícil de superar. Lamento moito o seu falecemento, como amigo e como unha persoa que sempre buscaba a colaboración”.

Dolores García, alcaldesa de Vailagarcía: “Es una gran pérdida en el ámbito cultural y de la promoción del Xacobeo. Será un vacío difícil de llenar, pero la mejor forma de recordarle será contínuar con su legado”.

Xosé Castro Ratón, concelleiro de cultura de Vilagarcía: “? unha perda inesperada, ademais neste simbólico Ano Santo. Foi unha figura fundamental na promoción da Ruta Xacobea. Os meus maiores eloxios e condolencias á familia.

Tomás Fole, Voceiro do PP de Vilagarcía: “Conocí a Sánchez Agustino cuando veraneaba con toda su familia en As Sinas y A Compostela. Debemos agradecer la divulgación que hizo de Vilagarcía y reconocer su figura de algún modo”

DIARIO DE AROUSA, 17/01/10

Sombras en Iria Flavia.

Cando, hai agora dez anos, a revista Tempos Novos deu a coñecer documentos que deitaban sobre a Fundación Camilo José Cela sospeitas de fraude fiscal, todos miraron para outro lado. Reinaba Fraga Iribarne, amigo do marqués de Iria Flavia, cómplice voluntario noutro tempo dunha sorte de mcartysmo á española que con tanto celo ensaiou o réxime franquista co que ambos se xuramentaran. O xuíz de primeira instancia número 40 de Madrid vén de ditar unha sentenza que, aparte de garantirlle ao fillo do Nobel a restitución de dous terzos do legado patrimonial que lle furtaran, ratifica que o escritor e a súa segunda muller utilizaron os diñeiros que manexaba a Fundación (maioritariamente de procedencia institucional) no seu propio proveito. O xuíz alude agora expresamente ás ??manobras financeiras e mercantís?? que acometeron con ese obxetivo.
Porén, a acción da xustiza non vai máis alá do que a enxeñeiría contable á que se entregou o matrimonio supuxo para os intereses do fillo do Nobel. De entendela nesa clave estritamente familiar, non tería relevancia pública. Pero non. A mentada revista demostrou que as manobras que confirma o xulgado madrileño teñen que ver, e moito, cun máis que irregular manexo privado das cantidades millonarias que, mediante a intercesión de Fraga, procedían en boa medida da Xunta e das catro deputacións provinciais. Máis en concreto. O matrimonio creou, sen previa información nin autorización do Patronato da Fundación, a agrupación de interese económico Lengua y Literatura, participada nun 80 por cento pola Fundación e nun 20 por cento pola agrupación Letra y Tinta, da que o escritor e a súa muller eran socios exclusivos. A nova entidade xestionou, a través dunha conta bancaria aberta co seu nome en Padrón, as millonarias subvencións públicas destinadas para a adquisición e reforma das Casas dos Coengos. Recibindo así as devolucións igualmente millonarias da Facenda Pública ás que a Fundación, que como tal estaba exenta de IVE, non tiña dereito.

Malia quedar todo ao descuberto, os patronos da Fundación (entre eles, a Xunta, o Ministerio de Educación, a Casa Real, a Universidade de Santiago e as Deputacións) non moveron un dedo. Limitándose algúns deles a reducir e mesmo anular os envíos anuais unha vez que Fraga perde o Goberno. Nin sequera cando menudearon as denuncias por acoso laboral, e aqueloutras que evidenciaron, pese á chuvia de millóns dos últimos anos 90, o deterioro ao que está sometido o riquísimo legado cultural que Cela donara á Fundación. Está en perigo.

E Marina Castaño, a presidenta, quere salvalo ofrecéndollo a Esperanza Aguirre. De consentilo, o Patronato sumaría á da súa pasividade anterior unha nova e punible irresponsabilidade. Non para levalo á Cidade da Cultura, como repentizou Feijóo. Debe seguir onde está. Iso sí: hai que liberalo tanto das goteriras como dos seus actuais gardiáns, limpando a Fundación de toda sombra de pecado mediante unha investigación da Xunta que poña a cada quen no seu sitio.

Columna “O galo no tellado” de Luis Álvarez Pousa
DIARIO DE AROUSA, 17/01/10

?ltima hora: Meca nada a bo ritmo e xa deixa atrás as Malveiras e Cortegada.

Nun ambiente de gran expectación, David Meca lanzouse ao auga en Vilagarcía ás 13:05 horas, tras ser despedido pola alcaldesa de Vilagarcía, polo presidente da Deputación e polo Delegado Territorial da Xunta.
Non bo mar, o nadador de fondo pasou xa á altura das illas Malveiras e da illa de Cortegada. O mar atópase xa un pouco picado, pero Meca leva un bo ritmo. Segundo os cálculos da organización, e se todo sigue así, a hora prevista de chegada a Pontecesures é a das 17:30 horas.
Vai diante do nadador unha zodiac a modo de lancha guía. Outras dúas van preto do deportista.
Agora David Meca atópase nos Lombos do Ulla. Na desembocadura espérano, para arroupalo e animalo, moitos piragüistas e outras embarcacións.
Esperemos que este campión, e hoxe peregrino, supere o reto. ¡Todos ao peirao de Pontecesures!