Contestación aos socialistas cesureños sobre as obras do Plan E.

Adiantando que o goberno local non inaugurou obra algunha, quero puntualizar o seguinte:

1. Con satisfacción recibimos as impresións practicamente unánimes de veciños que consideran que a obra realizada na Plazuela quedou realmente ben e que era moi necesaria polo estado de deterioro que presentaba.
2. Penso que o novo alumeado público da Plazuela, por certo colocado en función do convenio Deputación de Pontevedra-Concello de Pontecesures e non polo plan E, é suficiente. En breve será substituída a farola danada por maquinaria da adxudicataria ao realizar a obra.
3. Tamén en breve será colocada a caixa co cadro eléctrico na Plazuela. Quedou soterrrado o cable e agora, nunha actuación allea a obra do plan E, un instalador eléctrico colocará o novo cadro con todas as garantías.
4. Colocáronse xa as catro novas papeleiras. As xardiñeiras, tres, serán colocados en canto estean pintadas polos obreiros municipais nos lugares onde estaban. Por certo, tamén vaise recuperar na zona a fonte de San Lázaro (pasouse unha tubaría soterrada pola Plazuela) e vanse colocar xardiñeiras novas no adro da Igrexa que está enriba da praza.
5. ? certo que está a presentar problemas o rebaixe para o paso de peóns e houbo algunha que outra caída por despistes. Imos ver cos técnicos cal é a solución a adoptar.
6. En canto as outras obras do Plan E, temos que dicir, que nos vindeiros días serán retiradas as casetas de obra das beirarrúa da rúa San Lois, e que en canto veña bo tempo será botado o asfalto nas gabias onde está colocado formigón. Tamén dicimos que nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García, quedan o triple de sumideiros dos que tiña antes, aínda que pode facerse algún máis de seren necesario.
7. Sobre as necesidades que expoñen os socialistas hai que dicir que practicamente nos relatan o relación de lugares do municipio sen máis concreción. Naturalmente todas as obras son necesarias e o concello xa ten previsto varias no plan da Deputación e noutros plans (na Fontaiña, nas rúas Patifas, San Lois, Otero Acevedo, Novo Núñez, Carlos Maside, na Toxa, en San Xulián, en Infesta, en Grobas, en Carreiras, etc..) como foi anunciado oportunamente.
8. Por último, hai que dicir que este goberno fixo notables investimentos en materia de saneamentos. En concreto a zona do Telleiro foi moi mellorada conducindo, no posible, as augas a unha depuradora que por fin funciona. Agora ben quedan deficiencias: as augas fecais veñen en moitos casos mesturadas coas pluviais e precísase un saneamento integral para liberar os regatos que temos das augas fecais que verten neles dende hai tantos anos. E neste tema esperemos que Augas de Galicia acometa estas actuacións para o estricto cumprimento da Lei de calidade das augas das rías galegas.

Pontecesures, 2 de xaneiro de 2010

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

Festas de Carreiras 2010.

SÁBADO, 9 DE XANEIRO.
-Pola mañá disparo de foguetes.
-Alborada pola charanga Apeles.
-Ás 12:30 h., misa cantada polo Coro da Armenteira.
-Despois da misa, poxa de ramos no Campo da Festa e sesión vermouth coa orquestra Abanico.
-Pola noite, gran verbena a cargo de Abanico e Suavecito.
-Á 1 da madrugada, servirase o chocolate con churros, de balde, no Campo da Festa.

DOMINGO, 10 DE XANEIRO. Festa dos rapaces.
-Ás 16 horas haberá inchables e touro mecánico a cargo de Diverneno, sendo a entrada e a participación de balde.

Será instalada unha carpa no campo da festa, e os organizadores agradecen a colaboración dos veciños, das casas comerciais, de Deputación Provincial e do Concello de Pontecesures.

X Carreira Popular de Pontecesures.

Será o 26 de decembro a partir das 16:30 horas con saída e meta no centro da vila.
Os pitufos e pitufas de 0 a 4 anos precorrerán 100 m. Os de 5 a 8 anos 400, os de 9 a 11, 600, e os de 12 a 14 1.200.
O circuito para as persoas de 15 anos en diante será de 4.800 metros.
As inscricións serán no Concello de Pontecesures, chamando aos teléfonos 986/564403, 986/564403 e 986/557125. Tamén se poden enviar ás solicitudes ao fax 986/557554 ou ao e-mail omix.pontecesures@concellos.depontevedra.es.
O día da carreira de 15 a 16 horas tamén se admiten inscricións no Centro Social de Pontecesures.
Entregaranse camisetas aos 200 primeiros inscritos, trofeos aos tres primeiros/as da xeral absoluta, medallas aos tres primeiros de cada categoría e trofeo ao participante maís veterano/a.
Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo de Infesta.

Organiza a Concellería de Deportes do Concello de Pontecesures.
Colabora da Deputación Provincial de Pontevedra.

O luns, 21 de decembro, será entregado ao concello un vehículo para transporte de persoas.

Logo de solicitalo con anterioridade, o 1 de abril de 2009 o Concello de Pontecesures e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio para dotar a este municipio dun Citroën modelo Jumpy 120 Combi 8/9p, que ten un importe de 26.229,00 ?. Caixanova, a Deputación e o Concello achegan o 23,1% do custo (6058,90 ?) mentres que Citroën desconta un 30,7% do custo do vehículo.

Pois ben: o luns 21, ás 13:00 horas terá lugar a entrega do vehículo en Dalonga S.A. de Rubiáns-Vilagarcía. Con satisfacción recibe esta nova o goberno local pois este investimento é moi necesario para os servizos municipais.

Marchan a bo ritmo as obras de pavimentación de pistas en Pontecesures con maquinaria da Deputación.

A pasada semana quedou rematada, a pavimentación da pista variante en Condide do Camiño do Regadío (sae fronte Construcciones Caamaño para a esquerda, vindo de Valga a Pontecesures).
No día de hoxe, quedou pavimentada a metade da pista que une Condide con Carreiras polo Couto. Espérase que maña remate a obra en dita pista.
Posteriormente a maquinaria desprazarase á rúa Cantillo de San Xulián é a o Souto de Porto para botar capas de rodadura nas mesmas.

Ata o alcalde venera ao neno Xesús no belén de Campaña.

bELEN

O nacemento ten como novidades Radio Valga e unha recreación da Batalla de Casal do Eirigo

ONadal chegou a Valga. Un ano máis, a inauguración do Belén Artesanal en Movemento, marca o inicio destas festas no municipio do Ulla, que nas vindeiras semanas recibirá a milleiros de persoas ansiosas por contemplar o novo diseño deste nacemento, cuxa fama chega xa a tódolos puntos da comunidade. Os visitantes terán, nesta ocasión, bastante traballo fixarse en todas as novidades que presenta o nacemento, que non son poucas. Unha das máis visibles e que máis expectación causou entre a xente que onte acudiu á inauguración foi a introdución no belén de Radio Valga, a emisora municipal.
Este foi un dos segredos mellor gardados pola asociación ??Amigos do Belén? dende que, xa en outubro, comenzaron a preparar o nacemento, posto que non só aparece o edificio da radio, senón tamén ­e aí viña a sorpresa­ unha reprodución do programa ??Encontros co alcalde?, que se emite cada mércores. E alí están o rexedor, Xosé María Bello Maneiro, que foi o primeiro sorprendido coa súa figura, acompañado polo director da radio, Héctor Bermúdez, e a locutora Lidia Gallas, que atende dilixente as chamadas telefónicas dos oíntes.

Así foi que o alcalde estivo por partida dobre no acto inaugural: en persoa e en forma de figura. Bello Maneiro, xunto co vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o cura de Campaña, foron os encargados de por en movemento o Belén Artesanal. A bendición do párraco marcou a súa posta en funcionamento, e así o público puido ver, por exemplo, como dous toureiros lle plantaban cara a unha vaquilla na recreación da Festa da Xuventude, na que non faltan a praza de touros, as gradas repletas de xente e a Garda Civil para poñer orde.

Ao seu carón, un guiño a un dos temas que máis páxinas de xornais e horas de televisión ocupou hai unhas semanas: un barco de pesca navega polo océano. ¿Adiviñan o nome?: ??Alakrán?. As casas colgantes que os integrantes de ??Amigos do Belén? confeccionaron para este ano lucen na parte frontal da zona expositiva, pero unha das escenas que acaparou un maior número de miradas e máis chamou a atención da xente foi a representación da Batalla de Casal do Eirigo, da que se cumpriu este ano o bicentenario. Soldados franceses e o improvisado exército local enfróntanse nunha cruenta guerra, á que non lle falta detalle: canóns, traxes casi idénticos aos da época, veciños asustados… e todo feito a man. Ao alcalde non se lle escapou detalle e comentou que ??curiosamente, case todos os caídos son do bando francés?. ¿Por que será?

Os que tiveron a vista máis fina seguramente puideron detectar xa ao personaxe famoso que se agocha entre as figuras do belén. Non é a Bela Otero, que tamén aparece sobre un escenario e lucindo as súas mellores galas, senón un representante da nobreza nacional e arredor do cal xira o concurso impulsado este ano por ??Amigos do Belén?. Os visitantes terán que descubrir de quen se trata e depositar a súa papeleta nunha furna. Entre os acertantes sortearase unha das figuras que forman parte do nacemento. Aí van algunhas pistas para iniciados: rara é a revista na que non sae, está de incógnito e todos caen rendidos aos seus pés. Iso din os organizadores, aínda que, para gustos, cores.

E, entre tanta cousa novidosa, o xa máis tradicional. O pesebre no que repousa o neno Xesús, flanqueado por San Xosé e a Virxe María e, xusto detrás deles, o castelo de Herodes. Unha voz en off relata aos visitantes o misterio do nacemento de Cristo, mentras se van sucedendo diferentes escenas: a adoración dos Reis Magos, a matanza dos nenos inocentes ordenada por Herodes ante o temor de que Xesús lle arrebatase o trono, os pastores acudindo a adorar ao neno… e todo perfectamente ambientado grazas, en parte, aos efectos especiais que se xeran mediante o sistema de iluminación.

Preto de 3.500 figuras comparten protagonismo cos personaxes típicos dun nacemento, un récord absoluto nesta decimoquinta edición do Belén Artesanal, que tamén ampliou a súa superficie. Nos arredor de 250 metros cadrados que ocupa, aparecen reflexados lugares e paisaxes de Valga, como a lagoa de Mina Mercedes, na que conversan animados intelectuais como Camilo Xosé Cela, Castelao, Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo. Tampouco faltan alusións ás tradicións agrarias, coa recollida ou a malla do trigo, nin a algúns dos actos relixiosos que máis fervor espertan entre os veciños. ? o caso da procesión dos panos de sete puntas de Xanza ou a dos lacóns, que cada ano se celebra en Cordeiro. Unha escola, clínicas, un mercado ambulante, costureiras, nenos xogando nun parque, a Banda Municipal ofrecendo un concerto de música que fai bailar aos veciños, un partido de fútbol entre o Cordeiro e o Furia… son só algúns dos detalles que completan o Belén Artesanal en Movemento, en cuxa elaboración traballaron dende o mes de outubro preto de trinta persoas, que tamén teñen o seu recoñecemento nun panel fotográfico que explica como foi o proceso para deseñar o nacemento deste ano.

O resultado do seu traballo e esforzo poderá verse ata o vindeiro día 10 de xaneiro no local da Rúa Nova de Campaña, que este ano presenta tamén nova imaxe, xa que o seu exterior foi adecentado. O nacemento permanecerá aberto en horario de 17:30 a 20:30 de luns a venres. Os sábados os visitantes poden acudir entre as 17 e as 20:30 horas. Os domingos e festivos abrirá pola mañá ­de doce a dúas­ e tamén pola tarde, entre as 17 e as 20:30.

DIARIO DE AROUSA, 07/12/09