Louzán anuncia la inversión de dos millones en la rúa Deputación y la Avenida dos Namorados.


Maribel Castro y Rafael Louzán, durante la firma del convenio de colaboración en compañía de los concejales del PP Javier Quintá y Jesús Rey y el vicepresidente José Juan Durán.

El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, y la alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, firmaron ayer el convenio de colaboración para la mejora del alumbrado público en las calles céntricas del municipio, una actuación que supondrá la inversión de 238.957 euros, una cantidad que será financiada al noventa por ciento por el organismo provincial. Las obras, que podrían comenzar a principios de 2009, supondrán la renovación de cuarenta y ocho farolas de estos viales, así como la instalación de 114 puntos de luz. Louzán aprovechó el acto para anunciar que su institución destinará cerca de dos millones de euros en la reurbanización de la Avenida dos Namorados y la Rúa Deputación.

(máis…)

O 9 de novembro o Concello de Pontecesures asina o convenio coa Deputación para a dotación de alumeado nas rúas centrais.

A Xefa de Negociado da Secretaría Particular do Presidente da Deputación de Pontevedra, ven de comunicar ó Concello de Pontecesures, que o martes día 9 de novembro, ás 11:00 horas, asínase na Sala de Prensa da institución provincial o convenio por parte do Presidente, Rafael Louzán, acompañado polo Vicepresidente, Juan José Durán, e a alcaldesa de Pontecesures, María Isabel Castro, para a dotación deste alumeado.
O texto do convenio foi aprobado polo pleno de Pontecesures, e pola xunta de goberno da Deputación hai poucos días.

Programa “Aquelando 2” en Pontecesures.

A Deputación Provincial de Pontevedra acaba de aprobar o Programa ??Aquelando 2?, dirixido a persoas desempregadas que queiran formarse coma coidadores/as de persoas maiores, diminuídas ou dependentes.
Trátase de unha serie de cursos gratuítos de formación en 7 localidades da provincia. Nesta zona teremos un curso en Valga de ??Coidador/a de Persoas con Discapacidade Física e/ou Psíquica?. Para mais información sobre este programa, aquelas persoas interesadas deberán pasar pola oficina do Técnico de Emprego de Pontecesures, na casa do Concello, de luns a venres de 8 a 15 h.

Aprobados os tres asuntos levados no día de hoxe ó pleno de Pontecesures.

Coa ausencia dos concelleiros nacionalistas, Manuel Luis Álvarez Angueira e Arturo Ferro, celebrouse hoxe o pleno, aistindo os outros nove membros da Corporación. No Salón de Sesiones só había catro persoas nos asentos do público.
O convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aprobouse con seis votos a favor do goberno municipal, e tres abstencións (BNG).
Co mesmo resultado, aprobouse ó convenio coa Deputación Provincial para o subministro e colocación de farolas de alumeado público nas rúas centrais da vila.
Por unanimidade, acordouse a aprobación inicial da ordenanza fiscal pola facturación das empresas encargadas da telefonía móbil.

O venres día 14 de novembro, pleno extraordinario.

Será ás 21:00 horas, coa seguinte orde do día:

1.Actas anteriores.
2.Adhesión do Concello de Pontecesures á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3.Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para a dotación de novo alumeado público neste concello.
4.Ordenanza reguladora da taxa pola utilización do dominio público local polas empresas subministradoras de servizos de telefonía móbil. Acordo de imposición provisional.

Faise un chamamento ós veciños para que acudan ó pleno onde se van tratar temas importantes para todos.