Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Aprobados os tres asuntos levados no día de hoxe ó pleno de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Coa ausencia dos concelleiros nacionalistas, Manuel Luis Álvarez Angueira e Arturo Ferro, celebrouse hoxe o pleno, aistindo os outros nove membros da Corporación. No Salón de Sesiones só había catro persoas nos asentos do público.
O convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística aprobouse con seis votos a favor do goberno municipal, e tres abstencións (BNG).
Co mesmo resultado, aprobouse ó convenio coa Deputación Provincial para o subministro e colocación de farolas de alumeado público nas rúas centrais da vila.
Por unanimidade, acordouse a aprobación inicial da ordenanza fiscal pola facturación das empresas encargadas da telefonía móbil.

Máis sobre isto

6 comentarios

  1. manolo o do bombo

    Bueno Sabariz,ti que sempre dis que axente acuda os plenos,e hoxe pos que foron catro persoas eso demostra que vos queren escoitar,e que o estades a facer moi ben. VAIA interes que teñen os cesureños por este goberno sensacional.

    Responder
  2. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pois é unha pena que non vaia xente ós plenos. No de onte aprobáronse temas interesantes, “manolo o do bombo”. Por exemplo o da colocación de novas farolas nas catro rúas centrais de Pontecesures. Ã? un investimento de 238.957,26 â?¬ dos que a Deputación achega 215.061,53 â?¬. Tes que lembrar que non plenos non só se escoita falar ós membros do goberno, tamén ós da oposición. E agora, a deferencia do que ocorría co alcalde anterior, pode falar cada concelleiro sen limitación algunha. Por certo; ó sr. Álvarez Angueira non pudemos escoitalo, porque non asistiu.

    Responder
  3. montty

    Señor Sabariz, ata cando hai que esperar polo famoso coche contraincendios

    Responder
  4. Cara de cona

    Outro pleno no que non aparece angueira….o típico..non quere debate co Saba…vaia portavoz da oposición que nin acude os plenos….me dixeron que foi a unha obra da toxa a facerse unha foto porque era do Medio Rural do bloque…que vaia que vaia a Pontevedra a falar por alí cos de Medio Rural…botanno a patadas…despois da trapicheirada que fixo na obra de entrada a Toxa non o poden ver nin en pintura…hai alí un tal Marcos que fala pestes de angueira….hai chechiña acompañaches o teu xefe alí a obra da casa de Xandro o do bloque…a que fuchedes?…que moto fuchedes vender?…xa non vos queda nin o setemesino…jo…jo…jo…

    Responder
  5. checha

    Falas por non estar calada como sempre.Non foi o pleno porque non podía non por non debatir con Saba.Non te preocupes que non lle ten medo.O que dis de Medio Rural mentira como sempre e como todo o que soltas por esa boca.

    Responder
  6. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pois a pick-up, “montty”, xa está practicamente preparada. Informáronme que quedan pendentes unhas persianas é a matriculación. Pronto debe de estar disponible.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.