A climatoloxía obriga a suspender tamén a primeira regata de infantís do calendario galego de piragüismo.

Os clubes arousáns de piragüismo quedáronse en cuestión de 24 horas sen axenda para esta fin de semana. Un día despois de coñecerse a suspensión da Segunda Regata de Maratón da Copa de España de Ríos, prevista para as dúas vindeiras xornadas, a Federación Galega de Piragüismo anunciou onte o aprazamento da Primeira Regata de Infantís, proba inaugural do Gran Premio de Galicia de Promoción, prevista para mañá en augas de Lugo.
Como no maratón zaragozano, a regata de infantís foi posposta a causa das fortes choivas. Cando menos neste caso os clubes coñecen xa a nova data de celebración da cita, fixada para o día 26 do presente mes.
Desde a Federación Galega de Piragüismo informóuselles aos equipos de que as inscripcións enviadas para a proba de Lugo seguen sendo válidas, e mesmo poden ser ampliadas ata o día 22. Ata o aprazamento os clubes arousáns contaban con 69 palistas apuntados do total de 223, co As Torres (19) e o Piragüismo A Illa (18) á cabeza.

LA VOZ DE GALICIA, 11/04/08

X aniversario do Pub komplo

X aniversario pub komplo

Este fin de semana, o local Komplo de Pontecesures, celebra o seu décimo aniversario cunha gran festa.

A celebración comezará o venres 21 ás 23:00 da noite, continuará o sábado 22, e están invitados todos os que queiran asistir a festexar dez anos dos que, dirección e persoal teñen tanto que agradecer a clientes e amigos.

Festa Bacardi limón, festa White Label, Festa Eristoff Black, Festa Licor 43, gran animación, go-go´s, unha chea de sorpresas e agasallos é parte do que temos preparado para este aniversario tan especial.

Desde este medio, todos os que formamos parte de KOMPLO, invitámosvos a asistir a celebralo connosco, e aproveitamos a ocasión para agradecer a todos os nosos clientes, que durante dez anos confiaron en nós un momento de diversión.

Moitas grazas, e esperámosvos, a clientes, e a todas as persoas que queiran asistir.

CARREIRAS CLANDESTINAS

Creo que poucos quedamos en Cesures que devoremos todas e cada unha das noites de fin de semana deste pobo desde fai case tres lustros e, a pesar diso todo o que oio, leo ou escoito estes días paréceme totalmente surrealista. Opinar grazas a deus é libre, o difícil é acertar.

Desde aquí a miña particular visión deste problema, tomándome a liberdade, xa que equivocarse, tampouco parece delito.

Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán, á presenza da garda civil ou a case todo do que se dixo.

Incidentes e problemas hóuboos, hainos e haberaos, pero sempre causados por unha minoría.

Desgraciadamente estas minorías, por ruidosas que son, fanse notar máis que a xente que sae tranquilamente a disfrutar no noso pobo, e hai quen que se serven deles para, gratuitamente, perxudicar negocios, postos de traballo,e a dignidade dos que vivimos dun sector que axudou a que moitos se puidesen gañar a vida neste pobo. Penso que falo con coñecemento de causa.

Os danos que a hostalería poida ocasionar ao descanso dos veciños, deben de ser solucionados con premura, pero primeiro analizando entre todos, hostaleiros, representantes políticos e todos aqueles que teñan algo que achegar o que sucede, e logo buscarlle unha solución.

Sempre existen formas para conciliar descanso e diversión.

En Pontecesures, carreiras clandestinas, NADA DE NADA, e de existir, perfectamente organizadas de forma que ninguén pode dar probas da súa existencia. Si que algún que outro incontrolado, ruidoso é verdade, pero nunca merecedor do despregamento policial que vivimos sobre todo o Venres, custeado co diñeiro de todos os contribuíntes, (que isto tamén é de todos como o mobiliario urbano), nin dos titulares de prensa que non fan máis que danar a imaxe deste pobo e crear unha moi equivocada. Isto só axuda a empeorar a crise que o sector está sufrindo desde fai anos.

A presenza policial é existente e necesaria, en contra dos que moitos opinan, pero para atacar os problema de raiz, de forma estudiada, non para facer un despliegue un venres á noite, superando o número de efectivos de tráfico ao número de visitantes no concello, buscando unhas carreiras clandestinas que non existen.

Quédome coas declaracións que recolle a prensa de hoxe da garda civil, moi acertadas :«Non hai carreiras; un par de descontrolados con coches baratos, iso si, un Panda, pero non podemos deixar que vaia a máis». Estas son as declaracións de quen coñece a realidade do noso pobo.

O resto é falar a treo, e desde aquí a miña particular versión para quen queira axudar a eliminar os problemas existentes, se é que a miña experiencia durante quince anos no foco do problema pode axudar máis que os que din que lle dixeron que escoitaran.

Chamemos ás cousa polo seu nome e actuemos consecuentes coa noticia e cos prexudicados.

Un saúdo.

Arroxan nas instalacións da piscina dúas caixas de botellas dende o caleixón da parte traseira da rúa Sagasta.

Nunha nova gamberrada do fin de semana, varios descoñecidos/as arroxaron dende o citado caleixón dúas caixas de botellas (unha de cervexas e outra de tónicas) por enriba do muro de cerre da piscina municipal da zona portuaria.
Caeron así no recinto preto de 50 botellíns que se romperon en varios pedazos no chan. Agora os operarios municipais deben de proceder á limpeza dos cristais, tendo en conta que algúns están depositados no propio vaso da piscina, que na actualidade está pechada ata o verán próximo.

Este fin de semana fiesta aniversario en el pub “La tentación de Bes”

Se celebra en la noche de hoy, viernes 21, y en la de mañana, sábado 22, en este pub (Rúa Sagasta nº7 de Pontecesures).

Hoy viernes habrá regalos para todos con pasteles, champán, camisetas, sudaderas, gorras, etc. Se sortearán dos entradas para el Gran Premio de Motociclismo de la Comunidad Valenciana.

Mañana sábado también habrá regalos, y se sortearán otras dos entradas para el citado premio de motociclismo.
Estará instalada, durante los dos días, una carpa con música en la parte trasera del pub, y el sábado también se instalará un toro mecánico.