Os equipos base do C.B. Río Ulla inician unha nova tempada

Nestes dias comezan os adestramentos os equipos base do C. B. Rio Ulla, con vistas á nova temporada de baloncesto 2007-08. O equipo senior o leva facendo dende principios de mes, pois vai ser o primeiro equipo en empezar o seu campeonato de liga oficial, o vindeiro fin de semana do 30 de setembro.

O equipo Cadete masculino, leva entrenando dende a semana pasada, 3 dias á semán. Son nenos nacidos en 1992 e 1993.

Este vindeiro venres pola tarde será o equipo Alevín Mixto o que volte ós adestramentos. Neste caso son nenos e nenas nadas nos anos 1996 e 1997.

Posteriormente, xa en outubro, serán os Benxamíns da Escola Municipal de baloncesto(1998, 1999, 2000 e 2001) os que comencen os seus adestramentos.

En todos estes equipos o responsable é o monitor Antonio Pedrido, con quen se pode contactar para mais información pois calquera rapaz ou rapaza pode participar nesta actividade.

Por último tanto o equipo Infantil Masculino, coma o Infantil Femenino (nados en 1994 e 1995), empezarán a entrenar para a vindeira semana, no pabellón de Baño – Valga, pois moitos dos integrantes son da zona de Valga, pretendendo seguir captando nenos e nenas daquel concello para a práctica deste deporte. Estes equips ven ter novos monitores/as.

Tamén na vindeira semana membros do club faremos unha presentación nos colexios de Dodro, Valga e Padrón para buscar rapaces e rapazas que poidesen estar interesados en xogar ó basket.

Morreu o cura de Rois.

No día de onte faleceu o párroco de Rois D. Isaac Fernández Prieto, de 73 anos de idade.
Ademáis da parroquia de San Mamede de Rois, levaba tamén D. Isaac a parroquia de San Xoan de Buxán (tamén no municipio de Rois).
As 17 horas sairá a comitiva fúnebre dende o tanatorio Iria Flavia de Padrón ata a Igrexa de San Mamede en Rois onde se celebrará o funeral para darlle logo sepultura no camposanto parroquial.

A Festa da Bicicleta tivo uns 130 participantes

Nunha tarde moi calurosa celebrouse un ano máis a Festa da Bicicleta organizada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra.

100_7441-web.JPG

Despois da chegada a Plazuela tivo lugar a entrega de varios premios por parte da alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro de Deportes, Javier Quintá (que tamén participaron na marcha cicloturista).

Como muller de máis idade recibeu un trofeo a propia alcaldesa, Maribel Castro (56 anos).

100_7462-web.JPG

Como home máis veterano recibeu o trofeo José Tubío, de Padrón (72 anos).

100_7464-web.JPG

Como bicicleta máis orixinal foi premiada a de Raquel Diz Gil de Pontecesures.

100_7461-web.JPG
100_7469-web.JPG

Houbo despois varios sorteos de cascos, xogos e botellíns e para rematar sorteouse unha bicicleta que lle tocou ó neno de 4 anos Alfonso Alvarez Constantino de Cordeiro.

100_7482-web.JPG