Aos 91 anos de idade finou o pasado xoves o veciño de Pontecesures, Marcial Villamarín Llerena, viúvo de Concha Grela Angueira. Logo de se celebrar o funeral no día de onte na Igrexa de localidade, os restos mortais recibiron sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
Dende o Concello de Pontecesures, temos que 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚𝐬 𝐩𝐨ñ𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬 𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐂𝐚𝐬𝐚𝐥, 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐌𝐞𝐧𝐢ñ𝐨 𝐎𝐥𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐚, 𝐌𝐚𝐫𝐢𝐭é 𝐏𝐢ñ𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐋𝐢𝐦𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐞 𝐋𝐨𝐥𝐢 𝐋𝐢𝐦𝐞𝐫𝐞𝐬 (𝐂𝐚𝐭𝐚𝐫𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬), 𝐌𝐚𝐫í𝐚 𝐕á𝐳𝐪𝐮𝐞𝐳 𝐞 𝐎𝐥𝐠𝐚 𝐕𝐢𝐞𝐢𝐭𝐞𝐬. Elas falaron das súas mulleres e de tantas outras que, en moitos casos, nun momento social moi adverso para os dereitos femininos, loitaron por sacar adiante os seus negocios e familias e defender as súas vocacións.
Agradecer tamén a 𝐄𝐥𝐞𝐧𝐚 𝐕𝐢𝐥á𝐧 𝐚 𝐬ú𝐚 𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐞 𝐚 𝐌𝐚𝐫𝐢á𝐧 𝐑𝐚𝐧𝐳 𝐅𝐫𝐨𝐢𝐬 𝐚 𝐬ú𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢ó𝐧 pese a distancia.
𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐧𝐨𝐦𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐩𝐢𝐨: Catarresas, A Cuca, as irmáns Meniño, Socorro Frois, Maruja Castaño, Carmiña Sierra, Oria Moreno; as nosas mozas que están abrindo camiño, Alba Buján ou Noa García entre outras 𝐞 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨: as traballadoras da industria; do campo; as costureiras; patifas; as do tablón; o sal.
Tantas e tantas mulleres que deixaron e deixan unha pegada indelebre na sociedade cesureña.
𝐎𝐧𝐭𝐞 𝐟𝐚𝐥𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐝𝐚𝐥𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐚 𝐭𝐫𝐚𝐯é𝐬 𝐝𝐚 𝐯𝐨𝐳 𝐝𝐨𝐮𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐦𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬 que as coñeceron e ás cales, con toda seguridade, marcaron o exemplo das primeiras. Falamos, tamén, das que hoxe, recollendo o espíritu de traballo e loita das devanceiras, rompen estereotipos e amosan coa súa actitude que non hai barreiras para as mulleres en ningún ámbito da vida.
Hoxe celebramos o Día da Muller e, se ben é certo que o avance en materia de igualdade é innegable, non debemos pensar que chegamos á meta. As mulleres seguimos a telo difícil en moitos ámbitos da vida; mudar esta dinámicas compétenos a todas e todos: ás mulleres, que estamos loitando por acadar a plena igualdade e ós homes, analizando o seu rol nunha sociedade que avanza imparable na consecución da mesma.
O equipo de goberno cesureño publicou, con apenas 48 horas de antelación, o programa de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller neste 2025, por certo con algún erro ortográfico incluído. Fiel ao seu xa coñecido modo de actuar, volve sorprendernos coa súa planificación para o vindeiro sábado 8 de marzo: absolutamente NADA. O executivo decidiu que o mellor momento para desenvolver actividades enmarcadas na igualdade, a diversidade e o empoderamento feminino é un mércores ás 9 da mañá, en lugar do propio 8 de marzo, cando unha maior parte da cidadanía podería participar e dar visibilidade a unha causa tan fundamental. Esta decisión non só limita a asistencia, senón que tamén resta impacto á loita contra unha problemática inadmisible nunha sociedade moderna. Socialistas e nacionalistas presumen de situar estas accións no eixo das súas políticas; unha vez máis, en Pontecesures vemos como din unha cousa e predican coa contraria.
El Concello de Pontecesures ha encargado un estudio biométrico de los dos ejemplares de falsa acacia ubicados junto al centro juvenil, en la calle Domínguez Borobó. Dicho informe indica que ambos árboles presentan graves defectos estructurales, que están afectados por un hongo y que, por lo tanto, el riesgo de desplome sobre una vía muy transitada es alto. Por esa razón, el Concello de Pontecesures procederá el próximo lunes a talar dichos árboles. Los trabajos arrancarán a las ocho de la mañana y se prolongarán durante doce horas; durante ese tiempo, la calle permanecerá cerrada.
O vindeiro 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟔 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, poderás desfrutar do sabor dos productos das nosas rías.
Achégate de 𝟏𝟐:𝟎𝟎 𝐚 𝟏𝟓:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐪𝐮𝐞𝐧𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐦𝐚ñá𝐧, 𝐞 𝐝𝐞 𝟏𝟕:𝟎𝟎 𝐚 𝟐𝟎:𝟎𝟎 pola tarde, na Prazuela a degustar a diferentes preparacións de productos do mar.