No lugar que hoxe é coñecido coma A Calera (Pontecesures), situado a carón da pista que une Porto coas Cortinallas e A Devesa, consérvanse aínda os restos duns impresionantes fornos para a calcinación de pedra caliza, construídos con bloques de pedra, que se poden ollar detrás da fábrica de fosas sépticas “PRU”.
FCC intentará parar la huelga de basuras con una nueva oferta laboral.
La empresa hará hoy una nueva oferta al comité de la planta medioambiental de Servia para que desconvoque el paro anunciado ·· Los trabajadores se manifestarán este mediodía en Noia ·· La mancomunidad tomará medidas alternativas para sacar la basura de las calle.
Folga na recollida de lixo de Pontecesures.
No dia de hoxe o alcalde de Pontecesures publicou o seguinte Bando:
“Que diante da convocatoria de folga indefinida efectuada polos representantes da empresa FCC S.A. actual concesionaria do servizo público de recollida de lixo nos concellos de Ames, Brión, Carnota, Lousame, Noia, Porto do Son, Rois e tamén o noso de Pontecesures, por elo, dende está Alcaldía, solicítase a colaboración dos veciños de Pontecesures que atendan as seguintes:
RECOMENDACI?NS:
1-Todolos veciños debemos reducir a producción de lixo ao máximo posible.
2-Non debemos sacar as bolsas de lixo nin enseres á rúa, pois non se van a recoller os contenedores nin os enseres ata que se reinicie a prestación do servizo que se avisará.
3-Os restos de comida, especialmentede peixe e materias semellantes, deben introducirse en dobre bolsa, asegurar a súa hermeticidade e mantelos en lugar fresco, a poder ser refrixerado, para evitar molestias.
4-Non debemos utilizar os contenedores salvo en casos de extrema necesidade.
5-Durante a duración da folga só se prestarán os servizos mínimos que se establezan do que se informará oportunamente.
6-A Presidencia da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza informará puntualmente das novas que se vaian producindo ante esta folga. Aínda así os teléfonos para calquera información de emerxencia son os seguintes:
Empresa concesionaria do servizo: 639-107638 e 981-191240
Policia Local dos concellois afectados.
En Pontecesures a 22 de decembro de 2006”
Ante esta desagradable nova este concelleiro da ACP quere puntualizar o seguinte:
a) A folga comeza ás 00 horas do luns día 25 de decembro, o sexa que mañá dia de noiteboa hai recollida aínda que é domingo. Imos ver que ocorre neste conficto porque parece que os traballadores de FCC están firmes solicitando a xornada de 35 horas semanais e unha suba salarial importante en dous anos.
b) Resulta inconcebible que o alcalde ante o problema grave de salubridade pública que se pode aveciñar non convoque nin informe aos grupos políticos da situación. A gran cantidade de desperdicios orgánicos destes días de festa e a inmensa cantidade de lixo dos supermercados centrais pode orixinar que se acumulen nas rúas os desperdicios cos conseguintes problemas sanitarios.
c) Por se a folga se prolonga moito no tempo, penso que se debían iniciar contactos co concello de Valga para xestionar que o camión dese concello recolla o lixo algúns días sobre todo nas zonas onde os colectores estean máis saturados de lixo. Terían que levalo a planta de SOGAMA. Ogallá a folga se desconvoque pronto e non haxa que recorrir a isto, pero o mellor é estar prevenidos.
d) Resulta realmente sorprendente e incluso de risa que o alcalde no Bando fale en primeira persoa cando él non é un afectado pola falla de recollida. Non reside en Pontecesures e sí no municipio de Rianxo. Entón non é usuario do servizo e polo tanto parece pouco serio que fale en primeira persoa porque, como particular, a folga non lle afecta para nada.
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
Publicado no DOG o regulamento da indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria
Orde do 11 de decembro de 2006 pola que se recoñece a indicación xeográfica Viño da Terra de Barbanza e Iria e se establecen as normas da súa utilización nos viños de mesa producidos na área xeográfica delimitada.
(máis…)
A panda catódica enrólase nun concerto itinerante por Galicia
Tras os éxitos acadados nas últimas edición de Correlingua e Voz Natura, o xabarín enrólase nun concerto itinerante polas vilas de Galicia, coas melodías das series televisivas versionadas para a ocasión polo músico vigués Pablo Novoa.
(máis…)
Suárez Canal presentó en Catoira la denominación de los vinos da Terra de Barbanza e Iria.
El conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, presentó ayer la denominación “Viños da Terra de Barbanza e Iria”, en la que podrán integrarse viticultores de los municipios de Catoira, Valga, Pontecesures, Padrón, Dodro, Rianxo, A Pobra, Riveira, Boiro, Lousame y Porto do Son. Ante la presencia de los alcaldes de las tres localidades del Ulla-Umia beneficiadas Suárez Canal reconoció que la creación de esta marca saldará una “inxustiza histórica” que se cometió con la comarca al dejar a sus caldos fuera de la Denominación de Origen Rías Baixas. El conselleiro instó a los cosecheros a trabajar con rigor y con el mayor cuidado posible para hacer fuerte en el mercado a esta marca y producir vinos de calidad.
DIARIO DE AROUSA 14/12/06