Comezaron as obras na rúa Carlos Maside.

O pasado luns 20 de outubro, deron comezo as obras de humanización dun tramo da rúa Carlos Maside, as cales teñen unha duración estimada de catro meses. A regulación do tráfico, nesta primeira fase, afectará do seguinte xeito: 𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐫ú𝐚 𝐒𝐚𝐧 𝐋𝐨𝐢𝐬: queda habilitada a circulación do tráfico para acceso ó 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐮𝐩𝐞𝐫𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐅𝐑𝐎𝐈𝐙 𝐞 ó 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐯𝐚𝐝𝐨 situado na marxe esquerda da circulación. Poderán producirse algúns cortes puntuais no acceso a ambos en momentos determinados nos que se execute á altura de ambos aparcadoiros.

𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐫ú𝐚 𝐒𝐚𝐧 𝐋𝐨𝐢𝐬: queda habilitada a circulación do tráfico para acceso ó 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐒𝐮𝐩𝐞𝐫𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐅𝐑𝐎𝐈𝐙 𝐞 ó 𝐚𝐩𝐚𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐩𝐫𝐢𝐯𝐚𝐝𝐨 situado na marxe esquerda da circulación. Poderán producirse algúns cortes puntuais no acceso a ambos en momentos determinados nos que se execute á altura de ambos aparcadoiros.

O acceso dirección Porto e rúas San Lázaro e Patifas, queda habilitado, exclusivamente, polo 𝐭𝐫𝐚𝐦𝐨 𝐞𝐬𝐪𝐮𝐞𝐫𝐝𝐨 𝐝𝐚 𝐫ú𝐚 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐌𝐚𝐬𝐢𝐝𝐞.

𝐀𝐜𝐜𝐞𝐬𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐩𝐚𝐬𝐨 𝐢𝐧𝐟𝐞𝐫𝐢𝐨𝐫 𝐝𝐨 𝐓𝐞𝐥𝐥𝐞𝐢𝐫𝐨: habilitado para a 𝐜𝐢𝐫𝐜𝐮𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧 𝐞𝐧 𝐝𝐢𝐫𝐞𝐜𝐜𝐢ó𝐧 rúas San Lázaro e Patifas con saída á rúa San Lois e Porto.

Agradecemos a colaboración e comprensión da veciñanza na execución dunha obra que mellorará substancialmente o entorno en beneficio de todas e todos.

CONCELLO DE PONTECESURES

Falleció Ramón Sánchez Romero.

A los 60 años de edad falleció este vecino de Porto de Arriba que estaba casado con Manuela Sánchez Taibo.

El velatorio está instalado en el Tanatorio de Valga. El funeral tendrá lugar hoy domingo 5 de octubre, a partir de las 16.30 horas, en la Iglesia de Pontecesures. Finalizado este los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Falleció Heriberto José Pazos Boo.

El pasado domingo falleció este vecino de Porto (rúa Carlos Maside) casado con Rosa Randulfe Vieites.

Ayer lunes, 28 de julio, tuvo lugar el funeral en la Iglesia de Santa María la Mayor de Iria y sus restos mortales recibieron sepultura en el cementerio de dicha parroquia.

Descanse en paz.

Vilarello será porto de parada do remonte das dornas que honra os versos de Rosalía no Inchadiña Branca Vela.

Vilarello será porto de parada do remonte das dornas que honra os versos de Rosalía no Inchadiña Branca Vela
Isorna cos alcaldes e Anxo Angueira na presentación do evento

Vilarello, en Valga, será, un ano máis, porto de referencia para a actividade “Inchadiña branca vela”, a remonta do Ulla en embarcacións tradicionais coma homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro.  A concelleira de Turismo, Malena Isorna, participou na Casa Museo da escritora, en Padrón, na presentación da actividade, xunto ao presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e os alcaldes de Padrón, Dodro e Rianxo, localidade que nesta edición acollerá a saída da travesía en lembranza de Castelao, de quen se cumpren 75 anos do seu pasamento.

 A “Inchadiña branca vela” celébrase este sábado, 26 de xullo, coa participación dunhas vinte embarcacións tradicionais que surcan a Ría ata os ríos Ulla e Sar: Gamelas, galeóns, bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo (polbeiras, de tope, xeiteiras), chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.

A novidade desta XII edición é que boa parte das embarcacións sairán xa pola mañá do porto de Rianxo para logo unírensese ao percorrido habitual, coa saída ás 16:00 horas desde a praia fluvial de Vilarello ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón.

 Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que, precisamente nesa obra, falaba das dornas que subían Ulla arriba no seu tempo.

Conta ademais cun importante valor paisaxístico, ao difundir a beleza da Ría de Arousa e do Ulla, un mar e un río que estiveron moi presentes na obra da internacional Rosalía de Castro.

Diario de Arousa

Finou Rosario “A Veira”.

Aos 84 anos de idade morreo a veciña de Porto, María del Rosario Campos Fructuoso, viúva de Manuel Iglesias Dios.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá sábado 19 de xullo, a partires das 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido, os restos mortais recibirán sepultura. no Camposanto Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Pontecesures: cen anos de historia municipal

Pontecesures constitúese como un dos concellos máis singulares da provincia de Pontevedra, cunha historia que abrangue máis de dous milenios e que chegou ao seu século de vida como municipio independiente. O 9 de outubro de 1925 marcou un fito histórico cando José Novo Núñez tomou posesión como primeiro alcalde do novo concello, culminando un proceso de segregación de Valga que converteu a antiga parroquia de San Xulián de Requeixo nunha entidade municipal propia. Esta decisión estratéxica aproveitou a concentración de servizos urbanos —estación ferroviaria, porto, servizo médico— fronte ao carácter rural do resto do territorio de Valga, configurando desde entón un modelo de desenvolvemento que equilibra tradición e modernidade.

(máis…)

Pontecesures recibirá máis de cen vilagarciáns na XXXIX Traslatio do próximo domingo

A histórica ruta polo río Ulla terá como destino a vila do Ulla, onde se celebrará a tradicional bendición dos barcos ás 18:00 horas

Pontecesures prepárase para recibir o vindeiro domingo, 13 de xullo, a máis de un centenar de veciños de Vilagarcía que participarán na XXXIX edición da Ruta Traslatio polo río Ulla. Os viaxeiros chegarán á vila arredor das 18:00 horas a bordo dun catamarán que iniciará a súa travesía desde o porto vilagarciá ás 16:30 horas.

A chegada a Pontecesures será un dos momentos máis emotivos da xornada, xa que alí se realizará a tradicional bendición dos barcos, unha cerimonia que conecta coa tradición xacobea e co espírito da ruta. Esta tradición mantense desde os inicios da Traslatio, convertendo a Pontecesures nun punto clave desta celebración que xa vai pola súa edición número 39.

(máis…)