Mañá día 12 de febreiro pleno extraordinario en Pontecesures.

As 13,30 horas de mañá día 12 de febreiro, celebrarase no salón de sesións da Casa do Concello un pleno extraordinario coa seguinte Orde do Día:

1-Actas anteriores.
2-Conta Xeral do Exercicio 2005.
3-Proposta do equipo de goberno sobre a posta en marcha da EDAR de Pontecesures.

Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno, aínda que a hora non é a mellor, dende logo.

Luis Angel Sabariz Rolán.

Sabariz critica la gestión realizada por Angueira en relación al parque empresarial

El concejal de la Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz Rolán, criticó el modo en que está gestionando el polígono industrial que está previsto construir en la zona de A Tarroeira. Explica el edil que, después de que en diciembre los propietarios de terrenos afectados presentasen más de cien firmas solicitando información, el regidor mantuvo el día 18 de enero una reunión con varios representantes de los vecinos, con la asistencia también del gerente de Xestur Pontevedra, Emiliano Quintillán. Sabariz acusa a Luis Álvarez Angueira de “incumplir” de nuevo un acuerdo plenario, que aprobara por unanimidad celebrar una reunión similar en la que estuviera también presente la oposición. Dice el edil que “Angueira convoca ós veciños e ignora ós demáis sectores, e logo arremete contra a oposición se non se aproban os proxectos”.
(máis…)

O cesureño Alejandro Pesado Fernández gaña a VII edición da Carreira Popular de Pontecesures.

Nunha tarde soleada pero fría, uns 200 corredores de tódalas idades participaron na carreira popular de Pontecesures. A carreira absoluta foi gañada por Alejandro Pesado Fernández cun tempo de 13′ 20″. Segundo foi Francisco Vázquez Alvarez cun tempo de 13′ 47″ e terceiro Ricardo Silva con 13′ 53″.
En categoría feminina a proba absoluta foi gañada por Mónica Pinto. Segunda foi Xiana Carbia Oubiña e terceira Mª José Triñanes.
Os corredores máis veteranos foron Elvira Tresguerras González de 54 anos e Xosé Neira Hermida de 74.
Outros premiados foron:
Pitufos de 0 a 4 anos: 1º Marcos Iglesias Rodríguez, 2º Marcos Castro Bello, 3º Rodrigo Fernández Garabán.
Pitufas de 0 a 4 anos: 1ª Sara Moure Cruces, 2ª Sabela Rey, 3ª Irene Alonso Pérez.
Homes de 5 a 8 anos: 1º Alejandro Mosquera Lestido, 2º Iván Fernández Iglesias, 3º Iván Castiñeiras Piñeiro.
Mulleres de 5 a 8 anos: 1ª Antía Sanmarco Martínez, 2ª Andrea González García, 3ª Marta García Trelles.
Homes de 9 a 12 anos: 1º Alvaro Veiga Vázquez, 2º Marcos Cascallar, 3º Fabio Rarís Blanco.
Mulleres de 9 a 12 anos: 1ª Sabela Caldelas Sanmarco, 2ª Eva Gerpe Limeres, 3ª Raquel Lafuente Angueira.
Homes de 13 e 14 anos: 1º Xabier Crego, 2º Martín Lestido Rey, 3º Erik Penedo Jamardo.
Mulleres de 13 e 14 anos: 1ª Beatriz Míguez, 2ª Sara Fernández Fuentes, 3ª Eva Limeres Ribeiro.
Homes 15 a 17 anos: 1º Rubén Oubiña, 2º Marcelo Costa, 3º Edgar Piñeiro.
Mulleres de 15 a 17 anos: Primeira e segunda xa foron premiadas na xeral. 3ª Karen Calvo Otero.
Homes de 18 a 35 anos: Os tres primeiros encabezaron a proba xeral.
Mulleres de 18 a 35 anos: 1ª Serafina Pereiro Giráldez, 2ª Patricia Silva Fajardo, 3ª Mª Elena Gens Otero.
Homes de 36 a 50 anos: 1º Eduardo Alvarez Morais, 2º Paolo Moinelo Pereira, 1º Paco Jamardo Santos.
Mulleres de 36 a 50 anos: 1ª Premiada na xeral, 2ª Lourdes Prieto Vieites, 3ª Maite Silva Fajardo.
Homes de máis de 50 anos: 1º Matías Regueira Bóo, 2º Sergio Rodríguez Rodríguez, 3º Manuel Monteagudo Caamaño.

Collín os datos á carreira e pode haber algún erro. Disculpade.

Luis Angel Sabariz Rolán

Danos no solo da biblioteca municipal.

No día de hoxe apareceron varias plaquetas levantadas do solo da biblioteca municipal situada na rúa Ramundo García Domínguez “Borobó” posiblemente pola acción da humidade provocada polas fortes choivas dos derradeiros días mixturada cos cambios bruscos de temperatura. Algunhas plaquetas romperon e está o cemento ao aire. Esperamos que o daño sexa arranxado canto antes tendo en conta que en breve será substituido o mobiliario da biblioteca e serán subministradas novas estanterías coa subvención concedida pola Consellería de Cultura.

Pontecesures, 11 de decembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán