Columna de “LERIAS” aparecida en La Voz de Galicia de 16/11/06
O concelleiro da Agrupación Cidadá por Pontecesures, Luis Angel Sabariz Rolán, non coñece o desánimo; De ser goberno pasou á oposición pero, lonxe de facerlle caer na apatía, o edil traballa cada vez máis: Non lle chega con criticar e sacarlle as cores ao equipo de Luis Alvarez Angueira (que se o consumo de gasóleo, que se os gastos do teléfono móbil, que se as facturas das comidas) que tamén lle fai de gabinete de prensa. De xeito que, se hai que informar de cantos aspirantes se presentan para o obradoiro de emprego e dos prazos, Sabariz no lo fai saber con celeridade e eficacia. O alcalde dí que o seu é obsesión e puro afán de notoriedade. Sabariz contesta que o único que fai e cumprir co seu deber de concelleiro así que á vista do que hai por aí, unha de dúas: ou o cesureño e o político máis concenciado e traballador da comarca ou o resto pasa de todo. Por aquí xa o coñecemos e onde tamén o van coñecer moi ben é na oficina do Valedor do Pobo. Onte volveulle a mandar outro escrito de protesta contra as actitudes obstaculizadoras do alcalde. Angueira, o que che queda.
A saída das clases da tarde do día 15 de novembro ás 16,50 horas haberá unha demostración onde os alumnos do CPI Pontecesures poderán apreciar o vóo dos pequenos avións e incluso dun helicóptero en miniatura.
Luis Sabariz, portavoz de la Agrupación Cidadá de Pontecesures, ha criticado que el equipo de gobierno no solicitase ayudas para adquirir un vehículo para la lucha contra incendios. Asegura que podrían obtenerse subvenciones para el 75% del importe del vehículo, pero «segundo as informacións que temos, non se pediu por problemas na financiación da aportación municipal, ao non teren o Concello aprobados os orzamentos do 2006».
Mediante a presente, comunícase que a cota de afiliación á esta ANPA queda fixada para este curso 2006-2007 en 7 ? por familia, mentres que o seguro escolar voluntario de accidentes queda fixado en 8 ? por alumno/a. O ingreso debe efectuarse na conta 3623 de Caixanova-Pontecesures nun prazo que remata o 15 de decembro de 2006.