O cesureño Marcos Ferro foi segundo en San Miguel de Deiro montando a “Facundo”.

??Ferrari? revalida a Pole Position máis burra

Moitos dicían xa estes días atrás que non era un burro, que era sospeitosamente alto e que, por iso, quizais era un cruce ou tiña xenes de cabalo.
Outros comentaban onte entre o xentío que seguramente xa coñecía de memoria o percorrido técnico do circuito arredor do campo da festa e que por iso corría coa tranquilidade de saber o que ven detrás de cada curva . O único certo é que a burra ??Ferrari?, centro destas e outras especulacións, volveu gañar onte nas dúas categorías da edición número 112 da popular ??Carreira de Burras? de San Roque do Monte, en San Miguel de Deiro, Vilanova.

E fíxoo ao grande, demostrando que os anos non pasan para esta montura e que o traballo nos boxes da ganadería Patiño Guillán de Vilaxoán garantiza ter unha carrocería ben tupida e preparada para a carreira, por cuarto ano consecutivo.

Porque este é xa o número de edicións que leva gañado o animal da característica cinta vermella na fronte e que ameaza con eclipsar os históricos triunfos da xa desaparecida ??Gitana?.

A proba, pese ao dominio de ??Ferrari? na parte alta, foi disputada. Non faltaron os empurróns de axuda ao arranque ou para gañar velocidade, nin os bólidos que se negaban a arrancar ou os espoleos dos pilotos na procura dun sistema de aceleración adicional.

Cartos e penso > Todos os corredores de onte foron obsequiados cun merecido saco de penso para as monturas. Para os xinetes, a organización reparteu premios de 100, 75 e 50 euros entre os tres primeiros clasificados das dúas categorías.

Na proba masculina, ??Ferrari? deu o triunfo ao habitual corredor Francisco Patiño. O burro ??Facundo? obtivo o segundo posto para Marcos Ferro e ??Misterio? o terceiro para Pablo Muñiz.Na das mulleres, ??Ferrari? subeu ao primeiro posto a Yolanda Nogueira, ??Gitano? clasificou como segunda a Almudena e a terceira foi Paula Señarís, una reporteira da TVG que, ante a falta de corredoras de última hora, probou sorte con ??Pepa? e conseguíu podio, o que sumou unha das anécdotas máis comentadas da proba.

DIARIO DE AROUSA, 06/09/11

San Roque da Ponte 2011

Sábado, 13 de agosto:
A partir das 18 horas dará comezo o Campionato de Estornela (Memorial Pedro Jamardo “Jaitón”. Prégase que os equipos estean inscritos antes do día.

Domingo, 14 de agosto:
A partir das 18 horas continuará o Campionato de Estornela. Pola noite haberá carallada para todos.

Luns, 15 de agosto, Festa na honra da Nosa Señora:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando as festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11 horas, gran actuación de “El Show de los Payasos”.
-Ás 13 horas, I Poxa de San Roque e Ramos.
-Ás 14 horas, Sesión Vermouth
-Ás 18 horas, partido de fútbol Solteiros/Casados no Campo da Insua.
-De seguido, gran actuación de Vía XIX
-Ás 22 horas, gran verbena a cargo de 3.COM e ARENA

Martes, 16 de agosto, Festa na honra a San Roque:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando o día grande das festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11:40 horas, saída do autobús do lugar de costume para asistir á misa que terá lugar en Iria.
-Ás 12 horas Festa Infantil no Campo da Insua.
-Ás 13,30 horas, Sesión Vermouth con actuación do grupo de Gaitas “O Pedrón”.
-As 17 horas. Continuación da Festa Infantil.
-Ás 18 horas, Cucañas con grandes premios donados po Joyería Riveiro.
-Ao remate das cucañas, xogos populares (saco, ovo, etc…) no Campo da Insua para todos os públicos.
-Ás 22 horas, verbena a cargo dos grupos CANELA e AM?RICA

Campionato de truco “San Roque da Ponte”.

Será o venres 7 de xaneiro ás 22 horas no Centro Social da Ponte, con sorteo ás 21:30 horas.
A inscrición ten un prezo de 30 euros por parella e os premios son de 600 euros para a primeira parella, 250 euros para o segunda e 110 euros para o terceira.
Teléfonos para a inscrición:
636/975415
650/258009
647/281888
Organiza o campionato a Comisión de Festas de San Roque da Ponte 2010/2011.