Ahogado en Pontecesures en 2006.

En enero del 2006, Guillermo Belloz, un hombre de 37 años que vivía en la localidad murciana de Cieza y estaba pasando unos días en Santiago con unos amigos, se encontraba en Pontecesures, cuya noche del sábado funcionaba entonces como una moto. Fue visto por última vez a las cinco de la mañana, saliendo de un pub. Según sus amigos se hallaba en un estado de euforia total. Una pareja, que permanecía en el interior de un automóvil, vio cómo el individuo se arrojaba al Ulla. Acudieron corriendo a la orilla y le preguntaron a gritos si necesitaba ayuda. Por toda respuesta Guillermo proclamó: «Yo controlo». Un piragüista encontró su cadáver, hundido a dos metros de profundidad, a la mañana siguiente. Otra imprudencia letal.

La Voz de Galicia

Composición de las mesas electorales del 26-M en Pontecesures.

Mesa U

PRESIDENTA: Mª Soledad Potel Calvo (suplente 1º, Ángel Rafael Santiago Piñeiro; suplente 2ª, Lorena Blanco Mos). VOCAL 1ª: Yohana Romero Sanmiguel (suplente 1ª, Mª Isabel Jamardo Rodríguez; suplente 2ª, Mª Bernarda Jamardo Laseiras). VOCAL 2ª: Mª Carmen Gerpe Jamardo (suplente 1º Daniel Eduardo Amondarain Martínez; suplente 2ª Mª Teresa Magariños Iglesias).

Sección 2ª, Mesa A

PRESIDENTE: Alejandro Cortés Vázquez (suplente 1ª. Mª Carmen Dios Piñeiro; suplente 2ª, Mª Begoña Casal Vieites). VOCAL 1º: Pablo Bouzón Alejandro (suplente 1ª, Ramona Castroagudín Cadilla, suplente 2ª Noelia Darrocha Calvo). VOCAL 2º: Sergio Castiñeiras Mondragón (suplente 1ª, María Carlés Ferro; suplente 2ª, Martina Blanco Martínez)

Sección 2ª, Mesa B

PRESIDENTE: Ángel Grela Llerena (suplente 1º, José Manuel Gándara Cortés; suplente 2ª, Cristina Lòpez González). VOCAL 1º: José Jamardo Villamarín (suplente 1ª, Candela Lafuente López; suplente 2ª, Mª Cruz Llerena Portas). VOCAL 2º: Ramón García Rey (suplente 1ª, Amara Insua Lema; suplente 2º, Alberto Míguez Rodríguez)

Sección 2ª, Mesa C

PRESIDENTE: Rafael Rial Pérez (suplente 1ª, Mª Rosa Pazos Randulfe; suplente 2ª, Mª Teresa Neira Jamardo), VOCAL 1º: Juan Jesús Piñeiro Vidal (suplente 1º, Martín Teijeiro Enrique; suplente 2º, Álvaro Rey Cascallar). VOCAL 2ª: Marta Rey Castaño (suplente 1º, Juan Manuel Touceda Fungueiro; suplente 2ª, Jenniffer Villamarín García)

O CONCELLO DE PONTECESURES SÚMASE Á DECLARACIÓN DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) NO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2019.

A aprobación da Constitución Española marcou un antes e un despois na vida dunha cidadanía que, ata 1978, vivira sumida nun dos períodos máis escuros da nosa historia recente marcado, entre outros aspectos, pola discriminación contra a muller.

Moitos Concellos, a partir das primeiras eleccións municipais de 1979, comezaron a incluír a dimensión de xénero no conxunto da vida municipal apostando pola creación de centros de asesoría e servizos ás mulleres, contribuíndo á modernización da Administración e á formulación das novas políticas do Estado de Benestar.

En 1983, unha delegación da FEMP formada por 15 Alcaldesas e Concelleiras, ao seu regreso do I Encontro Europeo de Electas Locais e Rexionais de Europa, celebrado en Pisa, elevaba á Comisión Executiva da FEMP unha proposta para a creación dun grupo de traballo sobre a muller.

A partir dese momento, facendo propio que “o persoal é político”, a FEMP puxo sobre a mesa a necesidade de asegurar a progresiva incorporación da muller á sociedade activa, a importancia de revelar o papel que tiñan as mulleres e a urxencia de abordar a recuperación do seu protagonismo a través das políticas locais. Empezouse a falar de igualdade en postos de toma de decisións, de paridade nas asembleas electas e da importancia de contar con mulleres referente.

Logo chegou o II Encontro Europeo de Mulleres Electas Locais e Rexionais, reunido en Santiago de Compostela, en 1986 e con el, a creación dunha Subcomisión da Muller na FEMP, o chamamento para crear as condicións adecuadas para unha maior participación das mulleres e, en definitiva, a estratexia que marcaría a acción futura. Seguíronlle os Encontros Europeos de Mulleres electas locais de Amberes (1988) e de Heidelberg (1992).

“Somos a metade da terra, queremos a metade do ceo e a metade do poder!”. Con estas palabras, Vicenta Bosch i Palanca, Alcaldesa de Bonrepós i Mirambell e Presidenta da Comisión de Igualdade da FEMP en 1991, proclamou as demandas das mulleres con ocasión da Conferencia de Nacións Unidas Beijing + 15, que acolleu Nova York, no ano 2000.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é sempre unha invitación para reflexionar sobre os avances alcanzados en materia de igualdade de xénero e unha oportunidade para centrar a acción e fixar cara a onde queremos dirixirnos. Con todo, cando se cumpren 40 anos de democracia local, esta oportunidade obriga a mirar atrás para non esquecer de onde vimos.

O 3 de abril de 1979, España daba a benvida a “as 103 Alcaldesas do 79”, as primeiras 103 Alcaldesas, mulleres pioneiras e valentes que decidiron dar un paso á fronte e liderar o cambio nos seus pobos e cidades.

40 anos máis tarde, hai 1.565 Alcaldesas en España. Neste tempo, foron as Corporacións Locais quenes introduciron e impulsaron a necesidade de reflexionar ao redor da evolución das políticas de igualdade, ao seu impacto e á súa evolución asumindo o papel de axente de cambio e desvelando as contradicións do sistema, as desigualdades entre mulleres e homes, as discriminacións que sufrían e sofren as mulleres e achegaron solucións desde o coñecemento das persoas e das súas necesidades.

Por todo iso, os Gobernos Locais reunidos na FEMP:

  • Convidamos a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro sen discriminación por razón de xénero, onde homes e mulleres formen parte da nosa sociedade en igualdade de dereitos e responsabilidades.
  • Recoñecemos a valentía das 103 Alcaldesas do 79, que abriron o camiño do cambio e que contribuíron a crear referentes para todas as mulleres que hoxe asumen postos de decisión en tantas Corporacións Locais.
  • Reafirmamos o noso compromiso coa cidadanía e coas súas necesidades, coa igualdade de trato e de oportunidades e co mandato constitucional que persegue o pleno establecemento dunha igualdade real e efectiva.
  • Recoñecemos a importancia de continuar traballando na erradicación das actitudes e os comportamentos cotiáns que, instalados na vida diaria, reproducen e perpetúan a desigualdade.
  • Insistimos na necesidade de intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego e o emprendemento, a educación para a igualdade de oportunidades, a incorporación das mulleres na sociedade da información e o apoio ás mulleres que viven no ámbito rural.
  • Reclamamos a necesidade de dotar ás Entidades Locais dos medios necesarios para levar a cabo as competencias que nos devolveu o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero para garantir o impulso de actuacións que contribúan á convivencia, o progreso e o desenvolvemento social e económico sustentable.

40 ANOS DE DEMOCRACIA LOCAL