El gobierno cesureño, a favor del tren de cercanías.

El equipo de Gobierno cesureño se adherió ayer en pleno a la petición conjunta formulada por los cuatro regidores (Valga, Padrón, Pontecesures y Catoira) para mantener en vigor el tren de cercanías entre Vilagarcía y Santiago. El BNG se abstuvo. En otro punto, también se aprobó la propuesta del PP sobre la inclusión de Pontecesures como socio institucional del Museo do Pobo Galego. El canon anual es de 110 euros/año.

EL CORREO GALLEGO, 27/11/07

O 30 de novembro, XVI Campionato de Truco “Parrillada O Criollo”

Ás 22,00 horas do venres día 30 de novembro, terá lugar nesta parrillada de O Pino-Valga o tradicional campionato de truco.

Os premios serán os seguintes:

# *1.000 ? e trofeos *.
# 400 ?.
# Dúas cestas de Nadal.
# Dous paquetes de Nadal.

A primeira parella da fase de repesca percibirá 300 ?, mentres que a segunda levarase dous paquetes de Nadal.

Para se inscribir débese chamar ó 986-559153, quedando fixada a cota en 30 ? por parella.

O sorteo celebrarase o xoves 29 de novembro ás 21,00 horas e hai un límite máximo de 64 parellas. No caso de que non haxa as 64 parellas reduciranse os premios proporcionalmente.

Haberá pinchos variados para os participantes o día do campionato.

Espectacular colisión dun turismo contra unha farola na rúa Rosalía de Castro.

Sobre as 7,15 horas da mañá de hoxe, un coche de cor negro que circulaba a gran velocidade polas rúas centrais da vila (Portarraxoi, San Lois e Sagasta) empotrouse contra unha farola e un arbusto situados na rúa Rosalía de Castro (preto do pub “Baila Conmigo”, na intersección coa rúa Sagasta), apreciándose marcas dos neumáticos no pavimento uns 12 metros antes da farola.

(máis…)

Mañá luns día 26 de novembro, pleno ordinario.

Será ás 20,30 horas no Salón de Sesión da Casa do Concello e coa seguinte Orde do Día:

# Acta anterior.
# Elección de xuiz de paz substituto.
# Proposta do equipo de goberno sobre o servizo ferroviario de cercanías.
# Ratificación do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de data 29/10/07, sobre o proxecto de Decreto polo que se regulan as Agrupacións das Secretarías de Xulgados de Paz.
# Moción do BNG contra a agrupación dos Xulgados de Paz de Valga e Pontecesures.
# Moción do PP sobre a inclusión do Concello de Pontecesures como socio institucional do Museo do Pobo Galego para o ano 2008.
# Informe de fiscalización dos exercicios 2003-2004 realizado polo Consello de Contas de Galicia. Dar conta.
# Resolucións da alcaldía.
# Informes da Presidencia.
# Rogos e preguntas.