O Salnés é a comarca galega onde máis aumentou o paro en outubro e O Grove lidera a lista por concellos

Seguindo a tónica habitual, a medida que avanza o outono os desempregados aumentan no Salnés. O mes de outubro pechouse con 666 persoas apuntadas na listas do paro máis que en setembro o cal a sitúa á cabeza no ránking das comarcas galegas, seguida de Vigo (408) e A Coruña (341). As únicas bisbarras onde diminuíu o paro foron Noia e Muros.
(máis…)

Horarios dos partidos coma locatarios do Club de Baloncesto

basket.jpgEsta vindeira fin de semana os horarios dos partidos do C.B. RIO ULLA en Pontecesures son os seguintes:

– Sábado 11 as 12 h. da mañá: Infantís masculinos

EXTRUGASA RIO ULLA – CELSO MIGUEZ de PONTEVEDRA

– Sábado 11 as 20 h. da tarde: Xunior Femenino:

EXTRUGASA RIO ULLA – C.B. DORNA de A ILLA

– Domingo 12 ás 17.30 h.: Alevíns

EXTRUGASA RIO ULLA – BBC de VILAGARCIA

 

DESPRAZANSE AFORA:

– O EQUIPO SENIOR: XOGA MA?Á SÁBADO AS 17 H. EN CUNTIS

– TAMEN XOGA FORA AS NENAS CADETES: DOMINGO ÁS 12 EN CAMBADOS CO XUVEN. 

 

Texto do escrito de Sabariz ao Delegado de Traballo sobre a discriminación por razóns políticas na selección de persoal.

Para o servizo ??Conserxería e control dos locais municipais? subvencionou esa consellería ao concello de Pontecesures a contratación dun conserxe ao abeiro da Orde de 23 de marzo de 2006 que regula os programas de cooperación para o fomento do emprego 2006.

Logo da oferta de emprego presentada, a oficina de emprego de Vilagarcía enviou, coa correspondente carta de presentación, a seis traballadores chegando a relación ao concello con data 08-08-06, vía fax, e fixándose a entrevista para o día 14 de agosto de 2006.

Dos seis traballadores convocados non foi seleccionado ningún deles e o alcalde pideu máis candidatos. Por esta circunstancia denunciei no seu día a discriminación por razóns políticas da miña cuñada Angeles Barreiro Ferro que era, curiosamente, a única residente en Pontecesures. Nada podería dicir se fose seleccionado un traballador/a dos outros cinco pero ao rexeitar a todos, dedúcese que a miña cuñada non se adecuaba a un posto de simple conserxe aínda que é unha desempregada de longa duración.

Como con posterioridade foi enviada pola oficina de emprego de Vilagarcía outra persoa que logo foi contratada, solicitei a comprobación do expediente de selección seguido no concello o 18 de agosto pasado (algún día despois consulteino tamén na oficina de emprego). Permitíronme a comprobación no día de hoxe (esta demora de máis de dous meses decidida polo alcalde foi denunciada ao Valedor do Pobo).

(máis…)

O «Nauja» achega a cultura mariñeira aos pobrenses

Logo de deterse nos peiraos de Muros, Boiro e Ribeira, o barco Nauja chegou onte á vila da Pobra. A deputada e portavoz do grupo nacionalista na Deputación coruñesa, Socorro Cea Vázquez , asistiu á inauguración da exposición Xente, mar e vento , que pode admirarse no interior do veleiro e que xira en torno á actividade pesqueira e aos atractivos turísticos do mar. A delegada local de Cultura, Encarna González , e o concelleiro Severino Romero tamén acudiron á presentación.
(máis…)

Resultados do Extrugasa – Río Ulla esta pasada fin de semana

*Senior Zonal*

p(leyenda). Liceo Casino de Pontevedra 43 – *Extrugasa Río Ulla 53*

p(sangrado). A boa defensa do equipo, mais o acerto exterior de Santi e Gulli (17 puntos cada un) permitiron ó equipo senior anotarse a primeira victoria logo de 3 xornadas, a pesares de contar con 5 baixas neste encontro.

*Xunior Masculino*

p(leyenda). Portonovo 58 – *Extrugasa Río Ulla 55*

p(sangrado). Perderon nos ultimos minutos os xuvenis un partido moi igualado.

*Xunios Feminino*

p(leyenda). Cambados 43 – *Extrugasa Río Ulla 28*

p(sangrado). Non puideron gañar as nosas rapazas xuvenís por contar con baixas e ante un equipo dificil coma é o de Cambados na sua casa.

*Cadena Feminino*

p(leyenda). *Extrugasa Río Ulla 34* – BBM de Marín 30

p(sangrado). No seu inicio ligueiro as nenas cadetes impuxeronse dende o principio gracias á boa defensa de todas elas e a unha grande Tania autora de 19 puntos.

*Infantil Masculino*

p(leyenda). Marín Peixe Galego 83 – *Extrugasa Río Ulla 12*

p(sangrado). Non houbo color nun partido no que a maior experiencia e altura dos locais se impuxo ante uns nenos para os que, varios, eran o seu primeiro partido oficial de baloncesto.

p(subtitular). Mércores 1 en Pontecesures

As 10 da mañán partido dos nenos INFANTIS ante outro dificil rival: o LICEO de Vilagarcia.

As 12.15 h. da mañán xogarán os chicos do XUNIOR MASCULINO frente os de CAMBADOS.

NOTA DE ULTIMA HORA: OS 2 PARTIDOS DO DÍA 1 POLA MA?AN A CELEBRARSE EN PONTECESURES QUEDARON APRAZADOS POR FALTA DE ARBITROS.