Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

A oposición queda excluída da selección do persoal para o obradoiro de Cesures

Por Antonio Cortés ·

Outra tormenta política se achega por Pontecesures. O alcalde nacionalista, Manuel Luís Álvarez Angueira, desvelou onte como vai ser a comisión que se vai encargar da selección do persoal do obradoiro de emprego que vai empezar a funcionar en decembro. E a oposición se queda fóra.

Iso, a pesares de que a inclusión da oposición neste foro foi unhas condición que o alcalde aceptou en pleno en contrapartida polo apoio político que o resto dos grupos lle deron ao obradoiro.

PP, PSOE e ACP expresaron entón o seu desexo de que, dos tres representantes do Concello en dita comisión, dous foran dos grupos da oposición. Pero o BNG non estaba de acordo e considera que, atendendo aos resultados electorais, só lle correspondía un posto ao PP. «Posto que o PP non quixo formar parte da mesma», explica o alcalde, fixo uso das súas competencias na materia e decidiu deixar á oposición ao marxe da selección dos 36 postos de traballo. Na comisión si estarán o alcalde e Margarita García (BNG) ademais da socia do bipartito, Maribel Castro.

:: La Voz de Galicia :: Ed. Arousa

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.