Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Aparecen de novo pintadas en Pontecesures, con alusión a membros da corporación.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No día de hoxe apareceron dúas pintadas na fachada da Biblioteca Municipal (rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” nº 22), co seguinte texto: “DEMITE SABARIZ”, “DEMITE MARIBEL”.
Ã? a primeira vez que hai pintadas no edificio da biblioteca (antiga Casa do Concello, hai moitos anos). Realmente é unha mágoa que a pedra da fachada dun edificio que ten un significado importante para os cesureños, sexa agredida deste xeito. Fai reflexionar que, precisamente, na Casa de Cultura, teñan lugar estes comportamentos incívicos.
Mañá será presentada a denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga e serán realizadas xestións cunha empresa especializada para o borrado, esperando que a pedra teña o menor dano posible.

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. veciñamil

    pobre Sabariz,pobre

    Responder
  2. basta

    A Alcaldesa segue “encantada”, agora hasta na casa da cultura saberán quen é Maribel, e mira que eso parecía imposible.
    Pola contra a min pareceme patético.

    Ten coidao Sabariz que estás a convertirte en fonte de inspiración de descerebrados.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.