Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Rematadas tres obras en Porto, Paxareira e Carreiras.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Nesta pasada semana remataron dúas obras do Proxecto Estratéxico de Infraestruturas de Medio Rural 2008 (PEIM) da Consellería do Medio Rural. As actuacións foron as seguintes:

-â??Saneamento na rúa do Campo de Portoâ?�. Instaláronse 146 metros lineales de tubaría para recoller as augas fecais nesta rúa, coa conseguinte reposición do firme.

-â??Pavimentación de pista en Paxareiraâ?�. Botóuse un novo firme a unha pista que vai dar á principal deste lugar, recolléndose tamén as augas pluviais.

Estas obras, cun importe aproximado de 25.000 â?¬, son afrontadas integramente pola administración autonómica.

Por outra banda, tamén rematou a obra de â??Alcantarillado en Carreirasâ?�, que tivo un importe de 10.647 â?¬, cunha aportación da Deputación Provincial de Pontevedra de 7.985 â?¬. Con esta actuación mellorouse o alcantarillado nunha zona deste lugar que estaba en deficientes condicións. Tamén se recolleron as augas pluviais que discorren pola pista.

O goberno local quere agradecer tanto á Consellería do Medio Rural como á Deputación de Pontevedra as axudas para a realización destas tres actuacións moi beneficiosas para Pontecesures.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.