Dous concellos unidos grazas as súas féminas.
As féminas dos dous colectivos compartiron uns minutos no Auditorio Municipal de Valga.
Esta semana as integrantes da Asociación de Mulleres Rurais â??Alborâ?�, de Valga, recibían a visita das compoñentes dun colectivo â??Virxe de Bonabalâ?�, de Santiago coas que teñen xa realizado multitude de actividades durante estes anos.
Todo comezou con motivo da visita que hai un tempo fixeron as valguesas á cidade do Apóstolo. Como era de agardar, as anfitrionas exerceron como boas guías da urbe compostelá e amosáronlles ás compoñentes de â??Alborâ?� os lugares máis emblemáticos de Santiago de Compostela.
Agora, meses despois, â??Virxe de Bonavalâ?� acode a Valga para coñecer o municipio das súas compañeiras e descubrir un concello que a bo seguro lles reparou algunha sorpresa.
A súa estadía levounas a percorrer os puntos máis visitados do pobo que veu nacer a nomes como â??A Bella Oteroâ?� ou o estudoso Xesús Ferro Couselo. Acudiron á parroquia de Campaña, onde coñeceron a Mina Mercedes e o templo parroquial, así como a praia fluvial de Vilarello ou as fervenzas de Parafita, situadas en Xanza.
A permanencia no concello valgués non se limitou só a visitar os escenarios naturais, que é un dos puntos turísticos importantes, senón que tamén subiron aos Martores para coñecer a súa Capela.
Día completo > Acudiron tamén a un dos lugares imprescindibles nunha visita a Valga: O Auditorio Municipal, onde foron recibidas por unha boa cantidade de integrantes da asociación â??Alborâ?�. Nas instalacións municipais contemplaron unha mostra do que foi a exposición de camelias que organizaron no mes de febreiro, e tamén adquiriron algunhas das plantas que puxeron á venda os compoñentes da asociación de discapacitados do concello, â??Asmivaluâ?�, por tan só un euro.
DIARIO DE AROUSA, 18/04/09
