Anuncio sobre a iniciativa de retirada de símbolos da Igrexa Parroquial de Pontecesures.
No Pleno celebrado o día 25 de maio de 2009, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo B.N.G. de Pontecesures, instando ás autoridades eclesiásticas a retirar as inscricións da fachada da igrexa parroquial de Pontecesures por mor da Lei da memoria histórica.
O Arcebispado de Santiago de Compostela comunicou ao Concello que poden verse afectados familiares das persoas relacionadas no símbolo da fachada, considerando necesario que cada familia teña a oportunidade de manifestar as súas alegacións, comentarios ou suxestións para unir ao expediente.
No símbolo da fachada da igrexa están nomeadas as seguintes persoas:
â?¢ Adolfo González Casal.
â?¢ José Gómez Grela.
â?¢ José Oliveira Limeres.
â?¢ Manuel Lafuente Moreiras.
â?¢ Francisco Vieites Pérez.
â?¢ J. Angel Angueira Fernández.
â?¢ José Dios Bugallo.
â?¢ José Bóveda Villamarín.
â?¢ Ramón González Jamardo.
En consecuencia, comunícase que se abre un prazo que remata o 31 de agosto para que os familiares das persoas anteriormente citadas presenten por escrito no Concello as alegacións, comentarios ou suxestións que consideren oportunos, en canto á iniciativa proposta.
Pontecesures, 24 de xullo de 2009.
A alcaldesa,
Asdo.: Mª Isabel Castro Barreiro.