Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Ruegos y preguntas de los nacionalistas.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

El BNG criticó que el concello lleve un mes sin arquitecto algo que “conleva a paralización das licenzas”.La prueba para elegir el nuevo técnico se celebró ayer tras quedar desierta la primera convocatoria. También denunció el Bloque la supuesta ilegalidad de una oposición a auxiliar administrativo ya que sólo se dio la opción de hacer el examen en español y no en gallego.

DIARIO DE AROUSA, 28/07/10

Máis sobre isto

78 comentarios

  1. Xitano

    Vamos, así que estamos sen arquitecto, medio pobo nin o sabe.

    Responder
  2. Xitano

    Esquecísme, a alcaldesa está a facer de aparejador. Fai tempo, vina facer un “croquis” dun xardín.

    Responder
  3. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    O 2 de agosto xa teremos persoal na oficina técnica municipal.

    Responder
  4. marissa

    Vaia, que caladiño estaba o conto.

    De tódalas maneiras, dá o mesmo que teñamos arquitecto ou non, a alcaldesa fai o que lle da a gana; para mostra un botón: a urbanización O Rial, a que lle concederon licenza sen ter as instalacións terminadas nin luz, os veciños seguen con luz de obra (e os conseguintes cortes por parte de Fenosa e distintos perigos).

    E, ¿que responde o Concello a esto? NADA. Eso sí, cobranlles impostos.

    Ayy, os intereses dos familiares contratados, etc.

    Responder
  5. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non se pode facer acusacións deste tipo, “marissa”. Mira, o concello para conceder a licenza de primeira ocupación ten que comprobar que a obra se axuste ao proxecto e nada ten que ver cos contratos individuais con Unión Fenosa dos propietarios dos pisos. Precisamente a eléctrica esixe a licenza de primeira ocupación para digamos “transformar” o subministro de obra nos subministros domiciliarios para cada piso. O concello non ten absolutamente nada que ver cos compromisos dos compradores dos pisos coa promotora. ¿Cal é o problema?. Pois, ao parecer, que a promotora non se fai cargo do custo dos enganches correspondentes, e nin da sinais de vida, e, claro, solicitase que sexa o concello o que arranxe este grave problema. Obviamente non se pode cos cartos de todos os cesureños afrontar o custo dos gastos de dereitos de acometidas de particulares. Nunca se fixo.
    Comprendo o malestar dos propietarios dos pisos, pero non se pode lanzar por aí acusacións contra niguén. Que máis quixéramos nós que o asunto estivese solucionado. Ao parecer levábase bastante tempo vivindo alí en pisos con luz de obra e Unión Fenosa quere cobrar e poñer os contadores individuais.
    No concello houbo ofrecementos para realizar xestións, e realmente é un asunto desagradable. Por poñer un exemplo, ao instalador eléctrico do edificio tiña cantidades importantes pendentes de cobro, hai outros acreedores. ¿Que culpa ten o concello de todo isto?

    Responder
  6. arrevolussion

    ti tamén sempre o sabes todo…

    Responder
  7. Tiroliro II

    Apaga ben os lumes Sabariz, porque anda algun dese edificio do Rial botandolle a culpa o concello, cando un compra un piso hai que saber que compra e a quen o compra, e moi facil logo ir a reclamar o concello, moi boa a explicacion si señor

    Responder
  8. cabreado

    non sei si o concello tivo algun interese nesta obra, o que si sei e que cando escriturei o piso sabia o da luz pero cando vin vivir aqui descubrin que ademais o sistema de ventilacion nos garaxes esta por rematar e o antincendios outro tanto,como pode ser? se cando eu merquei tiña as licenzas do concello dei por feito que todos eses temas estarian en regra pero non. eu non teño que ir mirando esas cousas fixen o que tiña que facer asegurarme de que tivera as licenzas e tiñaas.que eu saiba non deberia concederse unha licenza sen rematar estas cuestions de seguridade. NON SO E A LUZ

    Responder
  9. Xitano

    Imos ver, cando se compra un piso tes a confianza de que todo esta en regla. Confías no promotor, non esperas nunca o que lle está pasando os veciños dese edificio. Apoios incondicionalmente. Sabariz, moi ben a teorica e a práctica, non sodes vos os representantes dos veciños, non sodes vos os que pedides os votos polas casas. Dudaría nas próximas eleccións pasar por ese edificio. Na taberna comentaron que a alcaldesa sacounos da casa do concello con caixas destempladas, quere escurrir o bulto, non oín ben, pero creo entender que ten un familiar traballando ou que vai traballar. Sra. por moi alcaldesa que sea, os veciños hai que atendelos, non os 15 días últimos das eleccións. Sra., pareceme ben que teña os seus recorridos institucionais de perigrinación, hai que ter unha boa imaxe do pobo. Non fai falta que me explique máis. O dito, moita palabrería e pouca obra. Penso que o concello debería, botarlle un mán , e non falo de cartos, senón preocuparse da estabilidade dos veciños. Sabariz, sabemos que vostede logo colle a lexislación. Sres. están demostrando a clase de persoas que son. De humildade pouco se fala.

    Responder
  10. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Imos por partes:

    1. A “cabreado” coméntolle, que explicados os problemas do subministro eléctrico, non coñezo as deficiencias na ventilación ou de protección de incendios. Non hai que esquecer que antes da visita de comprobación técnica municipal, o profesional colexiado director da obra certifica que a mesma cumpre coa normativa. Logo unha vez obtido o informe favorable do noso técnico concédese a licenza de primeira ocupación. Evidentemente se hai deficiencias hai que corrixilas, e neste caso sí pode haber responsabilidades. Sería convinte que o luns viñera entón alguén da comunidade do edificio para tratar estas deficiencias e coa documentación do expediente na man, tomar as decisións oportunas.

    2. Claro que se debe apoiar aos veciños e así se fixo por exemplo co problema da numeración dos edificios xa que ata que se indicase isto non chegaba o correo. O que comento “Xitano”, faleino con algún propietario e o asunto foi solucionado. Non estiven presente nas xuntanzas das que falas, pero dende logo, pola miña parte non teño inconvinte en recibir a ninguén e tratar de axudar a xestionar o que sexa. Realmente é unha desgraza o ocorrido coa “desaparición” da promotora. Pero estas cousas pasan, e máis coa crise que temos. Dende logo é desagradable padecer estes problemas.

    Responder
  11. Cara de cona

    Saba saes en defensa e logo levas as ostias……deixa que discuta a da Escola….ou randulfo….que necesidade tes ti de dar leccións?….que se joda o mundo home….que traballen os que cobran…..

    Responder
  12. marissa

    Sr. Luis Ángel Sabariz Rolán, non me acuse de facer falsas acusacións e, primeiro, revise o expediente. Faga, ademáis, caso do veciño que escribeu e lle indica algunhas das deficiencias da obra (instalacións ser terminar, por exemplo). Non ten máis que dar unha volta polos edificios e xa ve o que hai, cousa que terían que ter feito no seu día.

    Ademáis, ningún veciño ten que acudir ó Concello, pois xa enviaron ao seu representante (un administrador de fincas) e non é que chegase a demasiadas conclusións coa alcaldesa. Ela está demasiado preocupada en que a promotora non pagou a algúns dos seus proveedores. Eso sí, dos veciños que sí pagaron todo en condicións, non dixo nada, eses non contan.

    Pídolle por favor que revise as licenzas desta obra, pois, tras ser requeridas varias subsanacións por parte do Concello para a súa concesión, resulta que se lle otorgou de un momento para outro (con moita presa) sen que se chegasen a corrixidas as deficiencias.

    Por outra parte, o Concello debería de atender a estes veciños, xa non no que respeta á obra, coma ao resto do pobo; refírome neste caso a limpeza da rúa, das aceras, dos xardíns, da inexistencia de contenedores, da entrada da rúa (a maleza come o camiño), etc.

    Como ven lles recomendan por esta páxina, mellor que non vaian por alí para as eleccións.

    Responder
  13. arrevolussion

    ay! luisito ¿con que gente te me juntaste? ¡¡cuantas trampas hacen en el gobierno que tu estás!!, dime porque razón dime porque motivo, aguantas tanta estupidez, dime dime porqué?

    Responder
  14. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Mira “marissa”, fixeches referencia á luz e resposteiche sobre a luz. Agora introduces temas novos. Sobre as deficiencias reitéroche o mesmo que a “Xitano”., salientando que a licenza concedeuse logo de ter o informe favorable do director de obra e do técnico municipal. Imos ver ,como dixen, ese tema dos garaxes.
    As cuestións de limpeza, de maleza, do xardín exterior, etc…son distintas. Pode comprobar todo o mundo que se están a limpar as marxes das pistas en Pontecesures. Pero hai que facelo paulatinamente e, claro, tamén haberá que ir á pista do Rial.

    Responder
  15. cabreado

    non te botes flores co do correo porque fomos moooooitos os veciños que fomos moooooooitas veces o concello e mais a correos e a resposta do concello foi que eles nos poñian uns números con plantilla e spray negro pero como era antiestetico que mellor o fixeramos nós, e todo isto despois de mooooooito insistir en ambolos dous lados para saber porque non nos chegaba o correo e era por que non tiñan o nùmero pintado na porta

    Responder
  16. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non sei as veces que viñeron os veciños pola Casa do Concello “cabreado”. Dende logo cando me enterei do problema postal falei cun denunciante telefónicamente e se deron instruccións nas oficinas para que fora arranxado o problema coa maior celeridade con Correos. Así se fixo.
    ¿Flores eu?. Para nada. Por suposto que vou tratar co técnico de que se fagan as comprobacións oportunas co expediente na man. E se hai que manter unha reunión cos afectados, coa comunidade, ou con quen sexa, penso estar, (se me é posibel, claro). Non son dos que me agocho.

    Responder
    1. marissa

      Mira “Luis Ángel”, eu non só falei da luz, non digas que introduzo novos temas. Escribín textualmente “…lle concederon licenza sen ter as instalacións terminadas nin luz…”, só hai que votar un vistazo para comprobalo.

      O que sí que non deberías é de contestar tan alegremente se non estas seguro de como está a licenza, nin do que falta por arranxar alí; pero bueno, como ben dis non eres dos que se agochan e por iso ás veces todos metémola pata. Non se pode dicir o mesmo deses socios que tés por desgracia, que non contestan, nin para fastidiala. Non sei porque os defendes, non se entende.

      De tódolos xeitos, non escribo para atacarte a ti, senón á maneira de proceder dos dirixentes que firman esas licencias: a alcaldesa e o técnico aparexador, que supónse terán algún tipo de responsabilidade cando non fan ben as cousas porque, desde logo, o fallo máis gordo teno o promotor, pero os que consinten e axudan a este tipo de actitudes, tamén deberían de responder polos seus actos. Espero que así sexa.

      Responder
  17. arredemo

    Primeiro erro, Sr . Sabariz: o técnico municipal non foi ver o estado da obra para comprobar que cumpría os requisitos para concederlle a licenza de primeira ocupación?

    Responder
  18. arrevolussion

    xa dixen hai uns catro comentarios: díme por qué motivo, díme por qué razón… e “marissa” preguntache o mesmo: “… eses socios que tés por desgracia, que non contestan, nin para fastidiala. Non sei porque os defendes, non se entende”… muy buena reflexión “marissa”… cambiaches de socio hai catro anos… só falta o gasoil…e o cable da fotocopiadora, despois por aí anda… os mesmos cans…

    Responder
  19. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non teño porque defender a ninguén. D?AS veces “arredemo”, foi a técnico municipal a realizar comprobacións “in situ”. Logo da primeira, solicitouse ao promotor determinadas correccións e nova documentación técnica, por asuntos, sobre todo, dos garaxes. Pero non imos discutir aquí aspectos do expediente. Está a disposición de todo o mundo na Casa do Concello.

    Responder
    1. arredemo

      Segundo erro: non debeu facer tales comprobacións, porque cando deron a licencia de primeira ocupación, o transformador non estaba conectado a rede xeral, com é preceptivo. De feito, estou convencido de que tras esas correccións, o técnico municipal non volveu pola obra.

      Responder
  20. cabreado

    eu só sei que xa non tiña moita confianza no concello nin nos politicos pero agora ningunha, se quixese facer unha casiña nunha leiriña habianme de poñer todos os impedimentos posibles e darme todas as boltas burocraticas que puideran pero se e un promotor que faga o que lle peta que o concello mira pra outro lado. ¡¡¡¡¡¡ hai que pena é ser pobre!!!!!! só mirades pra nós cando queredes o noso voto e despois volvedes a ser cegos e xordos(para o que vos interesa) ata as seguintes eleccións

    Responder
  21. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Pero “arredemo”; para o transformador solicitou Unión Fenosa o correspondente informe favorable para a autorización (precisaba máis potencia para alimentar o edificio), e iso non ten nada que ver coa licenza de primeira ocupación que se debate. Non a liemos.

    Responder
  22. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    ? inxusto, “cabreado”, facer acusacións de que se fixeron favores nesta construción mirando para outro lado. Claro que me preocupa o sucedido coa promotora e os problemas que teñen os veciños Falas de votos. Pois mira, cada un pode apoiar a quen queira, pero iso non significa que haxa que facer ese tipo de acusacións.

    Responder
  23. arredemo

    Terceiro: seguro que o expediente de obra “está a disposición de todo o mundo na Casa do Concello”? Asegúrese do que di antes de comentalo eiquí.

    Responder
  24. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    O expediente está no arquivo e xa foi consultado por varias personas. Se ves o luns podes solicitalo, súbese e o consultas. Ademáis o luns temos os técnicos aquí e falamos do que queiras. Primeiro dis que non houbo visitas dos técnicos o que no é certo, despues nos lías cun transformador obxecto de autorización independente da licenza de primeira ocupación do edificio, e agora pos en dúbida que se poida consultar o expediente. Tes un obxectivo claro. “arredemo”: Confundir, erosionar, sementar dúbidas, etc…O de sempre.

    Responder
  25. cabreado

    Eu non fago acusacións xa dixen que non sei os intereses do concello nesta obra, falo de feitos, o feito é unha licenza cando non deberia estar concedida ata rematar todo ,sobre todo no caso da ventilación e o sistema antincendios,o feito e que agora cando lle pedimos explicacións ó concello non recibimos o apoio que se supón que nos debe dar a xente que nos representa . Luís dís que este desastre foi por mor da crise pero teño as miñas dubidas, non vexo eu que este “señor” teña moita crise, o que si vexo, coma todo o mundo, e que pechou as portas deixando a todo o mundo (ós que cometemolo erro de mercar, ós empregados e ós proveedores) con este problema, pero el segue mantendo o seu nivel de vida, nin sequera deu suspension de pagos, desapareceu(supostamente, porque anda por eiquí) e que nos dean a todos
    Por certo, estou seguro de que si outro partido estivera no goberno faria exactamente o mesmo

    Responder
  26. arredemo

    E cuarto:(polo de agora): o trato dispensado pola alcaldesa aos veciños afectados non foi, cando menos, todo o educado que se podía esperar hacia aqueles aos que lles debe o posto que ostenta e aos que debe representar e defender como alcaldesa de Pontecesures.

    Responder
  27. petroleo

    Gustaríame opinar como veciño destes edificios unhas cantas cousas:

    Primeiro (a “Tiroliro II”): canto listo hai neste pobo, oxalá non che pase nada parecido e teñas que ver comentarios tan desafortunados coma o teu respecto deste tema. Xa algún veciño che explicou que é o que se comproba cando se compra unha vivenda: que as licencias estean concedidas e que non teña cargas económicas. Créeme, eso fixémolo todos os que alí compramos, ¡listo!

    Segundo, o que se lle reclama ó Concello é que sexa responsable do que concede, pois despois de requerirlle ó promotor que corrixise varias instalacións, nunca máis revisaron nada. Limitáronse, segundo o que informou a Alcaldesa, a fiarse do proxecto presentado (xunto con un presuposto). ? dicir, se fan un proxecto de que alí hay unha piscina olímpica, acéptano e non o van nin a revisar.
    Polo tanto, os veciños, ademáis de polo promotor, sentímonos estafados polos nosos representantes políticos e pola técnico que estaba no Concello (que por certo, só levaba uns meses).

    Terceiro (a Sabariz): se non houbo favoritismos dalgún tipo (ben por ser a promotora, ben polos contratos que esta tiña con diferentes empresas relacionadas con membros do goberno, …), non nos explicamos o por qué se concede a licencia. Sentímolo moito, pero algunha explicación temos que discorrer en toda esta historia.

    Responder
  28. farto

    Podeis decir los vecinos de esos pisos que decis que escribis aqui si el problema no vendria que mientras que habia luz de obra no pagabais lo que tendriais que pagar, y que algun vecino de esos pisos dijo hace meses que por él luz de obra siempre, que pasó todo el invierno sin pagar.
    Tambien se comenta que lo que no quereis pagar los vecinos de esos pisos son los enganches individuales a fenosa. Que si pagaseis todo estaba solucionado.
    No será que alguno quereis ir de espabilados? ¿Y que pague el pueblo vuestro problema (que se soluciona con dinero, el vuestro)?.
    Y si en el ayuntamiento hicieron cosa grave pues a denunciar, prevaricacion o lo que sea… y para casa si se demuestra.

    Responder
  29. farto

    Y me llama la atencion que el BNG siga a vueltas con lo de la oposicion de auxiliar administrativo. Ni salió quien deciais que iba a salir, ni se demostró que hubiera algun tipo de chanchullo. ¿Quien os cree ahora? Que nadie de los que hicieron la oposicion, incluidos la hermana de Angueira o el tacon, denunció nada del idioma.
    Con este tema se demostró que Sabariz y el gobierno predicaron lo que dijeron: transparencia y para el mejor… como hacía el bloque, seguro.

    Responder
  30. petroleo

    Comentarche “farto”, para a túa información, que os veciños somos os que estamos pagando a luz de obra, inclusive a do inverno. Non somos tan noxentos como para pedir que outro nola pague, tranquilo, somos nós os que a consumimos e a financiamos, a pesar de que o contrato é coa promotora.

    Aclarárche tamén, que o que desexamos é poder pagar cada un seu contrato, esa é a nosa pelexa, queremos estar totalmente legales. O problema está en que nos deixaron sen boletíns por un problema de pago entre a empresa de electricidade e o promotor, do que nós somos os únicos que non temos culpa. O contrato tiñano entre eles, nós sí pagamos unhas vivendas con todo ese papeleo de alta en Fenosa. Outro problema é que o transformador está sen conectar e as Administracións que poden resolver esto (Industria) non é que estén sendo moi rápidos que digamos.

    Outros problemas son os xa comentados coas instalacións de ventilación e antiincendios. Por todo isto, cremos que o Concello ten moita responsabilidade por outorgar esa licencia, así como a arquitecta.

    Que quede claro, non pedimos que ninguén nos pague nada; e menos á conta dos veciños, só que os responsables desta situación dén a cara e cumpran coas súas responsabilidades.

    Xa está ben de culparnos ós veciños de absurdos.

    Responder
  31. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Veo que se anima el debate, y expongo lo siguiente:

    1. No tengo conocimiento del trato de la alcaldesa a los propietarios de los pisos. No estuve presente en ninguna reunión. Desde luego si no fue bueno, es criticable, naturalmente. Pero, ojo, al no presenciar los hechos no me puedo pronunciar.

    2. Parece que está claro el problema de la luz (de obra o individual de cada piso), y que se trata de un problema ajeno al Ayuntamiento.

    3. Se citan problemas de ventilación de garajes y de prevención de incendios. Esto sí que hay que mirarlo.

    4. Alguien dijo que el promotor anda por ahí. Conviene indicar que los que estimen lesionados sus derechos pueden acudir a la justicia.

    Responder
    1. Pepiño Grilo

      Sr. Sabariz, xa pasaron moitos días desde os seus derradeiros comentarios sobre o problema da Urbanización O Rial. Xa preguntou a Sra. Alcaldesa e o técnico municipal porque lle deron ao promotor licenza de primeira ocupación sen acercarse a comprobar que as obras xa estaban rematadas segundo a certificación de obra?
      Unha vez máis os cidadáns fan a inversión da súa vida para adquirir unha vivenda digna e diante de promotores sen escrúpulos como o señor Ramón Taibo, os políticos, que deben defender aos seus conciudadáns, lávanse as mans.
      Déixese de contos e admita que se cometeron irregularidades e faciliten que os propietarios da Urbanización O Rial poidan defender os seus intereses, pois non pretenden que cos cartos dos cesureños se paguen as deudas do Sr. Ramón Taibo. Queren que se subsanen as deficencias da súa urbanización e que poidan vivir dignamente.
      Por certo, van dispoñer de máis contenedores de lixo? Cando vai pasar por alí o barrendeiro. Cando van poñer algunha papeleira de lixo? Pregúntome, os propietarios da Urbanización O Rial non pagan os seus impostos municipais?

      Responder
  32. cabreado

    “farto” creo que non te paraches a ler toda esta conversa porque creo eu que quedou ben claro que o problema non e a luz, que un veciño diga iso de que por el luz de obra sempre , non temos que ser todos iguais, listos hainos en todalas partes, pero o certo e que a luz a estamos pagando os veciños, eu sinto moito que a empresa que fixo a instalación non cobrara pero nos pagamos os pisos ben pagos pero volvo a decir que ó concello e a arquitecta non se lle reclaman responsabilidades pola luz senón polas outras cousas que xa nombrei un par de veces .

    por certo iso do enganche non é tan doado se so fora iso estaba solucionado o da luz, o problema e que o transformador esta sen conectar. non lle faga caso ós contos do camiño que non soen dicir a verdade

    Responder
  33. arrevolussion

    Se vivira señora Rosa a Jarsía, qepd, tía do setemesino, que aínda está vivo, e vira semejante tinclado no Ríal, ¡¡¡desempadronábase!!!… Non dés un paso atrás Luis, dicho “cara de cona” c0ntinuamente ¿a quén defendes?, non me digas que non estiveches en ningunha reunión cos veciños, ás veces raias o ridículo, volvete a leer no último comentario punto 1, estaste facendo vello, perdes clase, ou tratas con… ? Luiggi por favor! reorientate e os do Rial que falen co Rand-ulf-o; que é un Deus ViKingo…

    Responder
  34. Cara de cona

    Que xogo da este asunto do Rial……..randulfo din?….a que hora os recibe?….despois das vinte horas malo…non saberan si fala do Rial ou da tarroeira…jo…jo…jo….

    Responder
  35. arrevolussion

    oe cara de cona a onde imos tomar o matusalén?

    Responder
  36. kashide

    tede coidado con “cara de cona” que cando sabariz se cabrea, “cara de cona” humedecese… e despois é nejra… empezan os atakes

    Responder
  37. rompehuesos

    estou esperando contestacion sobre as tareas da tecnica de proteccion civil xa que penso que dentro destas tarefas non esta incluida a de limpeza de camiños, nin miradores nin xardins. isto e de vergonza¡¡¡¡¡ despois cando ahi algun poblema cos peregrinos temos que ser os veciños quen chamemos a proteccion civil para que o solucionen.

    Responder
  38. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    De problemas cos peregrinos non teño coñecemento. Claro que Protección Civil ten limitacións horarias.

    Responder
    1. cormoran

      Eu tamen, estou esperando contestacion sobre as tarefas da tecnica de proteccion civil e as limitacións horarias non me interesan. Suponse que se non din en que consisten ditas tarefas e que entre elas esta a atencion aos peregris polo tanto que facia hoxe na rotonda, ¿pensades que e mais importante unha herba mais o unha menos que a seguridade das persoas ?…
      (segese cagando fora da pota, falase de A e contestase de B)

      Responder
  39. Cara de cona

    uy que coño….xa veñen defendendo aqui que a de protección civil ande de miranda…….que traballe carallo……hai moita xente esperando chollo…..parece que a uns hai que mantelos sempre pagandolle do concello…..que se movan….que estudien…que den o callo…..por enriba esto…cria corvos e comeranche os ollos….que baixen o lombo….tanto operativo….tanto rollo….tanto conto….a traballar leñe…….

    Responder
  40. cormoran

    Si que tes “razon” Cara de cona, tiñamos que darlle co latigo, fan o que non e deles e protestan, que osadia.
    ay… e cambia a pota de habitacion manchaste para chegar a ela

    Responder
  41. rompehuesos

    non tes puta idea do que dis cara de cona, oxala que non teñas ningun problema e che faga falta proteccion civil para algo e sexas ti autosuficiente para solucionalo. tanto que falas guatariame verte a ti baixando o lombo¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ non sexas tan hipocrita

    Responder
  42. Blanco

    No se que polemica es esta, que los trabajadores trabajen en lo normal, y limpiar maleza tambien es funcion de protección civil para evitar fuegos, rascaduras de vehículos y personas, huy si fueran a la empresa privada….

    Responder
  43. Tiroliro II

    falando de traballar no concello, vin o outro día a un de ala de Porto con un ritmo de coña, era mellor que lle levaran o sueldo a casa

    Responder
  44. cormoran

    Si non entendes a polemica esta, pa que te metes, eu traballo nunha espresa privada e respetanme, a ti non? queres que os demais che limpien a tua maleza?, porque un incendio forestal nunha rotonda e imposible…
    (Blanco hasta agora foches o que mais cagou fora da pota, fenomeno….)

    Responder
  45. Blanco

    En rotondas o donde sea, se cobra de fondos publicos y hay que trabajar, los vecinos es lo que queremos, “ganarás el pan con el sudor de tu frente” dice la frase

    Responder
    1. cormoran

      por non entender a polemica chegate. e non pareces veciño si non parte interesada. mira o medico a curar o canteiro a pedra. o pscicologo a ti o traballador de vias e obras a limpeza osexa cada un o seu e si non chama ti a qen deu a sudvencion e esplicalle a tua forma de ver, e imaxina como vou acabar… apunta ben no caldeiro ó .

      Responder
  46. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non houbo irregularidades na concesión da licenza de primeira ocupación do edificio Rial, “Pepiño Grilo”, segundo os técnicos. Comprobouse o expediente de novo pola oficina técnica e contestouse con todo detalle ao Valedor do Pobo onde houbo unha queixa de propietarios. Cambiando de tema; o asunto dos colectores de lixo estase a xestionar. A petición de limpeza e papeleiras paréceme ben, espero que se poida cumprir.

    Responder
  47. cabreado

    Pois si dar unha licencia nas condicións do noso edificio non e irregular non sei a que lle chamades vos irregularidades. A ver quen e o valente que se achega por eiqui nas eleccións prometendo

    Responder
  48. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Eu reitero a todos que veñades ver o expediente “cabreado”. Que comprobedes a normativa e consultedes o tema co técnico da oficina de urbanismo. E moi doado sementar dúbidas, formular acusacións de corrupción, e botarlle a culpa ao concello de todo o que sucedeu co edificio en cuestión.

    Responder
  49. cabreado

    pero vamos a ver, ten ou non ten que estar rematado o sistema antincendios e a ventilación para que se conceda unha licencia de primeira ocupación, repitoche que eu non fago acusacións remitome ós feitos

    Responder
  50. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    No expediente figura o certificado final de obra do arquitecto e aparellador da obra, o do técnico en instalacións eléctricas e o do técnico en telecomunicacións. Nestes documentos consta que as obras foron rematadas.
    Na queixa de propietarios ao Valedor do Pobo figuran os temas da electricidade e non os de ventilación ou de incendios “cabreado” (poden estar vinculados ao funcionamento do subministro eléctrico, non sei). Sigo insistindo que as deficiencias que citas deben ser expostas diante do arquitecto da oficina municipal, para realizar as comprobacións que correspondan.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.