Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Juan Manuel Vidal Seage candidato á alcaldía do PP de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Na reunión do PP celebrada hoxe no Centro Social de Pontecesures á que asistiron uns 30 afiliados, coa presenza do presidente provincial do partido, Rafael Louzán e de José Juan Durán, anunciouse que o candidato do PP nas vindeiras eleccións municipais do 22 de maio será Juan Manuel Vidal Seage, nado na Picaraña (Padrón), casado con dous fillos, que ten uns 40 anos de idade, que vive na Avda. de Vigo 35 de Pontecesures e que traballa en Grúas Estación.
Pronunciou unhas verbas Vidal Seage no acto, pero mañá ás 11 horas no Centro Social será a presentación oficial.
Para o luns, ás 20 horas xa está programada unha reunión do candidato con afiliados para formar un grupo de traballo e elaborar a candidatura.

Máis sobre isto

3 comentarios

  1. o chiquitas

    QUE malas caras habia nos lameculos do randulfe ,alguns sairon para fora porque lle da dolor ,que disgusto ja-ja-ja

    Responder
  2. manolo o do bombo

    XA estan aqui os empresarios caciques,para meter baza no pobo ,vota si non non hai traballo.

    Responder
  3. maruxa a curuxa

    Toda a razón “manolo o do bombo”
    se vai este e non outro, é porque, segundo parece, un empresario moi importante da zona, quería que fora el si ou sí, xa vedes como andas ás cousas. Moi lamentable todo

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.