Pontecesures net

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello de Pontecesures
  • Como chegar a Pontecesures
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar

Vendaval de talento en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o 23-02-2011

Un auténtico vendaval de talento. Así definiron, e con razón, o Festival Axenda 21 que tivo lugar a semana pasada no Auditorio de Cordeiro. Estivo protagonizado por máis de 80 alumnos do IES Valga que avogaron pola defensa do medio ambiente a través das súas actuacións. “Voa con nós” foi o lema, reflectindo o desexo de manter o aire libre de polución. Os flamantes presentadores foron Sara Seco e Pedro Calvo, que deleitaron ao público coa súa simpatía e enxeño. No fondo do escenario houbo un decorado espectacular feito polos propios alumnos e un grupo de seis foi cambiando ao longo do festival para amosar como unha cidade suxa e contaminada pódese converter notra limpa e chea de cor.
Entre unha cousa e outra, un festival de case tres horas. Zoe Santos fixo unha preciosa coreografía de ximnasia rítmica. Brais Villar interpretou maxistralmente un preludio de Chopin ao piano. Alex Barreiro amosou gran talento humorístico ao recitar un monólogo de Benedetti e Adrián Castiñeiras fixo rir a todos imitando a Nadal e Mourinho ante as preguntas do “xornalista” Yago Brea.
Non faltou o rap, da man de Jonattan Blanco, José Castiñeiras. Marcos Lorenzo e Borja Lorenzo.
Actores divertidos foron Raquel Bustelo, Jéssica Freire, Fátima Mato, Luz Iglesias, Ismael Piñeiro, Sergio Piñeiro, Maite Rodríguez, María Arufe, Elvis García, Samuel García, Fran Bragado, e Lucía Franqueira. Uxío Lorenzo e Paula Vázquez leron poesías de autores galegos sobre o tema do aire. O festival complementouse coa actuación de solistas vogais, músicos e bailaríns, que interpretaron temas moi coñecidos.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 23/02/11

Categorías: Cultura
Etiquetas: festivalmedio ambientemonólogovalga

0 comentarios

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Tempo en Pontecesures
Ver previsión completa →

Previsión de hoxe

17 Xul
27° / 16°
☔ 1%
Despexado
Artigos recentes
  • Noticias de Pontecesures – 16 de xullo de 2026
  • Novidades en Valga: novo polígono, festividades culturais e importantes iniciativas formativas
  • Emergencia por incendios en Padrón: situación controlada e medidas de conservación
  • Campaña de doazón de órganos e sangue “Un alento de vida” en Pontecesures
  • Cesures acabará con los charcos en Ullán y creará una isla de colectores de basura en Carreiras.
Comentarios recentes
  • outro en Cortizo celebra unha xornada de emprego e atracción de talento no seu Campus Tecnolóxico
  • Ángel en El Partido Popular de Cesures critica el aumento de multas de tráfico como método de ingresos.
  • Xusto en El Concello de Pontecesures pide el mínimo de despidos en Nestlé tras la negociación de un ERE que comenzará el 6 de mayo.
  • Fernando Cabeza Quiles en Presentación del libro de Cabeza Quiles.
  • Xusto en El Partido Popular de Cesures critica el aumento de multas de tráfico como método de ingresos.
Ligazóns
  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Furia Athletic Club
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Entradas relacionadas

Cultura

Os Concellos de Valga, Rois e Pontecesures premian no seu entroido a tradición das Patifas e os Valeiros do Ulla.

A comparsa “Patifas, Valeiras, Valeiros e Criaturas do Ulla“ organizada pola Asoc. A Estornela e Valeira Pontecesures resultou premiada neste entroido na súa categoría, no Concello de Rois, onde acadou o segundo premio, e o Ler máis

Concello

Concerto de “DE VACAS” este venres 17 na Plazuela ás 20:30 horas

Asociacion Cultural A Barcarola

A BARCAROLA CELEBRA A CEA DE ENTROIDO

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello de Pontecesures
  • Como chegar a Pontecesures
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Hestia | Desenvolvido por ThemeIsle

Cargando comentarios...