Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Saneamento e pavimentación na rúa Caldeirón de Arriba de Porto.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No pleno da Deputación de 25/02/11 aprobouse, a petición deste concello, a inclusión neste plan da obra “Saneamento e pavimentación na rúa Caldeirón de Arriba de Porto” que ten un importe de 37.825.97 euros e que está financiada polo Ministeriode Administración Públicas, pola Deputación de Pontevedra e polo propio concello.
Ademais de mellorar o saneamento na zona esta obra vai posibilitar a continuación dos traballos realizados nos accesos a Porto de Arriba ata a rúa Caldeirón, co mesmo tipo de pavimento de formigón de cor e adoquín mesturado.Tamén haberá un importante ancheamento nos accesos a esta rúa partindo da zona da Fontaíña, co que vai mellorar substancialmente a circulación de vehículos e peóns.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.