Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Pequeno lume nunha finca da rúa Carlos Maside.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Sobre ás 19:30 horas houbo un pequeno lume nunha finca propiedade de Construcciones Louriño na rúa Carlos Maside que conduce a Porto. Foi necesaria a actuación de Protección Civil de Pontecesures, para extinguir as chamas co vehículo municipal de emerxencias. Había un certo risco de que o lume afectara a unha pala da empresa que está realizar a obra da rúa Patifas, pero o incendio foi controlado moito antes.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.