Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O PSOE de Valga confía en dar a batalla ao PP nas urnas a pesar â??do medo, as mentiras e o abuso de poderâ?�.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Mª Xosé Caride, aplaudida trala súa intervención.

O PSOE de Valga cre que no municipio é necesaria unha â??rexeneración democráticaâ?� para poñer fin â??ao medo, mentiras, abuso de poder, vinganza e caciquismoâ?�, características que, segundo a deputada autonómica Carmen Cajide, definen ao actual goberno local do PP, ao que acusou de â??ameazarâ?� á candidata socialista á Alcaldía, Carmen Coto, nun Pleno no que, afirmou, â??Maneiro díxolle que a ía denunciar por dicir a verdadeâ?�. Ademais, a propia cabeza de cartel refireuse a outro episodio de supostas presións a outro membro da súa candidatura, Adonis Loureiro, o máis mozo da lista socialista. â??Pideu licenza para rehabilitar unha vivenda e recibeu unha mensaxe do equipo de Maneiro na que lle din que, por un lado lle pide favores ao Concello e, por outro, está cos da oposiciónâ?�, relatou Coto Lois, que incidiu en que â??o alcalde non está para facer favoresâ?�, senón que ten que respectar â??os dereitosâ?� dos veciños e atender as súas necesidades. Carmen Coto pideu a Bello Maneiro â??que sexa valente e se meta comigo. Que deixe a Adonis en paz e non sexa un covardeâ?�.
A alcaldable pideu aos veciños que â??reflexionedesâ?� e que teñan en conta que hai alternativa: â??un equipo con gañas, preparado e con capacidade de traballoâ?�. A â??rexeneración democráticaâ?�, engadiu Carmen Cajide, â??debe vir da man dos propios veciños. Non teñades medo e dádelle un xiro a este concelloâ?�. Ademais de Cajide, outra parlamentaria autonómica acudiu á Casa de Cultura de Valga para respaldar a candidatura socialista, a exconselleira de Política Territorial María Xosé Caride. â??En Valga leva moitos anos gobernando a mesma persoa. Hai que dar paso a xente nova, con novos proxectos e que escoite a todo o mundoâ?�. En palabras de Caride, Carmen Coto â??é unha nova esperanza nun concello que necesita que se abran as fiestras e que entre aire frescoâ?�.

A exconselleira lembrou que foi na súa etapa ao fronte de Política Territorial cando se proxectou a mellora da recta de Campaña e comezaron a pagarse as expropiacións aos veciños afectados logo de chegar a un acordo con eles. Xabier Carballo, número 2 da candidatura do PSOE e portavoz da plataforma de afectados, reiterou que moitos seguen aínda sen cobrar, mentras que a outros a Xunta lles reclama agora a devolución dos cartos. Culpa disto directamente ao alcalde: â??o que lle fixo aos veciños do Forno e Campaña é un indicador de que non ten escrúpulosâ?�. Carballo falou tamén sobre a riqueza forestal de Valga e as oportunidades que ofrece. Sen embargo, o sector â??está totalmente abandonado porque este home ­en referencia a Bello Maneiro­ manipulou as comunidades de montes. Quedáballe unha e este ano acabou con elaâ?�.

En canto ao proxecto de futuro que o PSOE ten para o municipio, Carmen Coto afirmou que â??Valga non necesita máis mausoleos, polo que â??o noso programa é realista e busca mellorar a calidade de vida dos veciños, con especial incidencia na infancia e a terceira idadeâ?�. Aludiu a iniciativas como unha mellor prestación do servizo de axuda no fogar coa contratación de mulleres en paro para â??permitir que as persoas que están soas leven unha vida dignaâ?�. En canto á infancia e á formación dos mozos, propón utilizar as casas de cultura para impartir clases particulares gratuítas, para o que o Concello, explica, podería recurrir á contratación de mestres en paro ou estudantes. Parte da súa intervención centrouse na necesidade de mellorar as estradas do municipio, como a que conduce á igrexa de San Miguel. â??A ampliación é necesaria, pero a xente ten dereito a que se lle pague o que valen os seus terreos. Non se pode presionar aos veciños para que cedan gratisâ?�, aseverou. As súas críticas referíronse tamén ás adxudicacións de obras â??sempre á mesma compañíaâ?� e á construción do tanatorio, que â??crea conflito coas empresas funerarias porque non respecta as leis da competencia. Como non se resolva o problema, pode acarrear importantes sancións económicas ao Concelloâ?�, advertiu. De feito, empresarios do sector xa anunciaron a súa intención de mobilizarse en protesta pola situación.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/11

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.