Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Estaban a colocar hoxe as novas farolas da rúa San Lázaro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A empresa SETGA, adxudicataria da obra por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, estaba a colocar hoxe as tres luminarias da rúa San Lázaro e as dúas da rúa Miguens Parrado. Lémbrase que esta actuación pertence, ao PID da Deputación, que foi solicitada e concedida en época do goberno anterior.

Pertence ao mesmo proxecto a renovación da iluminación das rúas Patifas e Otero Acevedo. En principio ían ir catenarias nas dúas rúas, pero o actual equipo de goberno anunciou que, en lugar de catenarias, íanse colocar apliques nas fachadas contando xa coas autorizacións titulares dos edificios afectados que prefiren este tipo se sistema.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.