O obradoiro â??Tecendo polo cambioâ?? clausúrase en Pontecesures cun acto de â??yarn bombingâ?�.
– As participantes calcetaron unha peza colectiva que colocaron nas árbores do Coche de Pedra para chamar a atención sobre o coidado do medio ambiente
– A acción reivindicativa pechou a actividade do Fondo Galego de Cooperación, na que se reflexionou sobre a solidariedade internacional ou o comercio xusto
Pontecesures, 9 de decembro de 2016. O obradoiro â??Tecendo polo cambioâ?? clausurouse hoxe en Pontecesures cun acto de â??yarn bombingâ?� no que as participantes colocaron nas árbores que rodean o Coche de Pedra a peza que elaboraron colectivamente para lembrar a importancia do coidado ambiental tanto na nosa contorna coma nos países empobrecidos. A actividade de calceta, desenvolvida durante tres xornadas cunhas quince veciñas, está organizada polo Concello como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A entidade ten promovido diversos proxectos en lugares como Cabo Verde ou Nicaragua para facilitar os recursos e campañas de sensibilización necesarias para unha axeitada xestión do lixo, da auga, do saneamento, etc. Ademais, a defensa do medio ambiente é unha loita que conecta aos países do Sur e do Norte, pois se non o respectamos aquí tamén provocaremos efectos negativos alá, como está a acontecer co cambio climático.
A concelleira de Servizos Sociais, Maribel Castro, salientou durante o acto celebrado esta mañá que:
â??A conexión entre o local e o global fomentouse asemade nas charlas incorporadas ao obradoiro â??Tecendo polo cambioâ??, impartido por Socorro Vázquez, onde as asistentes reflexionaron sobre temas como a cooperación internacional, a equidade de xénero ou o comercio xusto da man de diferentes persoas expertas convidadas para a ocasión.
Trátase dunha actividade de sensibilización fronte as desigualdades, ofertada polo Fondo Galego e cofinanciada pola Xunta de Galicia, que ten como obxectivo achegar ao eido rural e a veciñanza de todas as idades a defensa dos Dereitos Humanos, ao tempo que se recoñece o traballo feminino a través dunha tarefa compartida por mulleres de todos os tempos e culturas. Ademais, o â??yarn bombingâ?� ou â??urban knittingâ?� constitúe unha técnica de arte urbana coa que apropiarse do espazo público, relacionando o individual co colectivo e rompendo a dicotomía público/privadoâ?�.
Por último, amosou o seu agradecemento á tódalas persoas que participaron e colaboraron nesta actividade.




