Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Os socialistas de Pontecesures dan o coñecer ás iniciativas que tiveron para remodelar as beirarrúas da N-550.

Por Redacción ·

Recibimos con satisfacción a noticia de que o Ministerio de Fomento vaia acometer a remodelación das beirarrúas da N-550 ao seu paso por Pontecesures. Máis ainda cando no pleno do pasado mes de novembro, preguntamos por este asunto no pleno.
E satisfácenos aínda máis, porque desde o ano 2016, o grupo parlamentario socialista, a instancias da agrupación socialista local, ven realizando enmendas reiteradamente, para que, por valor de 250.000 â?¬, se inicien estes traballos. Enmendas que son rechazadas, ano tras ano, polo Partido Popular.
Alegrámonos que desta volta, o goberno municipal súmese a esta proposta, despois de que por moitos anos se negara a apoiala, dando ás costas a unha petición que un clamor por parte da veciñanza.
Avanzamos que imos presentar, a través do noso deputado Guillermo Meijón, unha pregunta por escrito no Congreso sobre esta iniciativa e unha Proposición de Lei sobre este asunto.

Socialistas de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.