Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS DO CENSO ELECTORAL 2019 (30 DE SETEMBRO A 7 DE OUTUBRO).

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral (LOREG), ponse en coñecemento dos veciños que durante o período comprendido entre o 30 de setembro e o 7 de outubro (ámbolos dous incluídos), estarán expostas ó público nas oficinas municipais, as Listas do Censo Electoral correspondentes a este Municipio, a efectos de presentación de reclamacións.

Lémbrase en especial a comprobar estas listas ós grupos que poidan verse máis afectados, como poden ser os que cumpriron recentemente 18 anos e os que cambiaron de domicilio nos últimos meses.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.