Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

PECHE PREVENTIVO DAS OFICINAS DA CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES POR CAUSA DO COVID-19 NA XORNADA DO VENRES 18 DE SETEMBRO.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Dende o goberno municipal infórmase que nestos días levaronse a cabo probas do COVID-19  a todo o persoal do concello, tendo como resultado un único positivo.

En tanto non se determine definitivamente si estamos ante un positivo definitivo ou un falso positivo, á espera da realización do PCR, como medida preventiva pecharanse as oficinas municipais da Casa do Concello na xornada o venres 18 de setembro, non  habendo, polo tanto, atención ao público.

Este peche poderá prolongarse ata o luns 21 de setembro ou máis alá dependendo dos resultados do PCR.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.