Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Os socialistas lembran a Protección Civil no Día do Voluntariado.

Por Redacción ·

Onte celebrouse o Día do Voluntariado, e cómpre agradecer o traballo desenvolvido durante 25 anos polos homes e mulleres de Protección Civil de Pontecesures. Todos os veciños e veciñas fomos testigos das súas actuacións en accidentes, inundacións, rescates, búsquedas… pero tamén na loita contra as velutinas, recollida de animais perdidos, organización de eventos deportivos e sociais… Un largo historial de traballo altruista a prol do noso pobo e un gran caudal de experiencia e bo facer agora perdido por unha nefasta decisión, da que máis tarde ou máis pagaremos as súas consecuencias.

Socialistas de Pontecesures

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.