Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Seis concellos, entre eles Pontecesures, terán o nivel máximo de restricións desde este venres.

Por Redacción ·

Pontecesures, Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita e Vilardevós son os que terán as limitacións máis severas, e outros 13 estarán no grupo de restricións de rango alto

O comité clínico que fai seguimento da evolución da covid en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, que os concellos que teñan o nivel de restricións máximas sexan os de Paradela, A Pobra de Brollón, Boborás, A Mezquita, Vilardevós e Pontecesures. No nivel alto de restricións quedarán os de Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa, Mos, Cambados, Guitiriz, Lourenzá, Chantada, Mugardos, Cariño, Arteixo, Miño e Sobrado. O resto dos municipios galegos quedan en nivel medio. Estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 12 de marzo.

El Correo Gallego

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.