Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Fogueiras de San Xoán 2024.

Por Redacción ·

Ponse en coñecemento das veciñas e veciños de Pontecesures que, dende hoxe 12 de xuño ata o vindeiro 21 do mesmo, ábrese o prazo para presentar as comunicacións relativas ás Fogueiras de San Xoán.

A comunicación realizarase nas oficinas do Concello de Pontecesures en horario de atención ó público de 09:00 a 14:00.

Prégase a todas as persoas que soliciten a realización de fogueiras o cumprimento estricto das normas contempladas na solicitude que lle serán entregadas no momento de comunicar as mesmas.

CONCELLO DE PONTECESURES

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.