Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.199

Sociedade

«Fiscalizar a Bello Maneiro é chocar contra un muro».

Por Redacción ·

Ilustración de sección

«Hai xente moi cansa de pasar polo despacho do alcalde para pedir favores»

María Ferreirós, de 36 anos, lanzouse a pelexar contra Bello Maneiro dende a plataforma veciñal que se constituíu para intentar frear o polígono industrial de Valga. Ela é arquitecta técnico de profesión e sabe ben do que fala. Se cadra, o que non sabía daquela son as dificultades que presentan determinadas batallas. Agora, que xa o vai coñecendo, decidiu poñerse por diante e encabezar a lista do PSOE que tentará acabar co dominio de Bello Maneiro no concello. A dos socialistas é a única formación que se presenta para desafiar o rexedor do PP. Ferreirós Magariños di que esa ausencia de rivais explica ben o que alí sucede. «Hai un desgaste terrible na oposición porque fiscalizar o traballo de Bello Maneiro é chocar contra un muro», di. «Noutros concellos están a nacer movementos veciñais pero aquí non», lamenta

A número un na lista non militaba no PSOE pero, dende aquela loita do polígono, comezou a manter contactos cos representantes do grupo do puño e a rosa. «Funme decatando de como funcionan e vin que había xente comprometida e moi participativa», apunta. Que o PSOE fose o único partido que votou en contra do PXOM xogou tamén a favor da elección.

Ten por diante unha tarefa dura pero di que está atopando o pulo de moitos valgueses, desconformes co xeito de como se están a facer as cousas. «Hai moita xente que está cansa de ter que pasar polo despacho do alcalde para pedir favores», apunta, e di tamén que están a atopar moito apoio nas redes sociais. «Pedimos que a xente sexa crítica», resume.

Para incidir en que o xeito de facer as cousas do alcalde non ten nada que ver co seu pon o exemplo do tanatorio. «Unha obra na que o Concello gastou un millón de euros e que o normal sería que o fixese unha empresa privada», sinala. Ferreirós recoñece que están atopando dificultades para chegar á xente pero que están decididos a ir casa por casa.

Unha relación fría

De Bello Maneiro di que ten unha relación «moi fría con el» porque é, asegura «un home de moi pouco consenso». Asegura que o alcalde se enfada moito cando as cousas non lle van polo seu rego. «Calquera discrepancia tómaa como un ataque persoal. Ã? unha situación bastante desagradable», apunta. O que está claro é que María Ferreirós ten por diante todo un reto. Nas dúas últimas eleccións municipais Bello Maneiro andou por riba do 70%.

«Hai xente moi cansa de ter que pasar polo despacho do alcalde para pedir favores»

La Voz de Galicia

Sociedade

El IES Macías acoge un mercado solidario de libros, para Cáritas.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

El Instituto de Educación Secundaria Macías O Namorado de Padrón acoge un mercado solidario de libros, con el objetivo de obtener fondos para entregar a Cáritas Parroquial y, al mismo tiempo, promover la lectura. Así, alumnos, profesores y personal no docente aportan libros que tenía en sus casas y que no utilizaban. El mercado empezó el día 23 de abril y continuará, ya que hay ventas.

La Voz de Galicia

Sociedade

Ocupación en la zona de circulación de la calle Rosalía de Castro.

Por Redacción ·

rosallia

En la calle Rosalía de Castro de Pontecesures, fue colocado un armazón metálico atornillado al suelo de la calzada por parte de un establecimiento de hostelería para luego, bajo un toldo, colocar las mesas y sillas,

El hecho causó sorpresa y enfado de algunos vecinos de la zona ya que no se concibe como el gobierno local permite colocar elementos fijos atornillados al suelo (la calzada pertenece, obviamente al dominio público de todos) en una calle de doble dirección afectando a una superficie superior al ancho de un vehículo, o sea excediendo la línea de aparcamiento de la calle. Se perjudica la circulación, y, además, las columnas suponen un peligro evidente pues puede colisionar con ellas cualquier vehículo. Al permanecer las columnas fijas, cualquier problema de visibilidad o de climatología adversa puede provocar un accidente, sobre todo en horario nocturno.

Por supuesto, nadie está en contra de la ocupación de la vía publica con mesas y sillas por parte de los establecimientos ni de potenciar así la actividad económica, pero jamás con elementos fijos en una calzada abierta al tráfico entrando en los carriles de circulación. Deben primar siempre los intereses generales.

Se solicita del gobierno local una urgente explicación pública sobre si la citada ocupación cuenta con autorización del concello haciendo público, asimismo, el contenido del informe de la Policía Local sobre esta ocupación.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Sociedade

Contestación de Luis Sabariz a Cecilia Tarela por alusiones en su entrevista en los medios.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

No tenía, al no presentarse a las elecciones, la intención de inmiscuirme en los asuntos de la campaña electoral. Simplemente sigo, hasta el final del mandato, realizando mi trabajo de concejal de la oposición que es donde decidieron que estuviera los electores en 2011. Pero parece que esto no gusta, y Cecilia Tarela (candidata del BNG) tiene interés en que entre en plena campaña arremetiendo contra mi en plan despectivo manifestando que mi marcha es un alivio para la villa de Pontecesures.

Pues ante esas alusiones tan poco respetuosas para una persona tras 16 años dedicada a defender los interese municipales tanto en el gobierno como en la oposición, le contesto con brevedad lo siguiente:

1. El verdadero alivio sería, para las arcas municipales, que en el próximo gobierno no hubiera tres dedicaciones exclusivas como en el actual, una de ellas la de Cecilia Tarela. Se han gastado en cuatro años en pagar a los tres tenientes de alcalde 288.000 euros para tener una gestión totalmente ineficaz. Es el peor gobierno de la democracia y el más caro de la historia.

2. Hago un llamamiento a los vecinos que no consideren mi marcha tal alivio. Les pido que no apoyen en las urnas ni a la formación de Cecilia Tarela ni a las de sus socios de gobierno. A ver si dejamos atrás un gobierno inoperante que deja a Pontecesures en plena decadencia.

Pontecesures, 16/05/15

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concejal de ACP Pontecesures

Esquelas

Morreu Lojo.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Aos 71 anos de idade morreu o veciño de Ponteceures, José Ramón Lojo Redondo, que estaba casado con Amparo Rodríguez Lorenzo.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá luns 18 de maio, ás 17 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures.
Descanse en paz.

Política

â??A xente ve miles de cousas e sabe que se fixeron con Maribelâ?�.

Por Redacción ·

maribel /

Nas eleccións de 2011, Maribel Castro sacou rendemento da súa etapa como alcaldesa e o seu partido, Independentes por Pontecesures (IP), logrou o segundo edil, agora, na cita do 24-M coas urnas, quere mellorar eses resultados e volver a gobernar polos seus propios medios porque o tripartito â??non fixo nada destacableâ?�. Así, concurre novamente como cabeza de cartel e cunha lista con moitas caras novas.

Como foron estes catro anos na oposición?
O tripartito fíxose todo mal, non hai nada destacable e polo tanto nada que valorar e tampouco facía caso aos escritos da oposición. Pasaron de todo. Un exemplo foi o tema dos badéns a colocar no centro do pobo. Comerciantes e veciños presentaron firmas en contra, porque xa temos bastante coa dirección única, pero fixeron caso omiso e teño entendido que xa teñen unha empresa contratada para facelo tras as eleccións ou pouco antes. O pouco que se fixo foi a golpe de protesta.

A súa agrupación ten sido protagonista de pactos políticos no pasado, como o que lle deu a Alcaldía, pero parece que agora está decidida a non buscar alianzas se fora preciso para gobernar.
Non. Cando nos presentamos é con toda a ilusión de gañar. O que sucederá non o sei, cando pase xa se verá â??ademais, vaille pasar o mesmo a todas forzas políticasâ??, miraremos os pros e os contras, pero en principio: alianzas con ninguén.

Que queda do Pontecesures que deixou tras a súa etapa como alcaldesa da vila?
Agora que estou recorrendo as aldeas repartindo o voto vexo as miles de obra que se fixeron de melloras, ampliacións de camiños ou o empedrado novo da Plazuela, o campo de herba sintética… Miles de cousas que a xente vai vendo e sabe que esta obra foi con Maribel e deles â??polo tripartitoâ?? non podo dicir nada, porque non fixeron cousas pequenas, pero nada destacable.

Cáles son os seus principais proxectos para gobernar Cesures nos próximos catro anos?
En principio moitas cousas e algunhas nin van no folleto porque tampouco me gusta facer un testamento e ademáis, as cousas vanse facendo pouco a pouco, pero algunhas son fundamentais. Unha é recuperar a Festa do Churro, que instauramos como unha homenaxe merecida aos churreiros que levan o nome de Cesures alá por onde van; e a Festa do Automóvil, que está en decadencia, falando cos seus organizadores e o mesmo co resto, sempre en contacto cos axentes implicados nestas cuestións. E a da Festa da Lamprea… Está en decadencia total. Unha celebración así non pode rematar as tres da tarde, a xente sae de misa ás seis e xa non ten racións para degustar, haberá que poñer aínda que sexa pinchos, pero algo. Ademais, chamaremos a todas as portas, buscaremos a financiación precisa para construír un pequeno auditorio, porque o centro social quédase pequeno; facer separativas de pluviais e fecais; gustaríanos ampliar o paseo fluvial ata Valga; e, por suposto, atenderemos as necesidades dos veciños a través dos Servizos Sociais porque aínda queda moita xente que non é capaz de pedir axuda. Tamén hai que levar as actividades ás parroquias e facer un local social para a actividade diaria dos maiores e os colectivos, e sobre todo mellorar a limpeza do pobo.

O edil de ACP, Luis Ángel Sabariz foi o seu aliado no pasado qué lle produce a súa marcha da política activa?
Como compañeiro que foi, paréceme unha gran perda porque traballaba moito polo pobo, cada vez que vía algo mal enviaba escritos e os do goberno ían a remolque. Persoalmente o botarei de menos, pero agora estamos aquí e os veciños teñen que valorar a nosa xestión neste tempo, que xa coñecen. Pídolle que reflexionen, pero désexolle sorte a todos.

Diario de Arousa