Novas gamberradas na pasada noite en Pontecesures.
Na pasada noite unha ou varias persoas entraron nas instalacións de Grúas Estación preto da zona portuaria de Pontecesures (rúa Eugenio Escuredo) e puxeron en marcha o motor de catro elevadores no recinto. Foi un empregado municipal de limpeza o que apagou a maquinaria a primeira hora da mañá.
Na rúa Carlos Maside foi obxecto de pintadas de cor negra unha furgoneta branca propiedad de C.J.D., residente en Pontecesures.
Por outra banda, os descoñecidos tentaron volcar dous contedores para a recollida de cartón (un na praza de Pontevedra e outro na rúa Portarraxoi), que se atopan agora inclinados. Chamouse á empresa responsable da limpeza para que se vacie o cartón con carácter inmediato porque os dispositivos poden desplomarse sobre a calzada en calquera momento.
Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil de Valga
