Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Chamamento do Concello de Pontecesures para que os residentes se inscriban no padrón de habitantes.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Dende hai tempo, vense observando que moitas persoas que residen en vivendas de propiedade ou de aluguer deste municipio, non están inscritas no padrón municipal de habitantes co conseguinte prexuizo para a economía municipal.
Lémbrase que, de acordo coa normativa, é unha obriga estar empadroado no municipio onde se reside, sendo un requisito para optar a determinados servizos.
En consecuencia, faise un chamamento a tódalas persoas residentes en Pontecesures que non están empadroadas para que se inscriban no padrón de habitantes nas oficinas municipais.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.