Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.498

Sociedade

Arturo Lores Santamaría cumpre un ano á fronte da parroquia.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Tomou posesión Arturo Lores o día 3 de setembro de 2006, e no día de hoxe, na misa de 12, foi obxecto dunha homenaxe “sorpresa” (ó cumprirse o primeiro ano á fronte da parroquia de San Xulián de Requeixo) por parte do Coro da Barcarola que interpretou unhas cancións no propio oficio relixioso, sumándose tamén o grupo cesureño “Xarandeira” cuios gaiteiros interpretaron varias pezas na cerimonia e unha vez ramatada ésta.

Festas

Hoxe domingo 2, ás 18 horas, parten da Plazuela os nenos/as sahararuis.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

As 18 horas do día hoxe parten, despois de pasar as vacacións con familias da zona, 11 nenos saharauis (6 estiveron en Valga, 4 en Pontecesures e 1 en Catoira) una vez rematado o programa “Vacaciones en Paz” por este ano.
O autobús ven de Caldas de Reis con outros 17 nenos saharauis que estiveron con familias desa zona.

Sociedade

Loable iniciativa. “Vacaciones en Paz” de los niños/as saharauis.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

La solidaridad puede entenderse de múltiples maneras. De forma individual o colectiva, a través de asociaciones o de instituciones, con aportaciones económicas o con trabajo voluntario. Y todas son loables. La puesta en marcha, hace ya algunos años, del programa “Vacacións en Paz” permitió a muchas familias acercarse a las carencias de un pueblo a través de la adopción temporal de niños que cultural y emocionalmente tienen mucho que apuntar. La integración de esta iniciativa queda patente en la decisión de un joven matrimonio vilagarciano que donó la cuantía de sus regalos de boda a una familia saharaui.

EDITORIAL DEL DIARIO DE AROUSA, 02/09/07

Cultura

Reunión de antigos alumnos da academia de D. Feliciano.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

As 12 horas do día de onte, 1 de setembro, tivo lugar esta xuntanza. Na vivenda do número 52 da rúa San Lois (onde estivo situada a academia nos anos 50 e principio dos 60) descobreuse unha placa de mármol coa seguinte inscrición “A HONRA DE D. JOSÃ? FERNÁNDEZ CARLÃ?S E D. FELICIANO TOUCEDA TRASANDE. OS ALUMNOS DA ACADEMIA. O1-09-07”.

Cultura

Moitísimo público onte no Festival de Canto e Música Relixiosa.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Coa Igrexa Parroquial ateigada de público celebrouse onte este festival organizado pola Asociación de Amas de Casa “A Barcarola” que rematou sobre as 10,45 horas. Despois, foi servida polo Bar Carabela unha merenda-cea no Centro Social para os integrantes dos coros e acompañantes á que asistiron unas 200 persoas.

Cultura

O grupo “Algueirada” participa hoxe nun festival folclórico en Baiona.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Mixturado co grupo “Chorima” de Rois, o grupo folclórico cesureño “Algueirada”, participa hoxe no festival de referencia que comeza ás 19 horas nesa vila turística.
Logo de disfrutar duns días de convivencia no Centro de Educación Ambiental “EQUAL” en A Barra-Coles (Ourense) os días 25, 26 e 27 de agosto, os integrantes de “Algueirada” desprázanse ilusionados a este importante festival, aínda que hai algunhas baixas polos exames de setembro.
Tamén o luns pola mañá, actuará o grupo cesureño nas festas de Imo-Dodro.

Festas

O cesureño Daniel Seijas segue a triunfar co seu programa en Radio Valga

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Tódolos xoves a partir das 19 horas comeza o programa “PALCO DE ESTRELAS” en Radio Valga (107.4) dirixido e presentado polo polifacético Daniel Seijas residente en Redondo (Pontecesures).

O programa está adicado ó mundo das orquestras, onde Seijas é un especialista contrastado. Hai entrevistas en directo e liña telefónica aberta para tódalas persoas que deseñan opinar sobre sobre estes grupos ou plantexar queixas, suxerencias, solicitar diversos temas, etc…

O programa é divertido, con tono desenfadado e prima a improvisación. Remata sobre ás 2.30 da madrugada, aínda que como Seijas nunca ten presa, máis ben hai que dicir que remata cando lle pete ó presentador cesureño.

Deportes

BALONCESTO: O EQUIPO SENIOR DO EXTRUGASA RIO ULLA INICIA UNHA NOVA TEMPORADA

Por fru ·

Ilustración de sección

Este vindeiro luns día 3 de setembro o equipo senior empeza os seus adestramentos da temporada 2007-08, ca ilusión de facer unha boa campaña un ano mais. Para ese dia están citados no polideportivo cesureño os 8 xogadores da temporada pasada que permanecen: Gulli, Peñaño, Pedro, Diego, Pepi, Santi, Felipe e Arturo, mais o recuperado Pino. A estes 9 xogadores vanse unir 4 ou 5 xogadores procedentes do equipo xuvenil, dos cais 3 farán ficha a finais de setembro, cando o corpo técnico decida a composición definitiva da plantilla. Por diante espera un mes de setembro de 3 entrenamentos semanais (nun principio luns, mercores e venres), para a finais de mes empezar a disputar os primeiros partidos de pretemporada.