Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.573

Avisos

Bando sobre o tráfico o día de San Lázaro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Comunícase a tódolos veciños, e en especial a aqueles propietarios de vehículos que estacionan os mesmos na rúa San Lois, dende “Ultramarinos Zabala” ata o comercio “Zapatería Santos”, así como aqueles outros que acostuman deixar estacionados os seus vehículos no adro da Igrexa Parroquial e nas rúas circundantes; que o vindeiro DOMINGO 25 DE MARZO, dende as 6,30 HORAS DA MAÃ?Á ATA AS 22 HORAS DA NOITE aproximadamente, por mor da celebración da ROMARÍA DE SAN LÁZARO, ditas rúas deberán quedar libres de vehículos, dado que serán cortadas ó trafico converténdose en ZONAS PEONÍS e para a instalación dos numerosos postos de venda ambulante, e como medida de seguridade para os romeiros en xeral, agradecendo anticipadamente deste xeito, a colaboración de tódolos veciños, e disculpar as molestias que se poidan causar.
Pontecesures, 20 de marzo de 2007
O ALCALDE Manuel Luis Alvarez Angueira

Avisos

ALERTA DE NOVA ESTAFA

Por fru ·

Ilustración de sección

Nestes dias estase a dar unha nova estafa na nosa comarca: Alguén chama por teléfono e di que chama de parte de Telefónica (ALGO COMPLETAMENTE FALSO, QUE SE PODE COMPROBAR CHAMANDO Ã? NÃ?MERO 1004 DE INFORMACION DE TELEFÃ?NICA).

A persona en cuestión dilles que por ser clientes da compañia e non ter problemas de cobro do recibo teléfonico pois que lle van a regalar un teléfono mobil, a escoller entre varios modelos. PARA SOLICITALO DINLLE QUE CHAMEN A UN NÃ?MERO QUE LLES FACILITA E QUE EMPEZA POR 807.

Quen chame a dito número corre o risco de que lle veña incrementada a próxima factura pois esas chamadas son moi caras e o diñeiro vai para a “empresa” que pideu ese teléfono.

Que teña coidado a xente maior e os rapaces mais xóvenes, pois son colectivos fáciles de ser estafados.

O mellor para asegurarse é chamar a ese 1004 de Teléfonica logo de recibir esa outra chamada. Alí lles dirán que non hai nada de certo nesa “promoción”.

Deportes

Una mujer es la artífice de la cantera deportiva del Pontecesures Club de Fútbol.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Concepción Gómez Figueira es la máxima responsable de la entidad desde su fundación en mayo del año 2000 ·· Cuentan con cuatro equipos de base en fútbol campo y uno sénior, que esta temporada compite en fútbol sala

No es habitual que una mujer dirija los destinos de un club. Y no porque no estén capacitadas para ello, ojo, sino porque era (y es) algo que no está muy al uso. Concepción Gómez Figueira, rompió la norma y desde la fundación del Pontecesures CF está al frente de la entidad. Y de ello ya van allá siete años, desde mayo de 2000, que es la fecha que figura en los anales históricos de un club que vino a ocupar, años después, la vacante dejada por el desaparecido Ulla. Y por las miras, pienso que hay presidenta para rato. Ganas de trabajar no le faltan. Y eso es sumamente imprescindible.

Emprego

Supermercados Moldes precisa persoal para o establecemento que vai abrir en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

No baixo edificio situado na rúa José Novo Núñez (edificio construído por Castro de Marzá), Supermercados Moldes vai abrir un establecemento e precisan contratar aproximadamente unha ducia de traballadores. Os interesados/as deben dirixirse á Casa do Concello e inscribirse para seren aspirantes ou na oficina do Técnico de Emprego, ou nas oficinas xerais. A empresa quere entrevistar logo,a través da súa dirección de recursos humanos, o maior número de persoas posible para logo realizar a selección.
LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

Emprego

Novo administrativo para o obradoiro de emprego.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Por renuncia da titular Ana Luz Tarela Barreiro (pasa a ser traballadora da Xunta), o xoves día 22 de marzo comeza a prestar servizos como administrativa do obradoiro Carmen Iglesias González que reside en Pontecesures. Esta traballadora fora a segunda nas cualificacións do Grupo de Traballo Mixto logo da baremación e da entrevista celebrada na Delegación de Traballo de Vigo en xaneiro pasado.

Sociedade

Amigos de Galicia entrega muebles y electrodomésticos a cinco familias necesitadas

Por Antonio Cortés ·

Ilustración de sección

La fundación Amigos de Galicia, que desde Vilagarcía presta ayuda a los colectivos más desfavorecidos de la comunidad, dará a conocer hoy su nuevo programa de ayudas, que consiste en el reparto de muebles y electrodomésticos entre varias familias en las que, ya sea por sus exclusión social o por su extrema pobreza, carecen de medios para cubrir las necesidades más básicas.