Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 37

Festas

Xuntanza de Ointes de Radio Valga 2026

Por Redacción ·

Xuntanza De Ointes De Radio Valga 2026

Hoy sábado 16 de mayo, el Parque Irmáns Dios Mosquera en Valga será el escenario de una de las reuniones sociales más esperadas de la zona: la Xuntanza de Ointes de Radio Valga. A partir de las 14:00 horas, los asistentes podrán disfrutar de un banquete tradicional diseñado para los paladares más exigentes.

Menú de la Xuntanza

La organización ha preparado un menú completo para asegurar que nadie se quede con hambre:

  • Primer plato: Empanada variada.
  • Plato principal: Pulpo «a fartar» y churrasco mixto.
  • Final: Postre, café y chupitos.

Precios y Reservas

El evento cuenta con diferentes tarifas según la edad de los asistentes:

  • De 0 a 5 años: Entrada gratuita.
  • De 6 a 12 años: 20 euros.
  • De 13 años en adelante: 40 euros.

Pago: Se puede realizar a través de cuenta bancaria en Abanca o mediante Bizum al número 606 237 654.

Entretenimiento y Actividades

La jornada no será solo comer; la diversión está garantizada para todas las edades:

  • Música en directo: Después de los postres, la artista Judith Cundins ofrecerá una actuación para amenizar la sobremesa.
  • Sorteos y regalos: Habrá obsequios para todos los participantes y diversos sorteos durante la fiesta.
  • Para los más pequeños: Se instalarán colchonetas y se organizarán xogos populares,
Sociedade

Sindicatos chaman a apoiar as mobilizacións en Nestlé, a onde hoxe acode Ana Pontón

Por Plumilla ·

Ilustración de sección

Sindicatos chaman a apoiar as mobilizacións en Nestlé, a onde hoxe acode Ana Pontón

Os sindicatos UGT e CC.OO. chamaron á participación na manifestación deste sábado en Pontecesures ás 12:00 horas.

O comité de empresa de Nestlé manifestou o seu rexeito aos 27 despedidos que supoñen o 14% do cadro de persoal.

Mañá xores haberá unha concentración de traballadores diante da fábrica de 13:00 a 15:00 horas.

A manifestación será o colofón á primeira semana de mobilizacións contra os despidos na planta galega.

Fuente: La Voz de Galicia

Cultura

Actualidade de Valga: Patrimonio cultural de valor

Por Plumilla ·

Ilustración de sección

Os «libros traballados» que o Padre Isorna quixo regalarlle a Valga

O Concello de Valga conserva máis de 15.000 tomos herdados do seu fillo predilecto; máis da metade dan forma a unha biblioteca teolóxica única. O auditorio de Valga non é «un auditorio floreiro», como explica Betti Fernández, a responsable da biblioteca municipal, que alberga a Biblioteca Teolóxica do Padre Isorna.

O Concello recibiu os libros o 17 de xullo do 2010 e a biblioteca abriu oficialmente no 2011. Entre os máis de 7.600 libros sobre filosofía e teoloxía, hai volumes de primeira edición con dedicatorias de autores como Otero Pedrayo, que se conservan baixo chave por seguridade.

Fonte: La Voz de Galicia

Cultura

Actualidade de Padrón: Ciencia e solidaridade

Por Plumilla ·

Ilustración de sección

Pementos, incendios, proteínas e realidade virtual no debut de Padrón no Pint of Science

O Concello de Padrón sumouse por primeira vez ao festival internacional Pint of Science, convertendo a vila durante tres días nun punto de encontro entre ciencia e cidadanía ao transformar varios establecementos de hostalaría en escenarios nos que compartir coñecemento científico dunha forma próxima, participativa e aberta a todos os públicos.

Padrón encabeza o ránking de concellos onde máis se doa sangue

Padrón lidera o ránking de concellos onde máis se doa sangue, grazas á forza da súa comunidade. Este recoñecemento reflicita o compromiso solidario dos seus cidadáns coa saúde pública e a importancia da doación de sangue para o sistema sanitario galego.

Fonte: El Correo Gallego, Galicia Confidencial

Política

O bipartito de Pontecesures aproba un orzamento de 2,5 millóns que o PP critica abandonando o pleno

Por Plumilla ·

Ilustración de sección

O bipartito BNG-PSOE de Pontecesures aprobou o orzamento municipal de 2026, que ascende a 2,525.000 euros, un aumento de 324.000 euros respecto aos dous exercicios anteriores.

A alcaldesa, Maite Tocino, destacou que o aumento concentrouse en servizos básicos como a escola infantil, recollida de lixo, axuda no fogar e actualización de nóminas.

Partido Popular, liderado por Manuel Vidal Seage, opúxose radicalmente cualificando o orzamento de «desfeita» e acusando de incumprimento da regra de gasto, algo que Tocino desmentiu.

Fuente: La Voz de Galicia

Sociedade

Donativos para as Festas do Carmen 2026. Carta da alcaldesa aos veciños.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Prezada veciña, prezado veciño:

Os vindeiros 3, 4, 5, e 6 de xullo celebraremos o principal evento festivo da nosa vila, as Festas do Carme. Ao impacto social e cultural que as mesmas teñen en Pontecesure hai que sumarlle o revulsivo económico que supón para os comercios locais.

Como ven sendo habitual, será o propio Concello de Pontecesues o que planifique e organice dito evento. Có obxectivo de poder celebrar unhas festas que, por unha banda, conteñan actos e actividades dos que poidan desfrutar os cativos e cativas, a mocidade e a poboación adulta e, por outra, situar unha das principais celebracións de Pontecesures no lugar que lle corresponde, o equipo de goberno que dirixo leva tempo a traballar na programación das festas do ano 2026.

Se ben será o Concello de Pontecesures quen faga fronte economicamente aos gastos derivados das celebracións, a colaboración veciñal pode contribuir a desenvolver unhas mellores festas das que imos desfrutar todas e todos.

Por iso, diríxome a vostede para informarlle, por se é do seu interese contribuir co seu donativo para a celebración das festas, que o Concello de Pontecesures mantén unha conta bancaria aberta en ABANCA da rúa San Lois da nosa vila, destinada exclusivamente a recoller as achegas económicas que veciñas, veciños, casas comerciais e negocios desexen efectuar.

Conta corrente en ABANCA

ES41 2080 5112 6931 1000 6261. Asunto: donativo das Festas do Carme.

Agradecendo a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

A alcaldesa-Presidente

María Teresa Tocino Barreiro