Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 428

Sin Categoria

Festas na Ponte.

Por Redacción ·

Sociedade

O BNG de Pontecesures denuncia a falla de pediatras.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Dende o BNG Pontecesures, reivindicamos xunto cos compañeiros e compañeiras do BNG de Valga a falta de pediatras. Son moitas as familias cesureñas usuarias do servizo de pediatría do Centro de Saúde Baño, polo que demandamos tamén que se cubra de forma digna este servizo imprescindible. Familias usuarias de pediatría do Centro de Saúde de Baño fixéronnos chegar varias queixas denunciando que non se está cubrindo na súa totalidade a baixa do servizo de pediatría desde comezos de verán. A falta de planificación por parte da Xunta de Galiza e a ausencia de alternativas, fai que as familias vexan reducido o número de horas na atención pediátrica en Valga.

BNG Pontecesures

Sociedade

A alcaldesa de Pontecesures estivo nos actos de Apoio Pro Saúde Mental.

Por Redacción ·

A alcaldesa de #Pontecesures, María Teresa Tocino, asistiu á presentación de resultados do programa de Apoio Integral que Andaina Pro Saúde Mental está a desenvolver dende o centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Boiro. Trátase dunha interesante iniciativa que busca aumentar a autonomía das persoas con trastorno mental grave e aumentar a rede de apoio a estas persoas.

Dende o Concello de Pontecesures trasladamos o noso apoio e solidariedade coas persoas que participan nestes programas, as súas familias e todas aquelas entidades que, como APSM, colaboran á hora de facilitarlles o seu día a día.

Concello de Pontecesures

Sociedade

LISTA DE NENOS/AS ADMITIDOS/AS NA 4ª QUENDA DO CAMPAMENTO DE VERÁN MUNICIPAL 2023.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ilustración de sección

Cultura

RUTA “OLLANDO O ULLÁN” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA. DOMINGO 20 DE AGOSTO EN PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Saída ás 9.00 dende a Plazuela. Non é necesaria  inscrición, basta con estar na Plazuela antes das 9.00 horas.