Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 443

Obras

REMATE DA OBRA “MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO ALUMEADO EXTERIOR NO CONCELLO DE PONTECESURES”

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

O pasado 12 de maio de 2021 remataron as obras de “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Exterior no Concello de Pontecesures”Este proxecto é sometido ao cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo para un crecemento sostible 2014-2020 e dentro do Obxectivo temático 4, “Favorecer a transición cara a unha economía baixa en carbono en todos os sectores”, co fin de conseguir unha economía máis limpa e sostible.

• Obxecto do proxecto:Renovación de 8 instalacións de iluminación en distintos puntos do Concello de Pontecesures, coa renovación de 195 luminarias.As instalación renovadas son as dos cuadros eléctricos de: Paxareira 30CC, Ullán 38AP, Avda dos Namorados 29, Calera 13AP, Paxareira 27AP, Carlos Maside 41AP, Grobas-Fenteira 0999 e Grobas-Fenteira 0099

• Data de inicio das accións: 16 de decembro de 2019• Data de finalización das accións: 12 de maio de 2021

• Detalle xeral das actuacións realizadas:As accións realizadas son as seguintes:o Substitución de 195 luminarias (162 de 40 W, 27 de 58 W, 6 módulos de adaptación de 40 W).o Renovación de 8 cadros de mandos.o Substitución do cableado aéreo.o Substitución de 17 brazos metálicos que soportan luminarias en postes de formigón e fachada.o Substitución de 15 apoios de formigón.o Retroceso de 3 liñas aéreas apoiadas entre postes de formigón e postes de aceiro, a liña conecta a rede de iluminación aérea en postes de formigón coa rede subterránea.

• Realización dun cruzamento coa rede subterránea existente, construción de 3 bocas de acceso, unha en cada punto de unión, renovación da capa de rodaxe existente.

• Canalización ao poste de formigón máis próximo a 15 m.• Realización dun paso elevado subterráneo e conexión á rede aérea existente (3 unidades).

• Eliminación do palmo entre o poste de formigón e o persoal de aceiro.o Renovación da instalación de conexión a terra da rede aérea (33 unidades)o Instalación de 76 caixas de conexións estancas, substitución de caixas en mal estado.

Esta obra foi adxudicada á empresa ALISEA por un importe de 90.046,99€ dos que o 80% (72.037,59€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (18.009,40€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019.A Redacción do Proxecto e a Dirección de Obra foron adxudicados á empresa Estudio Técnico Gallego SL por un importe de 8.228,00€ dos que o 80% (6.582,40€) foi subvencionado polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (I.D.A.E.) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e o 20% (1.645,60€) pola Deputación de Pontevedra a través do Plan concellos 2019.

Sociedade

CAMPAÑA DE VERÁN 2021 (CAMPAMENTOS XUVENÍS DA XUNTA DE GALICIA).

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2021 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, saeu publicada no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. nº 92 do 19/maio/2021) a oferta de prazas en campamentos xuvenís dentro do Programa “CAMPAÑA DE VERÁN-2021” para rapaces/as de 9 a 17 anos. Este programa consiste en estadías de 1 ou 2 semanas en residencias xuvenís tanto en Galicia como noutras Comunidades Autónomas, durante as cales se realizan diferentes actividades, tanto de ocio e lecer como didácticas e deportivas.

O prazo para a solicitude de prazas para estos campamentos é ATA O 28 DE MAIO DE 2021, tendo a disposición de tódolos interesados/as as solicitudes e o resto da documentación na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa do Concello.

Os interesados/as en participar nestos campamentos poden obter máis información na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Pontecesures (Teléf.: 986 56 44 10). Máis información na web da Xunta de Galicia, no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 BASES CAMPAÑA VERÁN 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19/05/2021)
 FOLLETO COMPLETO CAMPAÑA DE VERÁN 2021
 
Cultura

ESTE VINDEIRO DOMINGO DIA 23 DE MAIO CONCERTO DE ROI CASAL

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

RECORDANSE AS MEDIDAS PARA ESTE CONCERTO:

Coa finalidade de garantir a maior seguridade fronte á Covid-19 para o público asistente ao concerto van tomarse as seguintes medidas:

• É obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademáis disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos.

• Todo o público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5ºC. e deberán indicar os seus datos persoais (nome e tfno móvil) para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.

• A entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible.

• O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.

• O aforo do “Espazo Cara a Ría” será reducido para garantir a distancia de seguridade entre espectadores. O público deberá ocupar os asentos asignados.

Agradecer a toda a veciñanza o cumprimento estricto das medidas anteriormente expostas.